Castelo De Lanhoso

O Castelo de Lanhoso, tamén coñecido como Castelo de Póvoa de Lanhoso é unha fortificación situada no concello de Póvoa de Lanhoso, no distrito de Braga (Portugal).

Aínda que na actualidade perdeu boa parte da súa arquitectura orixinal, é un dos castelos máis coñecidos de Portugal. En 1910 foi nomeado Monumento Nacional.

Lanhoso
Monumento Nacional
Castelo De Lanhoso
ConcelloPóvoa de Lanhoso
ProvinciaDistrito de Braga
Comunidade
autónoma
[[Norte de Portugal Portugal; construción: Antigo Reino de GalizaCastelo De Lanhoso]]
Coordenadas41°35′13″N 8°16′53″O / 41.58694444, -8.281388898°16′53″O / 41.58694444, -8.28138889
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalRománico e gótico
Estado actualMonumento nacional
Visitable
Véxase tamén
Castelos de Portugal
editar datos en Wikidata ]

Érguese no alto do Monte do Pilar, o meirande monte granítico de Portugal, protexido polos vales dos ríos Ave e Cávado. Foi construído no século XI, aínda no Reino de Galiza, sobre un antigo poboado castrexo romanizado, o castro de Lanhoso. No século XVII ergueuse un santuario no seu interior, utilizando a propia pedra das antigas murallas.

Historia

Antecedentes

Segundo as escavacións arqueolóxicas, a zona estivo xa poboada durante a Idade do Cobre. O primitivo castro foi romanizado, construíndose unha torre militar a carón da estrada que unía Bracara Augusta (actual Braga), Aquae Flaviae (hoxe Chaves) e Asturica Augusta (actual Astorga) polo sur do río Cávado.

O castelo medieval

A torre romana quedou reducida aos alicerces. O arcebispo de Braga Pedro I (1071-1091) mandou a construción do castelo co obxectivo de defender a sé episcopal, conforme unha inscrición nun perpiaño nos alicerces e o perímetro da fortificación. Trátase da epigrafía máis antiga nun castelo de Portugal, e reza PETRIS AEPISCOPUS (Bispo Pedro).

Na fortaleza refuxiouse Tareixa de León, viúva de Henrique de Borgoña (1093-1112) e nai de Afonso I de Portugal, cando foi atacada polas forzas da súa medio irmá, Urraca de León e Castela, raíña de León. En 1121, cercada polas tropas de Urraca, Tareixa conseguiu negociar un acordo (o Tratado de Lanhoso) grazas ao cal salvou o seu condado. Tareixa regresou ao castelo detida polo seu propio fillo logo da Batalla de San Mamede (1128), e sobreviviu á prisión e faleceu en Galiza en 1130.

O castelo reformouse a finais do século XII e inicios do século XIII, coa construción da torre da homenaxe. O castelo era entón a cabeça de terra, con grande importancia rexional.

No século XIII a fortaleza foi escenario dun terrible crime pasional: o seu alcaide, Rui Gonçalves de Pereira, antepasado de Nuno Álvares Pereira, regresou ao castelo ao saber da infidelidade conxugal da súa esposa, Inês Sanches, namorada dun frade do mosteiro de Bouro, e tras fechar as portas ordenou prenderlle lume á alcazaba, provocando a morte tanto dos amantes como do persoal que alí traballaba por non denunciaren o feito.

Xa en 1264 o alcaide Godinho Fafez, bisneto de Fafez Luz, señor dos dominios de Lanhoso na época de Afonso Henriques, nomeou como sucesor Mem Curvo. O rei Dinis de Portugal concedeu foros á vila de Póvoa de Lanhoso o 25 de setembro de 1292, que foron renovados por Manuel I de Portugal no Foral Novo o 4 de xaneiro de 1514.

Santuario da Nosa Señora do Pilar

Castelo De Lanhoso 
Santuario da Nosa Señora do Pilar.

Co inicio da Idade Moderna, consolidadas as fronteiras do reino, o castelo perdeu progresivamente a súa importancia estratéxica, quedando abandonado e en ruínas. O proceso acentuouse a partir de finais do século XVII, cando André da Silva Machado, un comerciante do Porto, decidiu erguer unha réplica do Santuario do Bom Jesus de Braga. En 1680 obtivo autorización para demoler o antigo castelo e reaproveitar a pedra para edificar un santuario baixo invocación da Nosa Señora do Pilar. Iniciouse así o desmonte de parte da barbacana e das murallas, edificándose no interior do recinto unha igrexa, a escalinata e as capelas de peregrinación.

As obras do santuario proseguían en 1724, como testemuñou Peeter van Craesbeeck en Memórias Ressuscitadas da Província de Entre Douro e Minho no ano de 1726, onde describe o estado de ruína do castelo. Esta situación corrobóraa o reitor Paulo Antunes Alonso en Memórias Paroquiais de 1758, ao referir que restaba apenas a torre da homenaxe, da cal a esquina suroeste fora damnificada por un raio.

Recuperación

O castelo foi clasificado como Monumento Nacional por Decreto de 16 de xuño de 1910, publicado no DG nº 136 de 23 de xuño de 1910.

En 1938 a Direcção-Geral dos Edifícios e Monumentos Nacionais (DGEMN) deu inicio a obras de consolidación e restauración, incluíndose traballos de prospección arqueolóxica, limpeza, reconstitución dos dous cubelos ladeando o portón de entrada, do arco dese portón, da torre da homenaxe, de anacos das murallas e aínda de dunha estrada de acceso ao castelo, así como de obras no santuario. Leváronse a cabo novas actuacións en 1958-1959, 1973 e 1975-1976. En 1996 o castelo foi reaberto ao público, logo de que a Câmara Municipal con apoio da Associação Adere-Lanhoso procedesen a realizar traballos de limpeza e consolidación de estruturas, así como á remodelación dos pisos interiores da torre.

Arquitectura

O recinto está situado a 385 metros de altitude. Ten planta hexagonal irregular, de estilo románico e gótico. O portón de entrada está no muro sur, a carón da torre da homenaxe, con arco quebrado, flanqueado por dous torreóns ameados de planta cuadrangular. A muralla é percorrida por adarve protexido por un parapeto encimado por ameas piramidais, algunhas das cales presentan aberturas con troneiras.

A torre da homenaxe sitúase na cota máis elevada do terreo, cara ao leste. Ten planta cuadrangular, e foi erguida a partir dos primitivos alicerces romanos (tres torreóns equidistantes). As súas paredes, de case dez metros de altura, superan o metro de grosor. Unha escaleira de pedra comunica a porta da torre en arco quebrado, rasgada a tres metros do chan, coa praza de armas, de planta cuadrangular e uns 500 m², onde se erguían a morada do alcaide e demais dependencias, incluída a cisterna.

No exterior, o recinto está defendido por unha barbacana de planta aproximadamente elíptica, na cal se rasga, cara ao norte, o portón de entrada, ao que se accede por unha escaleira tallada na rocha e que está flanqueado por un cubelo ameado. Un segundo cubelo érguese cara ao leste.

Alcaides de Lanhoso

  • Martim Pires Machado (1200 -?)
  • Fafes Sarrazins de Lanhoso
  • Álvaro Pires Machado, "o Velho", alcaide-mor de Lanhoso
  • Francisco Anoio, alcaide-mor de Lanhoso
  • Gonçalo Machado, alcaide-mor de Ervedo e Lanhoso
  • Gonçalo Rodrigues de Sousa, alcaide-mor de Lanhoso
  • Pedro Álvares Machado, alcaide-mor de Lanhoso

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Castelo De Lanhoso HistoriaCastelo De Lanhoso ArquitecturaCastelo De Lanhoso Alcaides de LanhosoCastelo De Lanhoso NotasCastelo De Lanhoso Véxase taménCastelo De LanhosoCastelo (fortificación)Distrito de BragaPortugalPóvoa de Lanhoso

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Irene VillaCopa LibertadoresVacaLiberalismoJosé Luis GilHoratio NelsonHimno Nacional de ChileCastro CaldelasFonoteca 92MarxismoFútbol gaélicoTrahamundaPalauEminemMandiocaPediastrumLista de deuses celtasCarlismoMario CaneiroGotemburgoAgora RepúblicasAntolín FaraldoOleirosBlottingYouTubeChimpínFonte de Oliva, ValboaLista de palabras galegas de orixe celtaNacionalismo galegoEstocolmoSegar's RollRegina García GarcíaVómito (grupo musical)IdeoloxíaGarcía Pardiñas Vilar de FrancosCantiga de amigoGran Premio de Mónaco de 2014Vicente RiscoBrahim DíazHuelvaListenbourgAutoritarismoXabier DeiveNatalia JunqueraSanxenxoBucetaDavid BroncanoLiam NeesonCronoloxía da segunda guerra mundialAgustín Reguera OcampoCarqueixaArenqueEl tiempo entre costuras (serie de televisión)Lista de episodios de Dragon Ball Z KaiCarlos II de InglaterraVolta ao País Vasco 2018The InterviewCarles PuigdemontRubén RiveraTamara CanosaPasadena, CaliforniaAs NevesRocco SiffrediQuercus2003Xosé Manuel PiñeiroSri LankaContactorGalería de imaxes de arañas de Galicia🡆 More