Entrimo: Concello da comarca da Baixa Limia, na provincia de Ourense

Entrimo é un concello da provincia de Ourense, que pertence á comarca da Baixa Limia.

En 2014 tiña 1323 habitantes, segundo o padrón municipal (1386 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «entrimés».

Entrimo
Escudo de Entrimo
Entrimo: Xeografía, Historia, Demografía
Entrimo: Xeografía, Historia, Demografía
Situación
Xentilicioentrimés/entrimesa
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Baixa Limia
Poboación1.098 hab. (2023)
Área85,4 km²
Densidade12,86 hab./km²
Entidades de poboación5 parroquias
Capital do concelloA Terrachá
Política (2023 )
AlcaldeRamón Alonso López (PSdeG)
Concelleiros
PPdeG: 2
PSdeG-PSOE: 7
Eleccións municipais en Entrimo
Uso do galego (2011)
Galegofalantes79,57%
Na rede
http://www.concelloentrimo.es/
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

O concello, de 85,43 km², abrangue 5 parroquias e 18 lugares. Limita ao norte con Melgaço (Portugal), ao nordeste con Lobeira, ao sueste con de Lobios a través do río Limia (encoro de Lindoso no sur), e ao oeste con Arcos de Valdevez a través do río Barcia e con Castro Laboreiro (Melgaço).

É un concello de orografía montañosa, cunha altitude media de 511,4 m sobre o nivel do mar. Ao oeste do concello están as serras do Quinxo, e ao leste a serra de Queguas (extremo Oriental).

Historia

Na zona hai restos de asentamentos humanos desde a época do megalitismo, como as mámoas de San Fiz. Da época castrexa son os castros do Monte do Quinxo, a Pía da Moura e o Penedo das Serpes. Antes da romanización de Galicia, a zona estaba habitada polos quarquernos.

A toponimia dos montes Lumiares e Penedo da Facha parece indicar lugares onde se facían fogueiras de sinais.

O topónimo Entrimo aparece como Interimi nun documento de concordia do 6 de xaneiro de 1149, entre o bispo Martiño de Ourense e o abade Paio de Celanova. O mosteiro de Celanova exerceu dominio xurisdicional sobre varias aldeas durante bastante tempo. O abade era copartícipe do Rei, e nomeaba xuíces ordinarios e cobraba as rendas.

O 15 de xaneiro de 1368 a zona a zona foi doada xunto coas de Lobeira, Araúxo e Abelenda por Henrique II a Xoán Rodríguez de Biedma, principal secuaz dos Trastámara. A doazón foi feita antes de que Henrique tivese a coroa nin dominio de Galicia. Posteriormente, a herdanza dos Biedma pasou a mans do Condado de Monterrei. Con todo os Trastámara cederon a xurisdición de Entrimo a Diego Pérez Sarmiento, conde de Santa Marta, pasando despois ao condado de Ribadavia.

En marzo de 1608 o rei Filipe III eximiu a Entrimo de cargas militares polo estado constante de alarma debido á situación na fronteira con Portugal. A zona sufriu incursións, requisas de gando e colleitas e queima de arquivos. Esta exención foi confirmada o 30 de xullo de 1643 por Filipe IV.

En 1909 apareceu en Entrimo o periódico Picaraño, subtitulado Periódico Republicano Radical Revolucionario.

Demografía

Censo total 1323 (2014)
Menores de 15 anos 70 (5,29 %)
Entre 15 e 64 anos 719 (54,35 %)
Maiores de 65 anos 534 (40,36 %)
Entrimo: Xeografía, Historia, Demografía
Evolución da poboación de Entrimo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
3389 3602 3257 2777 1370 1367 1398 1391
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Patrimonio

Entre o seu patrimonio destaca a igrexa de Santa María a Real.

  • Á nosa Virxe de Olelas/ quérena mudar arriba;/ non han de ver o que coidan/ os baraceiros de Illa
  • A Terrachán ten orgullo/ de que ten no medio a igrexa,/ mais tamén é polo úneco/ que os outros pobos a envexan
  • Adios, igrexa de Entrimo,/ de espaldas te vou mirando;/ a saída será hoxe/ i a entrada non sei cando .
  • Adios, igrexa de Entrimo,/ tronco de tódalas flores;/ adios, pobo de Galez,/ onde quedan meus amores .
  • Anque che son pequeniña,/ anque che son entrimeña,/ téñoche moito diñeiro/ ia bulsa non é pequena .
  • As mociñas do Casal/ cantan e poden cantar:/ teñen un mozo con cornos/ á entrada do lugar .
  • As mociñas, as de Entrimo,/ todas gastan polisón/ que llo figo un carneireiro/ da pelica dun leirón .
  • Desde o Outeiro a Guxinde/ hai unha boa tirada;/ cantas pasadas eu dou/ por ir ver á miña amada .
  • En Queguas canta o cuco,/ en Vilar a cabra vella,/ en Véncias cantan os anxos/ que é a flor da nosa terra .
  • En Véncias cantan os galos/ i as pitas na ferreiría;/ esgarreai e botai,/ que eiquí non hai porquería .
  • Eu non falo castellano,/ galego nin portugués,/ falo entremesellano/ que participa dos tres .
  • María, miña María,/ miña repimpinadeira,/ como te vai a levar/ ise tolo da Pereira! .
  • Miña Virxe da Subreira/ é amiga da goteira;/ póñenlle o carballo á porta,/ heille planta-la videira .
  • Niste lugar de Guxinde,/ ao revolver das ladeiras,/ pasade coa faldra fóra/ pola mor das costureiras .
  • Niste lugar de Guxinde,/ no pasar polas ladeiras,/ pasade coa faldra fóra/ pola mor das feiticeiras .
  • No lugarciño de Queguas/ levouno todo a xiada;/ só quedou un caravel/ por baixo dunha arribada .
  • O lugarciño de Queguas/ hémolo fundir a tiiros:/ as balas han de ser ouro/ as municiós de sospiros .
  • O río da Feira Nova/ pasa por baixo da ponte;/ as mozas de Paradela/ deixan o gado no monte .
  • Outeiro, tu estás no alto,/ non te ve a Terrachán;/ tu es máis frío ca ela,/ pero dás ben millor pan .
  • Río abaixo, río arriba,/ río de Porta pequeno;/ lévalle moitas mamorias/ ás pendangas de Aceredo .
  • Río arriba, río abaixo,/ río de Porta pequeno;/ lévalle moitas mamorias/ ás mociñas de Aceredo .
  • Santa María a Real/ orgullo de Entrimo todo,/ cantos te ven visitare/ de placer vólvense tolos .
  • Santa María de Entrimo,/ Santa Marta de Lubeira,/ a muller que come a nata/ non pode te-la manteiga .
  • Santa María de Entrimo/ tan alta se foi a pór/ para toca-las campanas/ o domingo do Señor .
  • Santa Marta de Lubeira,/ Santa María de Entrimo,/ a muller que come a nata/ten a marca no fuciño .
  • Se vas a San Benitiño/ non vaias a Lantemil,/ que hai outro máis milagreiro,/ á subida do Pacín .
  • Señora e reina de Entrimo/ é Santa María a Real,/ que lle gaña en femosura/ á máis boa catedral .
  • Teño unha flor de silveira/ que me deu o meu amor/ cando viñamos da festa,/ da festa da Conceición .
  • Un veciño do lugar/ ten unha vaca marela/ que mercou na Feira Nova/ por seis pesetas e media .

Galería de imaxes

Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Entrimo

Entrimo (Santa María a Real) | Galez (San Fiz) | A Illa (San Lourenzo) | A Pereira (San Facundo) | Venceáns (San Tomé)

Lugares de Entrimo

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Entrimo vexa: Lugares de Entrimo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Entrimo XeografíaEntrimo HistoriaEntrimo DemografíaEntrimo PatrimonioEntrimo na literatura popularEntrimo Galería de imaxesEntrimo ParroquiasEntrimo Lugares de Entrimo NotasEntrimo Véxase taménEntrimo20032014Comarca da Baixa LimiaProvincia de Ourensewikt:entrimés

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

MéxicoAntón FraguasClara CampoamorMónica García PérezTeresa García-SabellFranz KafkaAgulla (peixe)RedondelaPegaAlbert EinsteinRibadeoAntía OteroFrancisco Vázquez VázquezSeverino Barros de LisADe catro a catroSevillaGuerras púnicasBieito RubidoCádizLiga Feminina de baloncesto 2023-24Marco AurelioLa RegiónGrupo RompenteJosé Ernesto Díaz NoriegaAgustín Fernández PazHeviFalange EspañolaHannah ArendtFélix BolañosLupus eritematoso sistémicoXurxo SoutoLingua piemontesaTorre de HérculesBipartito galegoManuel González LópezSandroPilar AlegríaVivir sin permisoAC-960Juan Constenla CarbónSanta CompañaTarragonaIria MorgadeCastro de Punta do BicoO CarballiñoXureloCousasCandela PeñaFiorella FaltoyanoJorge MiraModelo OSIEstrella GaliciaInstagramPAccidente de ChernóbilCataluñaMiguel SolísMasturbaciónA Pobra do CaramiñalCharles de GaulleAndorraRepública Popular da ChinaAllarizMiguel de CervantesIsidoro de SevillaRevolución dos CaraveisManuel Vázquez OuteiriñoEscudo de GaliciaXogo da chaveGerardo Pardo de VeraForo (contrato)Real Club Celta de VigoRosario Flores🡆 More