A-57: Autovía de Pontevedra a Vilaboa

A Autovía do Atlántico ou A-57 é unha futura autovía situada no corredor occidental de Galicia, que discorrerá dende A Coruña ata O Confurco (Ponteareas), pasando por Santiago de Compostela e Pontevedra.

Autovía A-57, Autovía do Atlántico
TipoloxíaAutovía
RedeRede de estradas do Estado
Lonxitude150 +/- km
Localización
InicioA Coruña
FinO Confurco (Ponteareas)

Na actualidade, dividiuse para a súa tramitación en bastantes treitos, con diferentes estados. O único treito en obras é o traxecto entre Vilaboa e A Ermida, que pertence á circunvalación leste de Pontevedra.

A A-57 empezará na cidade da Coruña, aproveitará a autovía AC-14 dende o seu inicio ata a súa conexión coa A-6, irá ata Santiago ao oeste da N-550 e a AP-9. En Santiago de Compostela circunvalará polo oeste, creando unha auténtica circunvalación circular en dita cidade. Logo rodeará Padrón, Pontecesures e Valga polo oeste chegando a Curro onde haberá un gran nó de conexións coa AP-9, AG-41 a Sanxenxo e a futura AG-47 a Vilagarcía de Arousa. O último treito, coa tramitación máis avanzada e os proxectos construtivos listos, bordeará Pontevedra polo leste, en Vilaboa terá conexións coa AP-9 e a futura A-59 a Vigo, logo subirá polo monte para chegar á zona do Confurco, nas proximidades do Porriño, onde se conectará coa A-52 e a A-55.

Ata o 1 de outubro do 2015, a A-57 ía dende Barro ata O Confurco. En 2015, cambiouse a orixe ata a cidade da Coruña e foi bautizada co novo nome de Autovía do Atlántico.

Treitos

Denominación Treito Quilómetros Ano servizo / Estado (2020)
AC-14 A Coruña - Ledoño A-6) 10,2 Tramo Lonzas-A Zapateira: 2015
Tramo A Zapateira-Ledoño: 2011
Ledoño (A-6) - Ordes Norte - Pendente novo estudo informativo
Ordes Norte - Ordes Sur 12,2 Estudo informativo
Ordes Sur - Sigüeiro Sur 11 Estudo informativo
Sigüeiro Sur - Padrón Norte 35 Estudo informativo
Padrón Norte - Valga 6,2 Estudo informativo
Valga - Barro - Pendente novo estudo informativo
Barro (conexión AP-9, AG-47 e AG-41) - Pilarteiros 10,2 Estudo informativo aprobado
(pendente da licitación do proxecto)
Pilarteiros - A Ermida (circunvalación de Pontevedra tramo 2) 5,04 Estudo informativo rematado (sometida información pública)
(pendente de relicitación de proxecto)
A Ermida - Vilaboa (Circunvalación de Pontevedra tramo 1) 6,48 En obras (apertura prevista 2024)
Vilaboa - Soutomaior (conexión A-59) 7,5 En redacción de proxecto (proxecto adxudicado o 09/09/2009)
Soutomaior - Pazos de Borbén 6,1 En redacción de proxecto (proxecto adxudicado o 07/08/2008)
Pazos de Borbén - Padróns 7,1 En redacción de proxecto (proxecto adxudicado o 02/04/2009)
Padróns - O Confurco (Ponteareas A-52) 7,2 En redacción de proxecto (proxecto adxudicado o 02/04/2009)

Notas

Tags:

A CoruñaGaliciaPonteareasPontevedraSantiago de Compostela

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Cristianismo e homosexualidadeGalera (barco)Richard SerraAnimalForcareiCameloCB San Pablo BurgosBacteria gramnegativaTurcoAscaris lumbricoidesEsteroidePedro I do BrasilLingua erzyaRusiaFactor intrínsecoFoca comúnCarmen Rodríguez DacostaQuiralidade (química)Guerra civil rusaAporia crataegiAmérica do NorteLista de reis de BabiloniaSarcopterygiiDisolución da Unión SoviéticaAtlanta FalconsPortadaMelanie GriffithLingua inglesaCarboxiloCarlito syrichtaAs Pontes de García RodríguezAncaraAngela MerkelÁcido palmíticoVilla MediciCancro colorrectalOscar RobertsonArmeniaLuleåParque nacionalPorto RicoLinguas xermánicasPragaIsabella BirdCaldeirónChipreCarlos GardelÁcido sapiénicoVigoNoitevellaActinopterygiiHistoria AugustaOcéano AtlánticoRaleigh, Carolina do NorteTeoría de conxuntosFukuokaMaría I de InglaterraLogaritmoGlándula uropixialPonte de RandeRubén RiveraNeornithesMarjorie Emory SimpsonWilliam Smith (lexicógrafo)Lingua latinaShirley ChisholmMundial de Fútbol de 2022BorschPietro BadoglioPiñeiroMukhannathunLinguas de EuropaSexo analEuropa🡆 More