Willard Frank Libby, nado en Grand Valley (Colorado) o 17 de decembro de 1908 e finado nos Ánxeles (California) o 8 de setembro de 1980, foi un químico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1960.
Realizou a súa educación primaria na zona de Sebastopol, California, entre 1913 e 1926. Estudou química na Universidade de Berkeley, onde se licenciou en 1931; doutorouse en 1933 e iniciou a súa tarefa docente. En 1943 foi nomeado profesor de Química na Universidade de Chicago. Posteriormente trasladouse á Universidade de Berkeley onde permaneceu durante 10 anos, tras os cales obtivo unha bolsa da Guggenheim Memorial Foundation coa que traballou na Universidade de Princeton, ata que, en decembro de 1941, tivo que interromper a súa bolsa durante a segunda guerra mundial, xa que foi chamado a colaborar no proxecto Manhattan na Universidade de Columbia
En 1943 foi nomeado profesor de Química na Universidade de Chicago, onde permaneceu ata o seu nomeamento polo presidente Eisenhower en 1954 como membro da Comisión de Enerxía Atómica dos Estados Unidos. En 1959 renunciou ao devandito cargo para volver ensinar química como profesor na Universidade de California, Os Ánxeles, aínda que entre 1960 e 1962 continuou sendo membro do comité consultivo xeral da AEC (Comisión de Enerxía Atómica dos Estados Unidos), posto ao que tamén renunciou en 1962 ao ser nomeado director do Instituto de Xeofísica e Física Planetaria.
Durante a segunda guerra mundial participou activamente no desenvolvemento dun procedemento de separación dos isótopos de uranio que se realizou na Universidade de Columbia, como fase inicial do coñecido Proxecto Manhattan de fabricación da bomba atómica. Durante a súa estancia no Proxecto Manhattan traballou á beira de Harold Clayton Urey e foi o responsable da separación e o enriquecemento dos isótopos do uranio-235, os cales foron usados na bomba atómica lanzada sobre a cidade xaponesa de Hiroshima.
Especializado no estudo da radioactividade nos tecidos vivos, en 1949 introduciu o cómputo cronolóxico baseado na radioactividade do carbono-14 contido nos restos orgánicos, para determinar a súa idade, coñecido como datación baseada no carbono 14.
En 1960 foi galardoado co Premio Nobel de Química polo desenvolvemento do método carbono 14 para a análise temporal.
O seu libro Radiocarbon Dating, foi publicado pola Universidade de Chicago en 1952, e reeditado en 1955.
Predecesor: Jaroslav Heyrovský | Premio Nobel de Química 1960 | Sucesor: Melvin Calvin |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Willard Libby, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.