Alóctono

Alóctono (en grego: allos, outro, chthon, terra), fai referencia a calquera ente (biolóxico ou non) que non é indíxena do lugar onde se atopa.

páxina de homónimos de Wiki
Alóctono
A cortadeira, exemplo de flora alóctona en Galicia.

Bioloxía e ecoloxía

En ecoloxía e en bioloxía, fai referencia a aqueles nutrientes ou materiais que se incorporaron a un ecosistema desde o exterior do mesmo, ou ben aquelas especies que foron introducidas de forma artifical no ecosistema. Son de especial interese as especies invasoras polos problemas que representan, orixinando en moitos casos fortes perdas económicas. Estas perdas orixínanse na perda de servizos ambientais pola diminución ou extinción de especies autóctonas e polas pragas no campo da agronomía como no caso do coello. Porén, estas perdas non están restrinxidas a estes campos, posto que as especies alóctonas tamén son capaces de causar graves problemas en ámbitos como o da enxeñería, coma no caso do mexillón cebra.

Paleontoloxía

En tafonomía, dise que un resto ou un fósil é alóctono cando foi trasportado fóra do lugar ou área onde foi producido. Os mecanismos poden ser por resedimentación na fase biostratinómica ou reelaboración na fosildiaxenética.

Xeoloxía

En xeoloxía, aplícase ós materiais que se orixinaron noutros lugares diferentes. En sedimentoloxía refírese a que os compoñentes dunha rocha ou formación sedimentaria foron arrincados da formación orixinal para resedimentarse noutra rexión: os flyschs son depósitos alóctonos. Ese desprazamento pode deberse a arrastres producidos polos glaciares ou ríos, grandes correntes submarinas, por rodamento por gravidade nas ladeiras entre outros procesos. Na xeodinámica refírese a fragmentos de codia terrestre que foron transportados por procesos tectónicos tales como mantos de corremento, cabalgamentos ou grandes desprazamentos de rumbo. Os Alpes e o Himalaia presentan numerosos bloques alóctonos e ó redor do océano Pacífico recoñecéronse varias zonas alóctonas.

Linguas e poboacións

O termo alóctono referido unicamente a linguas faladas nun territorio ou etnias presentes nun territorio, refírese ó feito que ditas linguas ou etnias desenvolvéronse historicamente fóra de dito territorio e só en tempos recentes ou historicamente documentados asentáronse ou desprazáronse a un territorio diferente do territorio onde se desenvolveu historicamente a lingua ou etnia. Neste sentido oponse a autóctono ou indíxena.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Alóctono Bioloxía e ecoloxíaAlóctono PaleontoloxíaAlóctono XeoloxíaAlóctono Linguas e poboaciónsAlóctono NotasAlóctono Véxase taménAlóctonoLingua grega

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

CangasColocación do pronome átono en galegoHans ZimmerPaulino PereiroLingua casteláBilbaoCabo Norte, NoruegaCamilo Nogueira RománXestaPeer-to-peerJéssica BouzasRibadeoA EstradaAmancio OrtegaSistema operativoCarmen LovelleSan PetersburgoNacho CastañoFrancisco Castro VelosoOldhamAmaia Martínez GrisaleñaLista de programas de Televisión EspañolaPontellaAntonio López FerreiroWikiRaquel Castro MartínezCessna T-37 TweetO comparativo galegoCastro de Punta do BicoRebel MoonCarlomagnoJesús Vázquez AlmuíñaBigues i Riells del FaiRamón Otero PedrayoPapuxa das amorasVacaLista de episodios de Shin ChanAdriano Correia de OliveiraMaruxa MalloRosario DúrcalCamiño de SantiagoSalvador IllaMaría Jesús MonteroChorimaMerloGran Guerra IrmandiñaFesta dos maiosRevolución dos caraveisGalego-portuguésFranciaO Barco de ValdeorrasSílvia OrriolsPornografíaPablo Iglesias TurriónCarrizo (paxaro)PalmaAustraliaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoCaquetáVila de CrucesEduardo MendozaEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Punta UmbríaAna TurpinA chave das nocesMaría JamardoRosalía de CastroSonsoles EspinosaShinovaGalaicosFrancisco AsoreyJordi PujolSuíza🡆 More