Aminath Faiza, nada o 29 de setembro de 1924 e finada en Malé o 25 de febreiro de 2011, foi unha escritora maldivana en lingua maldivana.
(2005) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de setembro de 1924 Maldivas |
Morte | 25 de febreiro de 2011 (86 anos) Malé, Maldivas |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Maldivas |
Actividade | |
Ocupación | poeta , escritora |
Lingua | Lingua maldivana |
(Daisy Maa) Aminath Faiza comezou a escribir poesía aos dezaseis anos, inspirada polo seu tío materno, o poeta Bodufen Valhugey Seedhi. "Thiththibe", como Faiza o chamaba, recitáballe os seus poemas cando os remataba.
Na década de 1950 comezou a dar a coñecer a súa obra, cando Mohamed Amin Didi, o primeiro Presidente das Maldivas, creou o Lhen Veringe Gulzaar (Xardín da Poesía Maldivana). Aminath Faiza foi elixida a Daisy Maa, a margarida do xardín. Desde entón publicou a súa obra en revistas e xornais, así como diversos libros de compilacións. Os seus poemas son de temática amorosa, social, relixiosa e nacionalista. Faiza colaborou con Rayyithunge Muthagaddim, o primeiro partido político fundado nas illas Maldivas, da man do presidente Mohamed Ameed Didi. Traballou como directora adxunta da antiga escola Madrasat-ul Saniyya, e no Centro de Investigacións Históricas e Lingüísticas das Maldivas, período no que axudou a recompilar o dicionario maldivo. Escribiu o seu último poema no 50 aniversario da escola Iskandhar o 5 de febreiro de 2011.
Morreu logo de sufrir un ictus no Hospital Indira Gandhi Memorial en Malé. Foi soterrada no cemiterio de Aa Sahara. Tivo tres fillos, Ahmed Abbas, Aminath Abbas e Mohamed Hilmy, e seis netos, Eleena Ahmed Abbas, Mona Ahmed Abbas, Marina Ahmed Abbas, Kashif Hilmy, Hathif Hilmy e Yadhya Hilmy.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Aminath Faiza, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.