Economía De Ucraína

Despois da Rusia, a Ucraína era de lonxe a máis importante economía da antiga Unión Soviética, producindo 4 veces máis que a república seguinte.

O seu solo fértil xeraba case 1/4 da produción agrícola soviética, e as súas facendas producían grandes cantidades de carne, leite, grans e vexetais para outras repúblicas.

Economía de Ucraína
Moeda hryvnia
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, CEI, GUAM
Datos estatísticos
PIB 306,3 mil millóns (2010)
Posición do PIB 40ª no mundo
Crecemento do PIB 4,3% (2010)
PIB per cápita $ 6700 (2010)
PIB por sector agricultura 9,8%, industria 32,3%, comercio e servizos 57,9% (2010)
Inflación 9,8% (2010)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 22,06 millóns (2010)
Forza de traballo por sector agricultura 15,8%, industria 18,5%, comercio e servizos 65,7% (2008)
Desemprego 8,4% (2010)
Industrias carbón mineral, enerxía eléctrica, metais ferrosos e non ferrosos, máquinas e equipamentos de transporte, produtos químicos, procesamento de alimentos
Parcerías comerciais
Exportacións 49,71 mil millóns (2010)
Produtos de exportación metais ferrosos e non-ferrosos, petróleo e derivados, produtos químicos, máquinas e equipamentos de transporte, alimentos
Principais mercados Rusia 21,1%, Turquía 5,3%, República Popular da China 3,8%, (2009)
Importacións 53,54 mil millóns (2010)
Principais produtos importados Enerxía eléctrica, máquinas e equipamentos, produtos químicos
Finanzas públicas
Débeda externa 97,5 mil millóns (2010)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

Ucraína ten uns 40 millóns de hectáreas de terreo agrícola (70 % do país), sendo a agricultura a que xera as máis importantes exportacións. A explotación intensiva dos solos negros e fértiles do cinto agrícola ucraíno tornaron o país nun gran produtor de trigo e remolacha. Outros cultivos importantes son: cebada, millo, leguminosas, pataca, avea, centeo, paínzo e trigo sarraceno. Os principais cultivos industriais son os de remolacha e de semente de xirasol. Cultívanse tamén froitas e hortalizas nos arredores das grandes cidades. A cría de gando bovino e suíño dáse en todo o pais.

Ucraína conta con ricos xacementos de manganeso no Donbas. Esa rexión é o centro industrial do país e un dos principais complexos mineiro-metalúrxicos e de industria pesada da Europa. Ucraína é tamén un importante produtor de gas natural e de petróleo, aínda que as reservas deses combustíbeis fósiles teñan sido excesivamente explotadas durante o período soviético.

O Donbas presenta tamén industrias metalúrxicas altamente desenvolvidas, que producen ferro e aceiro en grandes cantidades.

Notas

Tags:

CarneCerealEconomíaLeiteRusiaUcraínaUnión Soviética

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Wayback MachineMaría VázquezJuan Carlos Rodríguez CebriánEl Correo GallegoFirefly LaneEfecto FöhnToxo arnalRamón NicolásMoncho ValcarceCando petan na porta pola noiteCelestino Fernández de la VegaAnagnórise (novela)Antonio Benito FandiñoGloteBidueiroCasto Sampedro FolgarXornalismoRosario Porto OrtegaJosé Luis Sanmartín MatoUniversidade de Santiago de CompostelaPardo de CelaIsabel I de InglaterraRastroJuan Miguel Diz GuedesFerroAtlánticaFacebookTrisónArroazRomán Rodríguez GonzálezXosé Luís Méndez FerrínSuízaRamón Pardo AriasMarcel ProustRexurdimentoUcraínaFranciaRubén ArroxoAlejandro Mon Landa LandaApollo 11Manuel FragaMinia ManteigaConcello de CanedoCampus de SerantesTiburónsEleccións municipais de 2019 en GaliciaCartas dos indios CamarõesTropicos45Lista de nomes femininos en galegoEstados Unidos de AméricaManuel Gago MariñoMicrosoftEstrutura terciaria dos ácidos nucleicosSica RomeroHerexíaXiros idiomáticos galegosNadalIdade MediaIrene GonzálezArticulación frontoparietalEncoro do EumeEleccións municipais en ArteixoChanfaina galegaFábrica Nacional de Moneda y TimbrePegada ecolóxicaEscola Politécnica Superior de FerrolCarbúnculoO derradeiro libro de Emma OlsenNarónLista de WikipediasTVGPortadaMeat Is MurderMáis alá!🡆 More