Dinastía Valois

A dinastía de Valois ou casa de Valois é unha rama da dinastía dos Capetos que reinou en Francia entre os anos 1328 e 1589 durante tres períodos distintos:

  • Os Valois directos (1328-1498).
  • Os Valois-Orleáns (ou segunda casa de Orleáns) (1498-1515).
  • Os Valois-Angulema (ou Valois-Orleáns-Angulema) (1515-1589).
Dinastía Valois
Dinastía Valois
PaísCondado de Valois
Casa maternaDinastía dos Capetos
Títulos
FundadorCarlos de Valois
Último gobernanteHenrique III de Francia
Ramas menores

Sucedeu aos Capetos directos e precedeu aos Borbóns.

Tamén foi a orixe doutras casas como a de Alençon, casa de Francia (en Portugal), Borgoña, a segunda casa de Anjou e terceira casa de Anjou.

Orixe dos Valois

Toma o seu nome do apanage (prerrogativa) do Condado de Valois dado a Carlos, fillo de Filipe III o Atrevido, rei de Francia e pai do rei Filipe VI. A rama orixinaria extinguiuse en 1498, pero tivo varias ramas sucesoras. Filipe VI subiu ao trono francés o ano 1328 tras a morte do seu primo Carlos IV de Francia sen deixar herdeiro varón.

A polémica sucesión fixo posíbel a pretensión ao trono dos reis de Inglaterra, que eran os señores feudais máis importantes de Francia. Iso orixinou a guerra dos Cen Anos, na que os Valois foron derrotados nun principio, até que o territorio sobre o que gobernaban quedou reducido a unha mínima expresión. O xogo de alianzas do resto das casas nobres, como a casa de Borgoña, independente na práctica, fixo o conflito interminábel. As campañas de Xoana de Arco cambiaron o destino da guerra, que deixou como misión sagrada da dinastía, tinxida de providencialismo, reunir baixo a súa soberanía a multiplicidade de entidades en que estaba dividido o territorio francés entre o río Rin e os Pireneos. Con Lois XI de Francia xa se consegue un poder real compatíbel co que serían no contexto europeo occidental as monarquías autoritarias.

Valois directos

Rama dos Valois-Orleáns

Dinastía Valois 
Relacións de parentesco.
  • Lois I, duque de Orleáns e conde de Valois, fillo do rei Carlos V.
  • Carlos de Orleáns, filllo do precedente.
  • Lois XII o Pai do Pobo, fillo do precedente, duque de Orleáns e conde de Valois co nome de Lois II, e despois rei de Francia (1498-1515).

Rama Valois-Orleáns-Angulema

No século XVI —e coincidindo co reinado de Carlos I de España— reinaba Francisco I (desde 1515 até 1547), sucesor de Lois. Un dos seus logros foi fortalecer o poder real, así como vencer os suízos e conseguir no tratado de Noyon dereitos sobre o Ducado de Milán. Tamén era un dos candidatos ao trono do Sacro Imperio Romano Xermánico. Todas estas cuestións convertérono en rival de Carlos I de España, o que se materializou nas guerras de Italia, onde foi apresado en Pavia. A paz de Cateau-Cambrésis termina por conseguir un equilibrio: a maior parte de Italia, para España e a maior parte da Borgoña, para Francia.

O monopolio español sobre América tamén é discutido, e así comezan nesta época as expedicións ao Canadá.

A reforma protestante foi moi activa en Francia, deixando unha importante minoría de calvinistas e hugonotes.

Henrique II de Francia casou con Catarina de Medici coa que tivo tres fillos varóns Francisco II de Francia, Carlos IX de Francia e Henrique III de Francia, os que pola súa incapacidade de gobernar, deixan un papel destacado á súa nai. Neste contexto —e coa intervención de Filipe II de España— desátanse as guerras de Relixión, que acaban destruíndo a dinastía.

Casa de Borbón en Francia

Henrique III foi o último rei da casa de Valois. Sucédeo Henrique IV de Francia e III de Navarra, da casa de Borbón, calvinista que se converteu ao catolicismo guiado pola súa frase: París ben vale unha misa. Pacificou o reino co edicto de Nantes (liberdade relixiosa) e asina a paz con Filipe II de España. Ordena as finanzas e finalmente foi asasinado por un fanático católico que se sente traizoado polo seu rei. Os seus sucesores, sobre todo Lois XIV de Francia (que revogou o edicto de Nantes) terminarán asentando o modelo da monarquía absoluta.

Casa de Valois-Borgoña

Dinastía Valois 
Armas da casa de Valois-Borgoña (duques de Borgoña).

A casa dos Valois-Borgoña é unha rama menor da dinastía Valois. Os Valois-Borgoña, duques de Borgoña, tiveron a súa orixe cando Xoán II de Francia (tamén duque de Borgoña como Xoán I) entregou como feudo o Ducado de Borgoña ao seu fillo máis novo, Filipe o Atrevido.

A política expansionista dos membros desta dinastía deu lugar ao poderoso Estado borgoñón na baixa Idade Media e o Renacemento. Distínguese da Casa de Borgoña dos Capetos, descendentes de Roberto II de Francia, aínda que ambas as casas pertenceron á dinastía dos Capetos.

Duques de Borgoña

  • Filipe o Atrevido, duque de Borgoña como Filipe II (1363–1404)
  • Xoán Sen Medo, duque de Borgoña como Xoán II (1404–1419)
  • Filipe o Bo, duque de Borgoña como Filipe III (1419–1467)
  • Carlos o Temerario, duque de Borgoña como Carlos I (1467–1477)
  • María de Borgoña, duquesa titular de Borgoña (1477–1482)

Casa de Anjou-Sicilia (Segunda e terceira casas de Anjou)

Dinastía Valois 
Armas de Carlos I de Sicilia

En 1203 Filipe II de Francia conquistou os territorios que tiña en Francia o rei inglés (daquela Xoán I), entre eles o Condado de Anjou, que pasou ao patrimonio da coroa francesa. En 1246 Lois IX de Francia concedeu os Condados de Anjou e do Maine ao seu irmán Carlos, que se converteu no fundador da segunda casa de Anjou. Cos netos de Carlos, a dinastía dividiuse en varias ramas: os Anjou-Sicilia (rama principal que reinou en Nápoles), os Anjou-Durazzo, os Anjou de Hungría e os Anjou-Taranto.

Reis de Nápoles

En 1265 o papa Clemente IV concedeu a Carlos de Anjou o Reino de Sicilia (que comprendía tamén o Reino de Nápoles), cuxa coroa ostentaban os Hohenstaufen, inimigos do papa polas loitas entre güelfos e xibelinos. O 26 de febreiro de 1266, na batalla de Benevento, o rei Manfredo I de Hohenstaufen foi derrotado e morto. Tras a batalla Carlos foi coroado rei de Sicilia.

Dinastía Valois 
Armas dos Anjou-Sicilia a partir de Carlos II

O 30 de marzo de 1282 a cidade de Palermo, capital do Reino, rebelouse contra os franceses e masacrou a gornición de Carlos (Vésperas sicilianas). A rebelión estendeuse por toda a illa e os franceses foron expulsados. O pobo solicitou a axuda de Pedro III de Aragón, que foi coroado como rei de Sicilia, producíndose a división deste Reino entre o Reino de Sicilia peninsular, ou da Sicilia citerior Reino de Nápoles, baixo dominio anxevino, e o Reino de Sicilia insular (Reino de Sicilia, baixo dominio aragonés. Desde entón, Carlos e os seus descendentes só reinaron sobre o Reino de Nápoles.

  • Carlos I (1282 - 1285)
  • Carlos II (1285 - 1309)
  • Roberto I (1309 - 1343)
  • Xoana I (1343 - 1382)
    • A morte de Xoana I provoca unha guerra de sucesión entre o seu primo Carlos de Anjou-Durazzo e o seu fillo adoptivo Lois (pertencente á terceira casa de Anjou). Tras da morte de Lois en 1384, Carlos proclamouse rei. Mentres, os descendentes de Lois convértense en reis titulares.

Rama Anjou-Durazzo

Dinastía Valois 
Armas dos Anjou-Durazzo a partir de Carlos III de Nápoles

A rama Anjou-Durazzo reinou sobre Nápoles tras a guerra de sucesión. O seu fundador foi Xoán I de Anjou, duque de Durazzo, fillo de Carlos II de Nápoles. Seu neto Carlos converteuse en rei de Nápoles tras a morte de Xoana I.

  • Carlos III (II de Hungría) (1382 - 1386)
    • Rei efectivo desde 1384
  • Ladislau I (1386 - 1414)
  • Xoana II (1414 - 1435)

Xoana II morreu sen herdeiros, acabando con ela a rama Anjou-Durazzo. Nomeou herdeiro a Renato (I) de Anjou, neto do pretendente Lois (I) e, polo tanto, membro da terceira casa de Anjou.

Reis de Hungría (rama Anjou-Hungría)

Tras a morte sen descendencia de Ladislau IV de Hungría en 1290, dous homes disputaron o trono: André (tío segundo do rei) e Carlos Martel de Anjou (fillo de Carlos II de Nápoles e María de Hungría, raíña de Nápoles, irmá de Ladislau IV). André converteuse finalmente en rei, pero a súa morte sen descendencia provocou que a coroa recaese en Carlos Roberto, fillo de Carlos Martel de Anjou.

Dinastía Valois 
Armas de Carlos I Roberto de Hungría
  • Carlos Martel (pretendente e despois rei titular). Reclamou o trono húngaro ao ser herdeiro da casa de Árpad por vía materna como fillo de María de Hungría, raíña de Nápoles.
  • Carlos I Roberto (1308 - 1342). Fillo de Carlos Martel de Anjou. Conseguiu obter o trono húngaro e someteu os poderosos nobres húngaros, poñendo orde no Reino.
  • Lois I (I de Polonia) (1342 - 1382). Fillo de Carlos Roberto. Foi un dos reis máis importantes do medievo húngaro. Durante a súa época o Reino estivo na súa "época dourada".
  • María I (1382 - 1385). Filla de Lois I e última herdeira directa dos Anjou en Hungría.
    • Carlos II de Hungría (Carlos III de Nápoles), pertencente á rama Anjou-Durazzo, que foi chamado pola nobreza húngara e proclamado rei de Hungría en 1385, xa que era o único parente varón de Lois I. Foi asasinado en 1386 polos nobres aliados da raíña consorte Isabel Kotromanić (viúva de Lois I).
  • María I (1386 - 1395)
    • Ladislau I de Nápoles (antirrei contra Sexismundo de Hungría). Fillo do asasinado Carlos II, reclamou o trono húngaro e foi coroado provisionalmente en Zarad en 1403. Aínda que nunca exerceu o poder en Hungría, non renunciou ao título de rei, que conservou até a súa morte en 1414. Ao non ser considerada a súa coroación como lexítima, este monarca non se conta oficialmente entre os reis húngaros.

Reis de Polonia

Tras a morte sen descendencia de Casimiro III de Polonia en 1370, o trono foi herdado polo seu sobriño Lois I de Hungría (o fillo da súa irmá Isabel Łokietek).

  • Lois I (I de Hungría) (1370 - 1382). Reinou até a súa morte como rei de Polonia.
  • Eduvixe I (1382 - 1399). Ao non deixar herdeiros varóns o rei Lois I, a súa filla María I de Hungría herdou a coroa húngara e a súa filla Eduvixe a polaca; ambas as dúas contraeron matrimonio con influentes monarcas que eventualmente as desprazaron e fundarían novas dinastías (Sexismundo de Luxemburgo e Ladislau II Xaguellón, respectivamente).

Emperadores titulares do Imperio Latino (rama Anjou-Taranto)

Dinastía Valois 
Armas dos Anjou-Taranto

En 1313 Filipe de Anjou, príncipe de Tarento e fillo de Carlos II de Nápoles, casou con Catarina de Valois-Courtenay, emperatriz titular do Imperio Latino.

  • Filipe I de Taranto (1313 - 1332)
    • Xunto á súa esposa Catarina (1308 – 1346)
  • Roberto de Taranto (1346 - 1364)
  • Filipe II de Taranto (1364 - 1373)
  • Xaime de Baux (1373 - 1383). Por ser fillo de Francisco de Baux, non pertence directamente á casa de Anjou, pero era sobriño de Roberto e Filipe II de Taranto, e fillo de Margarida de Taranto, irmá de ambos.
    • Tras a morte de Xaime I, o título pasa a Lois de Anjou, pretendente ao trono de Nápoles e membro da terceira casa de Anjou, aínda que nin el nin os seus descendentes chegaron a usalo.

Véxase tamén

Bibliografía

Tags:

Dinastía Valois Orixe dos ValoisDinastía Valois Valois directosDinastía Valois Rama dos Valois-OrleánsDinastía Valois Rama Valois-Orleáns-AngulemaDinastía Valois Casa de Borbón en FranciaDinastía Valois Casa de Valois-BorgoñaDinastía Valois Casa de Anjou-Sicilia (Segunda e terceira casas de Anjou)Dinastía Valois Véxase taménDinastía Valois13281589Francia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

CabaloDedativoUral AirlinesCelanovaGetty Thesaurus of Geographic NamesCabo VerdeEscama de peixeMitocondriaEurocopa de FútbolContactorVocalización das avesLuleåGran Premio de Bahrain de 2018Roko (actriz)Termodinámica dos ácidos nucleicosCélula intersticial de CajalÁcido láuricoForcareiRevolución Rusa de 1917Gallus gallus domesticusDía Internacional dos TraballadoresMaría I de InglaterraWilliam Smith (lexicógrafo)GotemburgoOpisthocomus hoazinMercedes-Benz C112AIstambulPediastrumAsemblea Xeral de IowaInositolMila KunisPorto, PortugalMela CasalAmeixónParafiléticoAvea comúnRusiaCentrocampistaTroitaPorto da LúaÁcido cápricoADN ZGaravanzoToledoEuropaElemento nuclear intercalado longoLingua malékuLingua sánscritaKagoshimaCarpa comúnEdward R. MurrowHindemburg Melão Jr.Florencia PeñaCitharus linguatulaLugoCharlton HestonActinopterygiiShinovaYorgos LanthimosArco de TitoLophiiformesFernando Salgado GarcíaBloque Nacionalista GalegoCarlos GardelOca (xogo)ChipreFroita silvestrePeleoTeixugoXinzo de LimiaPonte das PíasBalthasar GérardLinguas de EuropaAparello dixestivoMachu Picchu🡆 More