Dólar De Kiribati: Moeda oficial da República de Kiribati

O dólar de Kiribati é a moeda oficial da República de Kiribati.

Dólar de Kiribati
Kiribati Dollar
Código:KID
Ámbito:Dólar De Kiribati: Historia, Moedas, Véxase tamén Kiribati
Símbolo:$
Fracción:100 cents (¢)
Moedas:5, 10, 20 e 50 cents
1 e 2 dólares
Billetes:Os billetes circulantes son de dólar australiano
Emisor:Banco de Reserva de Australia
Taxa de troco:
14-08-2011
1 EUR = 1,3765 KID
1 USD = 0,966 KID
Troco actual

Non é unha moeda independente, mais posúe o mesmo valor que o dólar australiano. Foron impresas e están en circulación dende 1979, circulando xunto ás moedas e billetes de dólar australiano. Estas moedas, a pesar de posuír o mesmo valor que o dólar de Australia, circulan con menor frecuencia que esta.

Historia

Antes da súa independencia, as moedas australianas xa circulaban en Kiribati (daquela chamado Illas Gilbert) entre 1966 e 1979. Antes da introdución en Australia do dólar, a libra australiana era frecuentemente empregada nas illas Gilbert e Ellice.

Durante a ocupación xaponesa das illas durante a segunda guerra mundial, o Oceania Pound, e tódolos billetes creados polo Goberno Xaponés para que foran unha moeda universal no Pacífico, estiveron en uso. A libra australiana restaurouse como a moeda nacional oficial logo do final da Guerra.

En 1979 introduciuse a nova moeda de Kiribati para lexitimar o seu novo status político independente.

Moedas

As moedas foron introducidas en 1979 en denominacións de 1, 2, 5, 10, 20 e 50 céntimos e de 1 dólar. A excepción dos 50 céntimos e 1 dólar, as moedas son do mesmo tamaño que as moedas australianas correspondentes. Os 50 céntimos son máis pequenos e redondos, mentres que a de 1 dólar é máis grande e posúe a forma dun dodecágono.

Descricións dos reversos das distintas moedas:

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Dólar De Kiribati HistoriaDólar De Kiribati MoedasDólar De Kiribati Véxase taménDólar De Kiribati1979AustraliaDólar australianoKiribatiMoedaRepública

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Beatriz SerénReino UnidoC. TanganaEstrella GaliciaFinados en 2024LuzónPosición aconchegadaLingua latinaSupremme de LuxeMicciónAntigo ExiptoJosé Pablo del Bado RivasFervenza do ÉzaroEstañoLatitudeChantadaLingua galegaSelena GomezSergio DalmaIsaac VilaLuís Pérez BarralChile (pemento)QuercusSão PauloGran Premio do Canadá de 2014Fátima PegoAgustín Reguera OcampoCaso Asunta BasterraEzio Flavio BazzoIlyushin Il-76SanxenxoFragas do EumePalauEstado de emerxenciaDodecágonoO PorriñoRoko (actriz)María do Socorro Ortega RomeroNetflixMarcos PereiroMéxicoA CoruñaA VeigaDeputación da CoruñaSacro Imperio Romano XermánicoRusiaDune (filme de 2021)Quimera (mitoloxía)HTML5Candela PeñaApartheidJake GyllenhaalJesús Vázquez MartínezArturo Fernández (xornalista)Julian AssangeTorre EiffelMichelangelo AntonioniHototogisuGlicerolLista de paísesGod Save the KingSimón BolívarAmancio OrtegaRobin WilliamsKarl MarxMelideRibadavia🡆 More