Daði Freyr: Cantante islandés

Daði Freyr Pétursson, nado en Reiquiavik o 30 de xuño de 1992, e coñecido artisticamente como Daði Freyr ou soamente Daði, é un músico islandés.

É coñecido por representar a Islandia no Festival de Eurovisión coa canción "Think About Things", antes de que o Festival de Eurovisión 2020 fose cancelado. O ano seguinte volveu representar a Islandia coa canción "10 Years", acadando o cuarto posto.

Infotaula de personaDaði Freyr
Daði Freyr: Traxectoria, Vida persoal, Discografía
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(is) Daði Freyr Pétursson Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xuño de 1992 Editar o valor em Wikidata (31 anos)
Reiquiavik, Islandia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesDaði Freyr Editar o valor em Wikidata
ResidenciaBerlín (2014–) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeIslandia Editar o valor em Wikidata
EducaciónSudurland College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura208 cm Editar o valor em Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Berlín Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncantante , cantautor , compositor de cancións , informático teórico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua islandesa, lingua inglesa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoAWAL (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
2021Festival de Eurovisión 2021
2020Iceland in the Eurovision Song Contest 2020 (en) Traducir
2017Iceland in the Eurovision Song Contest 2017 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webdadifreyr.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm5911993 Facebook: dadimakesmusic Twitter: dadimakesmusic Instagram: dadimakesmusic Youtube: UCF18N219OPiOcElz_hSYoIQ TikTok: dadimakesmusic Souncloud: dadimakesmusic Spotify: 3Hb64DQZIhDCgyHKrzBXOL iTunes: 1256781645 Last fm: Daði+Freyr Musicbrainz: 4bea512e-c8d9-4a5f-94bc-c01f85505e9b Discogs: 7911513 Allmusic: mn0003937676 Deezer: 12779993 Genius: Dai-freyr Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Daði naceu en Reiquiavik mais medrou en Dinamarca até os nove anos, cando a súa familia regresou a Islandia e se asentou en Suðurland, primeiro en Laugaland e despois en Ásahreppur. Daði graduouse no Fjölbrautaskóli Suðurlands en 2012 e conseguiu un BA en Music Management e Produción de Son en Berlín en 2017.

Na súa adolescencia, Daði tocou a batería e estudou piano e baixo. Foi membro de RetRoBot, uníndose ó cantante Gunnlaugur Bjarnason e ó guitarrista Guðmundur Einar Vilbergsson, ós cales coñeceu no Instituto Multicultural de Suðurlands. En 2012, a banda RetRoBot gañou o Músíktilraunir ("Experimentos Musicais") e Daði foi escollido como músico electrónico do ano. RetRoBot lanzou un álbum, Blackout, un ano despois.

Söngvakeppnin e Eurovisión

En 2017, Daði participou en Söngvakeppnin (competindo para representar a Islandia no Festival de Eurovisión de 2017) coa canción "Hvað með það?". Quedou en segundo lugar, despois de Svala Björgvinsdóttir que interpretou a canción "Paper". Daði participou no Söngvakeppnin de 2020, coa canción "Think About Things" (a versión alternativa en islandés titulouse "Gagnamagnið"). Participou cun grupo de amigos nos que están a súa irmá Sigrún Birna Pétursdóttir (coros), a súa muller Árný Fjóla Ásmundsdóttir (baile), e Hulda Kristín Kolbrúnardóttir (coros), Stefán Hannesson (baile) e Jóhann Sigurður Jóhannsson (baile), acreditados colectivamente como "Daði og Gagnamagnið". O grupo caracterízase polos seus traxes de cor verde e polo pixel art nas interpretacións. Gañou a competición de 2020 e ían representar a Islandia no Festival de Eurovisión 2020, mais o evento foi cancelado por mor da pandemia por coronavirus de 2019-2020. O 23 de outubro de 2020, anunciouse que Daði & Gagnamagnið serían de novo os representantes de Islandia no Festival de Eurovisión 2021. Interpretaron a canción "10 Years", pero durante a súa semifinal e na final emitiuse unha actuación pregravada do segundo ensaio, debido a que un membro do grupo deu positivo por COVID-19. Despois de clasificarse para a final, quedaron cuartos con 378 puntos.

Vida persoal

Daði Freyr casou coa músico Árný Fjóla Ásmundsdóttir; a súa filla Áróra, naceu en 2019. A súa filla foi a inspiración para letra da canción "Think About Things". A segunda filla da parella, Kría Sif, naceu en 2021.

Discografía

Álbums de estudio

Título Detalles
& Co.
  • Estrea: 12 de xuño de 2019
  • Formato: Descarga dixital, CD
  • Selo: Samlist ehf

EPs

Título Detalles
Næsta Skref
  • Estrea: 26 de outubro de 2017
  • Formato: Descarga dixital, CD
  • Selo: Autoproducido

Notas

Tags:

Daði Freyr TraxectoriaDaði Freyr Vida persoalDaði Freyr DiscografíaDaði Freyr NotasDaði Freyr199230 de xuñoFestival de Eurovisión 2020IslandiaPobo islandésReiquiavik

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

AquilesLista de presidentes da República PortuguesaRSSSusana FortesRoberto Vidal BolañoBurgosCatedral de la Seu d'UrgellGame Boy Advance SPDr. Jekyll e Mr. HydeSobreiraCirrio comúnVienaEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Alianza Libre EuropeaEsvásticaFederico García LorcaJacobo BucetaMartín CodaxApolonio de AtenasCentro público integradoParalelismoAnne Heche24 de abrilAna TurpinGonzalo LouzaoFosfatidilcolinaQueiroaPablo Iglesias TurriónMegasa20 de setembroGroenlandiaA PontenovaImperio BritánicoO incerto señor Don HamletKeanu ReevesLingua igalaLeninismoSexo analDoenza de Paget de mamaFidel CastroNiceto Alcalá-ZamoraEscáncerAnxo AngueiraGaliciaLagarto arnalPaís VascoEduardo PondalShōgunMiguel Pampín RúaAtenasGoretti SanmartínÁlvaro CunqueiroFrancisco Fernández del RiegoDelfín Modesto BrandónLoboAntón Losada DiéguezLista de prefixos e sufixosFelix MendelssohnSalamancaPRECRafael NadalCarlos AymerichDiáspora galegaJosé Rodríguez Martínez (médico)Xosé Luís BernalBaionaVictoria Núñez LópezJosé Antonio ArmadaGrupo RompenteGarbiñe MuguruzaIbai LlanosGalaicosConfederación Española de Derechas AutónomasSéchu SendeIrene Ferreras🡆 More