Dólar Cimbabuense

O dólar cimbabuense foi a moeda oficial de Cimbabue dende 1980 ata o 12 de abril de 2009.

Dólar cimbabuense †
Zimbabwean dollar (inglés)
Dólar CimbabuenseDólar Cimbabuense
Código:ZWL
Ámbito:Cimbabue Cimbabue
Símbolo:$
Fracción:100 (cents)
Moedas:ningunha
Billetes:1, 5, 10, 20, 50, 100 e 500 $
Emisor:Banco de Reserva de Cimbabue
Taxa de troco:
19-03-2010
1 EUR = 489.651 ZWD
1 USD = 361,900 ZWD

Subdivídese en 100 céntimos. Substituíu o dólar rhodesiano, que fora adoptado en 1970. Xeralmente é abreviado co símbolo do dólar $, ou Z$ co fin de distinguilo doutras moedas denominadas dólar. Dende o 29 de xaneiro de 2009, permitiuse ás compañías e aos individuos tramitar o negocio doméstico noutras moedas tamén, ex: dólar estadounidense ou rand surafricano.

Historia

O primeiro dólar

O primeiro dólar cimbabuense foi introducido no ano 1980 e substituíu o dólar rhodesiano en 1:1. O código ISO 4217 era ZWD, (xa no se volveu empregar). Cando comezou o seu uso, o seu valor era maior ao do dólar estadounidense (0.68 ZWD = 1.00 USD). Deste primeiro dólar circularon moedas de 1, 5, 10, 20 e 50 céntimos, así como de 1, 2 e 5 dólares. Os últimos billetes emitidos foron de 10, 20, 50, 100, 500 e 1.000 dólares. Porén, o seu valor foise erosionando pola inflación que durante a primeira parte da década do 2000 (a hiperinflación elevouse a un mínimo mensual dun 800%). O 26 de xullo de 2006, o valor de mercado paralelo do dólar cimbabuense cotizou: Z$1.000.000=£1.

O segundo dólar

O 1 de agosto de 2006, como intento para parar a elevada inflación que sufría a economía do país, anunciouse por parte do Banco Central de Cimbabue a introdución dun novo dólar a razón de 1.000 a 1, é dicir, 1.000 antigos dólares equivalerían a un novo. Desta unidade monetaria non existen billetes con poder liberatiorio como tal, senón cheques bancarios de reserva, cunha validez limitada no tempo. O 1 de xaneiro de 2008 foron emitidos cheques por valor de 250.000 (que substituía ao cheque de 200.000 emitido en secembro do ano anterior), 500.000 e 750.000 Dólares de Cimbabue, e tan só días máis tarde o banco anunciou a posta en circulación de novos cheques de 1, 5 e 10 millóns de Dólares. Tamén de $100.000.000; $250.000.000 e $500.000.000. Durante maio do 2008 o Banco de Reserva de Cimbabue puxo en circulación novos billetes (cheques) especiais agricultores de $5.000.000.000, $25.000.000.000, $50.000.000.000 e $100.000.000.000.

O terceiro dólar

Dólar Cimbabuense 
Imaxe do billete de 100 billóns de dólares, a denominación máis elevada ata o momento. Nótese que a denominación indica 100 trillóns, isto débese a que en inglés vaise de billion a trillion cada mil veces, mentres que en galego séguese un esquema onde se vai dun billón a trillón cada millón de veces.

O 1 de agosto de 2008, o Banco de Reserva de Cimbabue quitou 10 ceros á unidade monetaria, (ex. 10.000.000.000 do dólar vello é igual a 1 dólar novo) e circularon novos billetes de $1, $2, $5, $10, $20, $100 e $500. Tamén circularon moedas de 1¢, 5¢, 10¢, 20¢, 50¢, $1, $2, $5, $10 e $25. Mais aínda os problemas da hiperinflación non están resoltos, tanto é así que a finais do 2008, concretamente durante o mes de setembro, emitíronse tres novos billetes por valor de $1.000, $10.000 e $20.000, a mediados de outubro púxose en circulación un novo valor de $50.000, a primeiros do mes de novembro tres billetes máis de $100.000, $500.000 e $1.000.000, e durante o mes de decembro as denominacións de $10.000.000, $50.000.000, $100.000.000, $200.000.000 e $500.000.000 de novos dólares cimbabuenses. O novo ano non serviu de bálsamo á terrible hiperinflación do país, o 6 de xaneiro o Banco Central puxo en circulación os billetes de 1.000, 5.000 e 10.000 millóns de Dólares, o 10 lanzou os valores de 20.000 e 50.000 millóns, e finalmente, o día 16 do mesmo mes púxose en circulación a denominación máis elevada ata o momento, os 100 billóns de dólares, unha cifra talvez só acadada pola divisa serbia en época de guerra, é dicir 100 millóns de millóns, ademais ese mesmo día anunciouse que nos días sucesivos engadiríanse os valores de 10 e 50 billóns de dólares.

O cuarto dólar

O luns 2 de febreiro de 2009, o director do Banco Central de Cimbabue anunciou unha nova revaluación da moeda a razón dun billón de dólares por 1 novo dólar, é dicir 1.000.000.000.000:1. Puxéronse en circulación billetes de 1, 5, 10, 20, 50, 100 e 500 Dólares. Non se emitiron moedas. O código é ZWL.

Dende xaneiro do 2009 moitas empresas xa non aceptan o dólar cimbabuense como moeda no país. A cambio empréganse o dólar estadounidense, o rand surafricano, o metical mozambiqueño, a pula de Botswana e moedas de Zambia ou Namibia.

Actualmente, empréganse tamén especias no país para o comercio a pequena escala, que substitúen en ocasións o uso do dólar. Este costume ancestral remóntase a antes do século IV a. C.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Dólar Cimbabuense HistoriaDólar Cimbabuense Véxase taménDólar Cimbabuense12 de abril19701980200929 de xaneiroCimbabueDólar estadounidenseRand surafricano

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ArolaTrondheimHonda na Fórmula 1ArubaLareiraAsnoPontevedraLei de vagos e maleantesIlla de NadalRetrato de TenochtitlanGalipediaGaravanzoLisboaÁcido nonadecanoicoXVI dinastía exipciaCopa do SarTelomeraseSan Xoán de RíoFariseoShinovaSangueRomaVirus de ARNEumetopias jubatusAntigo ExiptoDarío Caramés RuzaCidade de MéxicoBoborásHibernia (personificación)Carpa comúnCharadriiformesAmancio OrtegaLingua erzyaStoffel VandoorneInstrumentalCallosobruchus chinensisProvincia de OurenseDodecágonoAnimalLinguas xermánicasFrancisco Porto MellaSergio Pérez MendozaBisonte europeoÁcido pentacosílicoBreixoÁreas lingüísticas do galegoCorrente do GolfoCélula intersticial de CajalMela CasalRusiaPosicións sexuaisFernando AlonsoIsabella BirdBilurico comúnEstrutura secundaria dos ácidos nucleicosLingua zazakiXabarilBiston betulariaLugoSan Martiño, FranciaMúsculo deltoideOriente MedioAnxo (cristianismo)Antilope cervicapraVilar de BarrioCircuíto Ricardo TormoO Canon da MedicinaLappeenrantaSemana Santa de ViveiroÁcido dotriacontanoicoCancro colorrectal🡆 More