Farelo

O farelo (do latín vulgar *farellu, derivado do latín far, farris ‘especie de trigo’) é a parte envolvente dos grans de cereais que se separa da fariña despois da moenda.

Tradicionalmente separábase para obter unha fariña máis branca e, consecuentemente, un pan tamén máis branco porque parecía de máis calidade. Hoxe en día, co desenvolvemento das ciencias da nutrición, recoñécese o seu valor nutritivo polo seu contido sobre todo rico en fibra. Adoita tomarse só ou mesturado con líquidos ou iogur para facilitar o tránsito intestinal.

Farelo
Farelo de trigo.
Farelo
Farelo de avea.

Composición

O farelo é o resultado dun proceso de peneirado da fariña despois da moenda dos grans de cereais. Está formado polo envoltorio dos grans, que conta con cinco capas que, desde fóra para dentro, son:

  1. A codia da caixa, a cutícula.
  2. A segunda, o epicarpo.
  3. A terceira, o endocarpo.
  4. A cuarta, o tegumento.
  5. A quinta e máis interna, a aleurona.

O farelo contén celulosa, polisacáridos, proteínas, graxa, minerais e auga. Supón preto do 15% en peso do cereal.

Usos

Quizais o máis usado é o farelo de trigo, pero tamén se comercializan doutros cereais, como a avea, o centeo, o arroz etc.

Tradicionalmente usábase en gandaría como alimento para os animais, como sucedía con outros subprodutos da actividade agroalimentaria.

Actualmente, converteuse nun complemento nutricional común polos seus nutrientes e a fibra que contén. Recoméndase a toma especialmente para facilitar as evacuacións intestinais cando se volven duras ou insuficientes.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Farelo ComposiciónFarelo UsosFarelo NotasFarelo Véxase taménFareloCerealFariñaFibra alimentariaIntestinoLatín vulgarLingua latinaNutrición

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Linguas altaicasMúsculo deltoideMullerVocalización das avesLas Torres de CotillasXVI dinastía exipciaEtanolTurcoStoffel VandoorneMontederramoEscociaEdgar EndeAsemblea Xeral de IowaFauna de GaliciaVirus de ARNPontevedraCidade de MéxicoArmeniaÁcido graxoPonte das PíasMacedaEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024BerberechoStephen Blair HedgesÁcido docosahexaenoico1869ISBNAd libitumDelta do Río das PerlasLista das aves de GaliciaXXIII dinastía exipciaPlebeCarolina do SurMilloPreposicionalDobre héliceMaruca do MediterráneoSevillaRaleigh, Carolina do NorteCrónica troianaCelastrina argiolusMaría JamardoCélula intersticial de CajalGalileo GalileiKaren UhlenbeckSionismoRevolución Rusa de 1917Coreano (peixe)Gran Premio de España de 2013Illa de NadalRafael NadalLand Rober Tunai ShowTrondheimYouTubeIncubación dos ovosPortadaLingua sánscritaPresidenciaPessachGaravanzoBoeing 767A lei de Lidia PoëtPoriBananaBacaladaCharadriiformesEnemaFukuokaAvea comúnHalmstadCalzada do XiganteArvicola amphibiusHonda na Fórmula 1MarylandAlfonso Daniel Rodríguez Castelao🡆 More