Cartas Católicas

As Cartas católicas é unha división dos libros do Novo Testamento que abrangue os escritos en forma epistolar que se atribúen a distintos apóstolos.

O adxectivo católico hai que tomalo no seu sentido etimolóxico de universal.

Características, autores e datas de composición

As cartas chámanse católicas por contraposición ás cartas particulares de Paulo de Tarso. As deste sempre tiñan como destinataria unha comunidade concreta (Roma, Corinto...), mentres que as católicas van dirixidas aos critiáns en xeral.

Todas as cartas se titulan co nome do apóstolo que figura como autor. Neste caso, o termo autor habería que entendelo nun senso moi amplo, un pouco ao xeito do que, na filosofía grega, sucede con Pitágoras e a súa escola. Hai que pensar nun autor que crea arredor del un grupo de discípulos, neste caso unha comunidade cristiá, e que inspira os escritos que estes redactan.

En canto as datas de composición, algúns dos escritos se sitúan entre os máis serodios do Novo Testamento, arredor do ano 100 ou 110.

As cartas

Tal como as atopamos hoxe nas versións modernas da Biblia, as cartas ordénanse por tamaño, da máis longa á máis breve:

  • Carta de Santiago: destaca o seu contido social con tons case revolucionarios. Na cuestión teolóxica sinalar a reflexión sobre a relación entre fe e obras e os parágrafos que serven de base bíblica ao sacramento da unción de enfermos.
  • I Carta de Pedro
  • II Carta de Pedro
  • I Carta de Xoán: destaca a reflexión sobre o “Deus é amor”.
  • II Carta de Xoán
  • III Carta de Xoán
  • Carta de Xudas

Tags:

Novo Testamento

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

AdrenalinaPampallínMarçal Moliné22 de xulloRamón CabanillasIsabel II do Reino UnidoPardo de CelaMoinanteAdolfo SuárezPablo EcheniqueMexacánFauna de GaliciaSexo analVoleibolAustraliaSete SabiosAlcaldes da CoruñaFernando Salgado VarelaRacing Club de FerrolRusiaGerardo Pardo de VeraManuel Curros EnríquezCarballedo, Cerdedo-CotobadeRibeiraTeresa García-SabellTraxe galegoRafael NadalCarmen LovelleHDaniel de la TorreDodroAlfabeto galegoPerífrases verbais galegasFesta da Palabra SilenciadaEcce HomoEditorial GalaxiaFerrer BassaOman AirAdriano Correia de OliveiraEmilio González AfonsoFC Ilves (feminino)LandraÁlvaro CunqueiroFermin MuguruzaSusana FortesDodecágonoMimosaRosalía de CastroToxo arnalPontedeumeMaría Xosé QueizánValentín García GómezDía das Letras GalegasRexina VegaIndiaVox populipdwqjO divino saineteJude BellinghamTMercedes QueixasIrene JunqueraAntónio de Oliveira SalazarVictoria Núñez LópezForcareiDavid SuchetGolfiño comúnParroquias de GaliciaConcellos de GaliciaTelexornalRevolución dos caraveisManuel Lourenzo SobralDigital object identifierGoizuetaSegunda República Española🡆 More