MusicBrainz é un proxecto cuxo obxectivo é a creación dunha base de datos musical de contido aberto.
MusicBrainz recolle información sobre música gravada, nomes de artistas, títulos, listaxes de cancións, datas de publicación, etc. O 30 de xaneiro de 2016, MusicBrainz contiña información de arredor dun millón de artistas, un millón e medio de álbums e máis de quince millóns e medio de gravacións.
MusicBrainz | |
---|---|
Tipo | base de datos de música en liña, metadata registry e aplicación de catalogación social |
Data de fundación | 17 de xullo de 2000 |
Fundador(es) | Robert Kaye |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://musicbrainz.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os rexistros fanse grazas ao traballo de editores voluntarios que seguen unhas normas de edición precisas. As obras rexistradas poden conter outra información como a data de gravación, país de orixe ou a duración das cancións. Os usuarios finais poden utilizar programas que se comunican con MusicBrainz para etiquetar os seus arquivos de son como MP3, Ogg Vorbis ou AAC.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: MusicBrainz |
This article uses material from the Wikipedia Galego article MusicBrainz, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.