Día Da Ascensión

O Día da Ascensión é unha festa cristiá que se celebra corenta días despois do Domingo de Resurrección (durante o Tempo pascual) e que conmemora a ascensión de Xesucristo ao ceo en presenza dos seus discípulos tras anunciarlles que lles enviaría o Espírito Santo.

Día Da Ascensión
Ascensión de Xesús, obra de Giotto.

Doutrina cristiá

A doutrina cristiá sostén comunmente que Cristo ascendeu en forma física ao Ceo tras a súa Resurrección en presenza dos seus Apóstolos. Enténdese por "ascender ao ceo" unha unión física con Deus Pai e non unha transformación espiritual do individuo como é habitual nas experiencias místicas doutras relixións.

Este aspecto do misterio pascual relaciónase coa importancia dada pola teoloxía cristiá á corporeidade, que a Palabra de Deus asumiu na Encarnación, que é glorificada na Ascensión de Cristo á dereita de Deus Pai e que os mortos recobrarán, dalgún xeito, na Resurrección do fin dos tempos.

Nárrase este episodio en Marcos 16, 19; Lucas 24, 50-51 e Feitos dos Apóstolos 1, 9-11. A liturxia cristiá afirma a Ascensión no Credo de Nicea-Constantinopla e no Credo dos Apóstolos.

Data

Día da Ascensión, 2010-2020
Ano Catolicismo e Protestantismo Ortodoxia
2010 13 de maio
2011 2 de xuño
2012 17 de maio 24 de maio
2013 9 de maio 13 de xuño
2014 29 de maio
2015 14 de maio 21 de maio
2016 5 de maio 9 de xuño
2017 25 de maio
2018 10 de maio 17 de maio
2019 30 de maio 6 de xuño
2020 21 de maio 28 de maio

Tags:

Ascensión de XesucristoCristiáDomingo de ResurrecciónEspírito Santo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lope de VegaCarbohidratoFelip PedrellForo (contrato)TrackbackThe ArtistLuz FandiñoGaliciaBenito KamelasSandra GonzálezManuel RomayANoiaCantiga de amigoBilbaoTonhito de PoiMesopotamiaNósAntía OteroÁcido oleicoHans ZimmerColocación do pronome átono en galegoGérard DepardieuC (linguaxe de programación)Lingua indonesiaMaribel VerdúRamón CamposLuís García MañáEva Iglesias MiguénsKristen StewartBillardaVerbos galegos ser, estar e irForcareiCarlos MoyáDominio públicoVigoFragas do EumeRSSBubelaAC-440Arco da vellaEstados Unidos de AméricaTamara CanosaPrimeira cruzadaLeBron JamesFrancisco Fernández ReiCarlos SedesSeseoEnciclopediaJosé Quiroga Pérez de DezaLila (planta)Diocese católica latina de Mondoñedo-FerrolVacalouraMoisés Rodríguez PérezPeter HiggsTeixoBudismoBiscaiaTapparaErros e TánatosFiat luxA poeta analfabetaPaula CabaleiroIndiaCarta xeométrica de GaliciaCianuro de hidróxenoClint EastwoodCAPTCHACastro de ViladongaLista das aves de GaliciaSidraCouto MixtoAdolfo SuárezÁlvaro Cunqueiro🡆 More