Bandeira Do Xapón

A bandeira do Xapón, coñecida como Nisshōki (日章旗?) ou Hinomaru no hata (日の丸の旗?) traducido como o disco solar en xaponés, consiste nun fondo branco cun gran disco vermello (representando ao sol) no centro.

As súas proporcións son de 2:3; o disco atópase exactamente no centro e o diámetro do mesmo é igual a tres quintas partes da medida vertical.

Bandeira do Xapón
Bandeira do Xapón
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción27 de febreiro de 1870 (como símbolo civil)
13 de agosto de 1999 (oficial)
Cores     Branco     Vermello

Non se coñece cando comezou a empregarse como símbolo pero quedaron recollidos discos solares en abanos pregables chamados guisen que datan do século XII e foron debuxados por guerreiros samurai (bushi). Durante os séculos XV e XVI, na Era Sengoku, o Hinomaru foi usado como insignia militar. O círculo vermello sobre o fondo branco era o máis común, pero tamén empregouse un círculo dourado sobre un fondo de cor azul escuro.

Quedou documentado o emprego do Hinomaru como símbolo no século XVI. Tamén comezou a ser utilizado nos barcos enviados ao estranxeiro polo menos dende o século XVII. Porén, ata 1854 non se regulou expresamente o uso do Hinomaru nas naves xaponesas para que non fosen confundidas con embarcacións estranxeiras.

O 27 de xaneiro de 1870, durante a Era Meiji, o Hinomaru foi oficialmente declarado nun decreto a bandeira do Xapón para a mariña mercante.

O Hinomaru comezou a ser pendurado en edificios gobernamentais en 1872 e pouco despois comezou a ser empregado pola poboación como símbolo nacional.

Durante a ocupación norteamericana trala segunda guerra mundial o uso do Hinomaru foi restrinxido. Só en 1999 foi oficialmente adoptada como símbolo nacional na Lei Acerca da Bandeira e o Himno Nacional.

Outras bandeiras

Tags:

Axuda:XaponésBandeiraXaponésXapón

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Carlos III do Reino UnidoSikhClase (bioloxía)Borja Fernández Fernández (1981)AlpesJean-Claude Van DammeContactRibadeoLista de palabras galegas de orixe celtaWilliam Marks Simpson2003Francisco FrancoMarineda CityMesopotamiaLiberdadeGina RodriguezJoe Lieberman1917MadagascarForo do bo burgo de Castro CaldelasBetaninaAlcóntarPadre CasaresRepública Social ItalianaCoímbraPartido Popular de GaliciaSexoPenélope Cruz9 de abrilCaliforniaCallitriche hamulataA esmorgaAs NevesRiba-roja de TúriaHarry Potter e o misterio do príncipeMario CaneiroHargeisaIsaac VilaTopónimos célticos en GaliciaMarxistaMarçal MolinéLucía VeigaSionismoJosé Manuel LageO Barco de ValdeorrasDistritos de PortugalEurocopa de FútbolTorre EiffelIbai LlanosDaniel de la TorreAppleTalkEdiciones AgoeiroGoogleCervantesFervenza do ÉzaroArboBrasilMaría JamardoGoogle ChromeOPMLSnoop DoggJosé SacristánVómito (grupo musical)Premios Mestre MateoSergio DalmaLalínBieito XVI, papaPosición aconchegadaPortadaIn My Head (canción de Jason Derulo)TwitterXogoBenito VicettoValenciaFátima PegoEliseo Seoane BardancaAzor🡆 More