Athenea Del Castillo: Futbolista española

Athenea del Castillo Beivide, nada en Solares, Medio Cudeyo, o 24 de outubro de 2000, é unha futbolista española que xoga como dianteira no Real Madrid da Primeira división.

Internacional dende 2020 coa selección española, conquistou con esta a Copa do Mundo de 2023.

Athenea del Castillo
Athenea Del Castillo: Traxectoria, Vida persoal, Palmarés
Información persoal
Nome Athenea del Castillo Beivide
Nacemento 24 de outubro de 2000
Lugar de nacemento Solares
Altura 1,60 m.
Posición Dianteira
Información de club
Club actual Real Madrid
Número 22
Carreira xuvenil
2011–2013 Reocín
2013–2017 Ave Fénix Racing
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2017–2019 Racing Féminas 46 (37)
2019–2021 Deportivo da Coruña 49 (11)
2021– Real Madrid 59 (11)
Selección nacional
2018–2019 España sub-19 13 (2)
2019 España sub-20 0 (0)
2019 Cantabria 1 (1)
2020– España 25 (6)
Na rede
IMDB: nm14403864 UEFA: 250118555 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 19 de maio de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Inicios en Cantabria

Comezou a xogar no Reocín, na súa Cantabria natal, aos 11 anos, pasando máis tarde ás filas do equipo sucesor deste, o Ave Fénix Racing, que acabou por converterse na sección feminina do Racing de Santander. Permaneceu no club ata o final da tempada 2018/19, militando na Segunda División.

Deportivo da Coruña

En agosto de 2019 asinou polo Deportivo da Coruña, equipo que acababa de ascender á Primeira División, tras unha dura disputa entre os dous clubs pola ficha da xogadora.

Debutou na máxima categoría o 8 de setembro de 2019, nun partido ante o Espanyol e marcou o seu primeiro gol o 19 de xaneiro de 2020, cunha espectacular xogada na que se internou na área caneando a varias xogadoras do Betis antes de disparar á portería. O equipo acadou esa tempada o cuarto posto na liga. Xogou durante dúas campañas no club galego, disputando 49 partidos e logrando 11 goles.

Real Madrid

O 26 de xullo de 2021, tras o descenso do Deportivo, anunciouse a súa fichaxe polo Real Madrid.

Selección española

Selección sub-19

Internacional coa selección española sub-19, con só 17 anos foi convocada polo seleccionador Jorge Vilda para disputar a Eurocopa sub-19 en Suíza. Marcou un gol no último partido da fase de grupos ante Francia e xogou a final contra Alemaña no Tissot Arena, onde o equipo español se proclamou campión.

Xogou tamén a seguinte edición do torneo, un ano despois. Participou en todos os partidos da súa selección, que perdeu nas semifinais ante Francia por 3-1, sendo Athenea a autora do único gol español no partido.

Selección absoluta

Debutou coa selección absoluta en outubro de 2020, nun partido ante a República Checa en La Cartuja, converténdose na primeira xogadora do Deportivo da Coruña en vestir a camiseta da selección española. Once meses despois anotou o seu primeiro gol internacional, facendo o cuarto dos sete goles españois ante Hungría.

En 2022 foi convocada por Vilda para disputar a Eurocopa en Inglaterra e participou en todos os partidos de España no torneo, caendo en semifinais ante a selección anfitrioa. Un ano despois disputou a Copa do Mundo celebrada en Australia e Nova Zelandia. Participou en tres dos partidos da selección española, que acabou gañando o seu primeiro título mundial tras derrotar na final a Inglaterra.

Vida persoal

Mantén unha relación sentimental co futbolista galego Isra Pérez, ao que coñeceu mentres el defendía a camiseta do Fabril e ela a do Deportivo da Coruña Feminino.

Palmarés

    Selección española
    Selección española sub-19
  • Eurocopa sub-19 (1): 2018.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Athenea Del Castillo TraxectoriaAthenea Del Castillo Vida persoalAthenea Del Castillo PalmarésAthenea Del Castillo NotasAthenea Del Castillo Véxase taménAthenea Del Castillo20002020202324 de outubroCopa do Mundo de Fútbol FemininoDianteiro, dianteiraEspañaFútbolMedio CudeyoPrimeira división española de fútbol feminino

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

XapónApp Store (iOS)Yolanda DíazEduard del Castillo VelascoElxokasCódigo QRLibrary of Congress Control NumberMichael JacksonSalgueiro MaiaProxyGerardo Pardo de VeraCarlos III de EspañaFrancisco Castro VelosoIris Gey López25 de abrilXabier DíazDios ke te crewMikaMiley CyrusLicenciado MolinaA viaxe de ChihiroSayenEstadio Municipal de BalaídosJosé CoronadoJavier Arias FouzHannah ArendtDavid BustamanteVilaxoán, Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de ArousaGuillermo VicenteParadigmas dos verbos irregulares galegosGabriel García MárquezSabugueiroJava (linguaxe de programación)Paco JémezUTeresa CasalPeníscolaHTMLNee BarrosDiego Rivas GutiérrezMartiño de DumioCMSAlberto Núñez FeijóoAranésIker MuniainBóvedaEsther EstévezTea Rooms. Mujeres obrerasCariorrexeLuka ModrićXeración NósAcademia Chinesa de CienciasErros e TánatosCampo Municipal de Las LlanasPeneCarlos SedesDover (banda)GalernaConcellos de GaliciaSegunda división española de fútbolLingua inglesaPorto, PortugalJorge PeteiroCaralloDiego Martínez PenasXosé Ramón Fernández-OxeaJosé Ernesto Díaz NoriegaChorimaBillardaTina TurnerAnxo Quintana🡆 More