Electrónica Dixital

A electrónica dixital é unha parte da electrónica que se encarga de sistemas electrónicos nos cales a información está codificada en dous únicos estados.

Aos devanditos estados pódeselles chamar "verdadeiro" ou "falso", ou máis comunmente 1 e 0, referíndose a que nun circuíto electrónico dixital hai dous niveis de tensión.

Electrónica Dixital
Circuíto electrónico dixital.

Electronicamente asígnaselles a cada un unha voltaxe ou rango de voltaxe determinada, aos que se lles denomina niveis lóxicos, típicos en toda sinal dixital. Polo regular os valores de voltaxe en circuítos electrónicos poden variar entre 1.5, 3, 5, 9 e 18 voltios dependendo da aplicación. Así por exemplo, nunha radio de transistores convencional as tensións de voltaxe son polo regular de 5 e 12 voltios ao igual que nos discos duros IDE de computadora.

Diferénciase da electrónica analóxica en que, para a electrónica dixital un valor de voltaxe codifica un destes dous estados, mentres que para a electrónica analóxica hai unha infinidade de estados de información que codificar segundo o valor da voltaxe.

Esta particularidade permite que, usando Álxebra Booleana lóxica binaria e o sistema de numeración binario, que se poidan realizar complexas operacións lóxicas ou aritméticas con cálculos sobre os sinais de entrada, moi custosas de facer empregando métodos analóxicos.

Táboas de verdade
Porta E (AND) Porta OU (OR) Porta XOR Porta inversa (NOT)
A porta E (AND) (a combinación de liñas por medio das portas lóxicas E chámase conxunción) é un elemento importante da lóxica dos circuítos. A porta AND ten canda pouco dúas entradas.
Táboa de verdade
x1 x0 y
0 0 0
0 1 0
1 0 0
1 1 1

Para ter un 1 lóxico na saída "y", ambas entradas deben estar a valor 1 lóxico.

A porta OR (acoplamiento de liñas con portas O chamada disxunción) ten canda pouco dúas entradas, que son comparadas. A diferenza da porta AND, cunha soa entrada a nivel 1 lóxico a saída ten un 1 lóxico.
Táboa de verdade
x1 x0 y
0 0 0
0 1 1
1 0 1
1 1 1

Para obter un "1" lóxico na saída, ten dabondo cun 1 nunha das entradas.

A porta XOR (OR exclusivo en inglés, O exclusiva) é unha porta con múltiples entradas e unha soa saída, onde a saída "y" se a lóxica é "1" cando se aplica a un número impar de entradas "1" e "0". A operación XOR chámase O exclusiva, os valores de entrada deben ser iguais, a 0 ou a 1.
Táboa de verdade
x1 x0 y
0 0 0
0 1 1
1 0 1
1 1 0

Para ter un 1 lóxico na saída "y", exactamente unha das entradas debe estar a 1 lóxico.

A porta NOT (tamén chamada porta complemento ou inversor) é unha función básica na lóxica dixital. Ten unha soa entrada. A saída troca de valor lóxico o da entrada.

    (Dito: y é o oposto de x)
Táboa de verdade
x y
0 1
1 0

A saída "y" é o complemento da entrada x (valor oposto).

x, x0, x1... xn valores das entradas: 0 ou 1. Y valores das saídas (0 ou 1)

A electrónica dixital alcanzou unha grande importancia debido a que é utilizada para realizar autómatas e por ser a pedra angular dos Sistema programados como son os ordenadores ou computadoras.

Os sistemas dixitais poden clasificarse do seguinte modo:

  • Sistema cableado; Sistemas cableado
    • Sistema combinacional; Combinacionais
    • Sistema secuencial; Secuenciais
    • Memoria de semicondutor; Memorias
    • Convertedores
  • Sistema programado; Sistemas programados

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

ElectrónicaInformación

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lista de países por poboaciónCemiterio de Santo Amaro da CoruñaCuac FMExtremo, Arcos de ValdevezSapoconcho comúnJosé Luis Sanmartín MatoA Ponte Maceira, Portor, Negreira45Josefina Ling LingRastroReconquista de VigoDaft PunkFábrica Nacional de Moneda y TimbreJosé Cornide SaavedraJacobo BucetaEl Correo GallegoMarta Fernández-TapiasEfecto FöhnCentro público integradoLista de monarcas de GaliciaJosé Antonio Rueda CrespoTaiwánHomosexualidadeFirefly LaneLeira (agricultura)José Luis VergaraDavid HarperCopa do Rei de fútbolConcha VelascoAs aves na cultura popular galegaParadigmas dos verbos irregulares galegosSantoalla, Santoalla do Monte, PetínSica RomeroConcello de CanedoAngkor WatFacultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da CoruñaO comparativo galegoJosé Pablo del Bado RivasPepe MiñonesCaixa de HockettDígocho euGmailAndoriñaEscola Universitaria Politécnica de FerrolPedro Chosco1994VacaLista de concellos da CoruñaMariña Pérez ReiJXunta de GaliciaContactorCaxade (grupo)Doce homes sen piedadeRulaElvis PresleyManuel Curros EnríquezLinguas indoeuropeasNarónCarrachaXabier DeiveThomas K. DeLoreyPicapeixeGalego-portuguésFreixoArcos de ValdevezReino UnidoAlfabeto galegoEscudo de VenezuelaHeorhiy NarbutMaría VázquezEstados Unidos de AméricaPegada ecolóxicaManuel Gago MariñoAnselmo López Carreira🡆 More