Cándido María Trigueros: Escritor español

Cándido Melchor María Trigueros Díaz de Lara y Luján, nado en Orgaz, Toledo, o 4 de setembro de 1736, e finado en Madrid o 20 de maio de 1798, foi un escritor, hebraísta, tradutor e dramaturgo ilustrado español.

Infotaula de personaCándido María Trigueros
Biografía
Nacemento(es) Cándido Melchor María Trigueros Díaz de Lara y Luján Editar o valor em Wikidata
4 de setembro de 1736 Editar o valor em Wikidata
Orgaz, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte20 de maio de 1798 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Os seus avós paternos procedían de Burguillos, na provincia de Toledo. Cándido foi fillo dun contador do Palacio Real, Melchor Trigueros Díaz de Lara e da súa primeira muller, Teresa Sánchez, ámbolos dous naturais de Toledo; tivo dous irmáns máis vellos, Miguel Antonio e Manuela Teresa. A súa familia trasladouse cando o pai obtivo o cargo de contador dende Orgaz a Madrid en 1739. Unhas febres contraídas na súa nenez que se volveron crónicas deparáronlle durante toda a súa vida subsecuente unha saúde fráxil.

Obtivo a protección do seu tío paterno Juan Trigueros Díaz de Lara, oficial maior da Secretaría de Graza e Xustiza, secretario do Rei e cabaleiro da Orde de Carlos III, ó que a súa tradución da traxedia Británico de Jean Racine en 1752 deparara a honra de ser nomeado membro supernumerario da Real Academia Española. Ós quince anos, en 1751, comezou a estudar filosofía no madrileño colexio de dominicos de Santo Tomás; por entón Pedro Rodríguez Campomanes encomiou os seus versos latinos e Trigueros decidiu inclinarse ó cultivo da poesía en lingua romance; os seus primeiros versos son traducións das Odas de Horacio e da Eneida de Virxilio. Tamén traducirá do grego as fábulas de Conón (1768). Por entón asiste ó faladoiro neoclásico de Agustín de Montiano y Luyando, cuxo falecemento chorará nun idilio cuxa publicación impediu o seu inimigo Campomanes. Ós dezaseis anos deixa os seus estudos de filosofía para acompañar ó recentemente nomeado bispo de Córdoba Francisco de Solís Folch de Cardona á súa diocese. Alí retoma os seus estudos de Filosofía no Seminario San Pelagio e empeza os de Teoloxía. A súa estancia cordobesa foi curta, pois en 1755 o até entón bispo Solís foi nomeado arcebispo de Sevilla, con residencia na propia capital hispalense, polo que de novo trasladouse seguindo ó prelado. En 1756, ordénase de subdiácono en Sevilla, e obtén un beneficio eclesiástico en Carmona (1757) e outro en Pilas (1769), ó que renunciou por mor da súa crebada saúde.

Notas

Tags:

1736179820 de maio4 de setembroEspañaMadridProvincia de Toledo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

País Vasco6 de marzoJéssica AlbiachFeniciaLista de castelos de PortugalLista de nomes femininos en galegoIndiaChícharoAlejandro Fernández ÁlvarezNava CastroLibro de familiaAntía OteroExército Guerrilheiro do Povo Galego CeiveMediaWikiNarónFlorentino PérezGalileo GalileiSonia MéndezFranciaLista de programas de Televisión EspañolaSénecaMaribel VerdúEstación de Santa Cruz de ArrabaldoXosé Luís Méndez FerrínGrupo EroskiCanle (enxeñaría)Francisco Porto MellaVicente RiscoWikiEva CárdenasCamilo Díaz BaliñoMatthew PerryCopia por contactoArxevide, Cesar, SarriaNatalia de MolinaConsello da Cultura GalegaBoiroXunta de GaliciaManteigaMaría Xosé QueizánPere AragonèsRamón VillaresO padriñoAbancaGalego-portuguésJosé Luis Rodríguez ZapateroLugares de BoimortoMúsica tradicional galegaClub Bosco de BaloncestoJude BellinghamXuñoVito CorleoneCurtisYouTubeAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoCoordenadas xeográficasVal do DubraRamón Otero PedrayoXosé Neira VilasGaliciaLuis Ferrer i BalsebreCarballoPoloniaDios ke te crewSinfonía n.º 9 (Beethoven)VG-2.1Benito KamelasIntranetManuel FragaXabier Deive🡆 More