Economía Do Xapón

A economía do Xapón é a cuarta máis grande do mundo, tras Estados Unidos, Unión Europea e a República Popular da China.

Os sectores estratéxicos da economía son os de produtos manufacturados e tecnoloxía, sobre todo os vehículos, artigos electrónicos e industria do aceiro. O país é moi eficiente nos sectores voltados á exportación, especialmente os de alta tecnoloxía, pero a produtividade é reducida en áreas protexidas, como a agricultura, que recibe moitos subsidios do estado. O sector das finanzas está desenvolvéndose moito na actualidade debido en gran parte á súa moeda, o ien que é a terceira máis negociada tralo dólar estadounidense e o euro.

Economía do Xapón
Moeda Ien
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, OCDE, APEC e outras
Datos estatísticos
PIB 4 338 mil millóns (2010)
Posición do PIB 4ª no mundo
Crecemento do PIB 3% (2010)
PIB per cápita $ 34.200 (2010)
PIB por sector agricultura 1,5%, industria 22,8%, comercio e servizos 75,7% (2010)
Inflación
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 65,64 millóns (2010)
Forza de traballo por sector agricultura 4%, industria 28%, comercio e servizos 68% (2008)
Desemprego 5,2% (2010)
Industrias é un dos principais e máis avanzados produtores de automóbiles, equipamentos electrónicos, máquinas-ferramenta, aceiro e metais non ferrosos, barcos, produtos químicos, téxtiles, alimentos procesados
Parcerías comerciais
Exportacións 735,8 mil millóns (2010)
Produtos de exportación equipamentos de transporte, vehículos motorizados, semicondutores, materiais eléctricos, produtos químicos
Principais mercados República Popular da China 18,88%, Estados Unidos 16,42%, Corea do Sur 8,13%, Taiwán 6,27%, Hong Kong 5,49% (2009)
Importacións 636,8 mil millóns (2010)
Principais produtos importados máquinas e equipamentos, combustibles, alimentos, produtos químicos, téxtiles, materias primas
Finanzas públicas
Débeda externa 2 246 mil millóns (2010)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

Historia

O crecemento da economía moderna do Xapón comezou no período Edo, e algúns elementos sobreviventes desta época son as rutas de transporte por terra e mar, así como instrumentos financeiros como os contratos de futuros, banca e seguros dos negociantes de arroz de Osaca. Durante o período Meiji, dende o ano 1868, o Xapón expandiuse economicamente coa adopción da economía de mercado. Moitas das empresas actuais fundáronse nesa época, e o Xapón pasou a ser unha das nacións máis desenvolvidas de Asia. O período de crecemento económico xeral que tivo lugar dende os anos 1960 ata os anos 1980 foi denominado o "Milagre xaponés", cunha media de crecemento económico dun 7,5% nos anos 1960 e 1970, e dun 3,2% nos anos 1980 e comezos dos anos 1990.

Este crecemento freouse nos anos 1990 durante a denominada "Década perdida" por mor dos efectos da burbulla financeira e inmobiliaria no Xapón e as políticas gobernamentais dirixidas a reducir os excesos especulativos dos mercados inmobiliarios e de valores. Os esforzos para revivir o crecemento económico non tiveron éxito e víronse prexudicados aínda máis polo efecto da burbulla de Internet do 2000. A economía do país comezou a recuperarse a partir do ano 2005, cun crecemento do PIB dun 2,8%, por riba dos índices de crecemento dos Estados Unidos e da Unión Europea durante o mesmo período.

Sectores e forza de traballo

A agricultura xaponesa abrangue o 13% do seu territorio e o país é o segundo con maior volume de capturas de peixe cun 15% do total global, só por detrás da China, mentres que no conxunto da economía global do país, o sector de servizos representa uns tres cuartos do PIB total do país. A data de 2010, a forza de traballo do país nipón era duns 65,9 millóns de traballadores. Malia que o Xapón ten unha taxa de desemprego baixa, dun 3,2%, ó redor duns 20 millóns de persoas, un 17% da poboación, atopábase baixo a liña de pobreza no ano 2007. A vivenda no país nipón é limitada por mor da pouca dispoñibilidade de terreo nas áreas urbanas.

Comparación con outros países

No 2015 o Xapón era a terceira maior potencia económica do mundo en termos de PIB nominal, só por detrás dos Estados Unidos e a República Popular da China, e a cuarta potencia económica mundial en termos de PPA, tralos Estados Unidos, a China e a India. A data de 2014, a débeda pública do Xapón estaba estimada en máis do 200% do seu PIB anual, sendo a maior débeda pública de tódolos paísses do mundo. En agosto de 2011, a axencia de cualificación Moody's rebaixou a clasificación da débeda pública do Xapón dende o "Aa3" ata o "Aa2" por mor do nivel de déficit e débeda do país dende a recesión global de 2009, agravados tamén polos efectos do terremoto e tsunami de Sendai de 2011.

O Xapón estaba no posto número 34 da lista do Ease of doing business index de 2015. O sistema capitalista xaponés presenta características con variacións distintivas: as empresas "keiretsu" teñen unha grande influencia, e o emprego de por vida xunto ós ascensos baseados na experiencia laboral son relativamente comúns no mundo laboral xaponés. As compañías xaponesas son coñecidas por empregar métodos de xestión como a "The Toyota Way", e o activismo do accionariado é escaso. Posúe unha gran capacidade industrial, sendo fogar dalgunhas das maiores e máis tecnolóxicamente avanzadas produtoras de vehículos a motor, electrónica, ferramentas, aceiro e outros metais non ferrosos, barcos, substancias químicas, téxtiles e alimentos procesados. Algunhas das maiores empresas do Xapón son, entre outras, Toyota, Nintendo, NTT DoCoMo, Canon, Honda, Takeda Pharmaceutical, Sony, Panasonic, Toshiba, Sharp, Nippon Steel, Nippon Oil e Seven & I Holdings Co.. O Xapón ten algúns dos maiores bancos do mundo, e a Bolsa de Toquio, coñecida polos índices Nikkei 225 e TOPIX, é a segunda maior do mundo en canto a capitalización de mercado. No 2006 326 empresas da lista Forbes Global 2000 tiñan a súa orixe no Xapón.

Exportacións e importacións

As exportacións do Xapón chegaron ós 4 210 per cápita no ano 2005. A data de 2012 os principais mercados para as exportacións xaponesas eran a China (18,1%), os Estados Unidos (17,8%), Corea do Sur (7,7%), Tailandia (5,5%) e Hong Kong (5,1%). Estas exportacións consisten principalmente en equipamento, vehículos de motor, produtos de ferro e aceiro, semicondutores e pezas de automóbiles. Nese mesmo ano as importacións do Xapón tiveron como principais mercados de orixe a China (21,3%), os Estados Unidos (8,8%), Australia (6,4%), Arabia Saudita (6,2%), Emiratos Árabes Unidos (5,0%), Corea do Sur (4,6%) e Qatar (4,0%). Os principais produtos importados son maquinaria e equipamento industrial, combustibles fósiles, alimentos, químicos, téxiles e materia prima para a industria. En termos de participación no mercado, os mercados domésticos do Xapón son os máis pechados de tódolos países pertencentes á OCDE. A comezos do século XXI baixo o goberno de Junichirō Koizumi, o país levou a cabo diversas reformas a prol da competitividade nos mercados, e os investimentos estranxeiros no país experimentaron un aumento notable.

Notas

Tags:

Economía Do Xapón HistoriaEconomía Do Xapón Sectores e forza de traballoEconomía Do Xapón Comparación con outros paísesEconomía Do Xapón Exportacións e importaciónsEconomía Do Xapón NotasEconomía Do XapónAceiroAgriculturaDólar estadounidenseEstados Unidos de AméricaEuroIenRepública Popular da ChinaTecnoloxíaUnión EuropeaVehículoWikipedia:Palabras a evitarXapón

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Distritos de PortugalHenrique DacostaOs camiños da vidaLatitudeQuercusRubén RiveraRevolución Rusa de 1917Alaine AgirrePonte de RandeVladimir PutinCantiga de amigoPosición do misioneiroFinados en 2024Batalla de Medina de RiosecoMecánica clásicaRosendo SalvadoPontevedraRocco SiffrediHard GZManchester City F.C.SvalbardBucetaAntigo ExiptoFentoCinema pornográficoRibadaviaO Ézaro, DumbríaÁngel Alvariño SaavedraIgrexa de San Carlo alle Quattro FontaneSantiago GenovésPolonia1869Dinastía MingDecímetroO hobbitPorto da LúaHorteláSimón BolívarNarónIgrexa ortodoxa coptaEstañoEstados Unidos de AméricaCasa de BonaparteIsabel PerónCarlos de Matos GomesFernando AlonsoManuscrito VoynichDeclaración BalfourLorbé, Dexo, OleirosCarles PuigdemontVicente RiscoCarqueixaLista das aves de GaliciaOs ÁnxelesCastro de Punta do BicoPartido políticoAs NevesIgrexa católicaAirbus A350TartánWayback MachineJosé Manuel LagePío XIIAlpesAlfonso MolinaLuandaA morte na literatura popular galegaBipartito galegoDavid BroncanoImperio SelxúcidaLiberdadeYouTubeMesopotamiaCronoloxía da segunda guerra mundialMaría do Socorro Ortega Romero🡆 More