Verán De San Martiño: Bo tempo que adoita darse a mediados de novembro

Denomínase popularmente verán de San Martiño aos días cálidos que adoitan darse próximos ao 11 de novembro, data na que se celebra este santo.

Segundo a tradición, Martiño de Tours partiu a súa capa para protexer do frío a un pobre e dise que eses días de bo tempo concédeos Deus en memoria deste xesto.

Esta expresión dáse en moitas linguas romances coma o portugués (verão de São Martinho), catalán (estiuet de Sant Martí) ou francés (été de la Saint Martin); tamén en outros ámbitos lingüísticos coma o éuscaro (Sanmartinetako uda txiki), alemán (Martinssommer) ou polaco (świętomarcińskie lato).

Climatoloxía

Os valores climáticos de referencia (1981-2010) para o mes de novembro en Galicia son de 10,9 °C de temperatura media e 173 L/m² de precipitación media. Porén, podemos comprobar que adoitan darse períodos anticiclónicos a mediados deste mes caracterizados por deixar temperaturas agradables e ceos despexados con ausencia de precipitacións.

Refraneiro

  • "O verán de San Martiño son tres días e un pouquiño."
  • "O verán de San Miguel vaise coma o mel, e o de San Martiño é máis pequeniño."
  • "O verán de San Martiño ou é grande ou pequeniño."
  • "Non te fíes do veranciño de San Martiño, que che é curto e pillo."
  • "Tras o veranciño de San Martiño chega Nadal co seu inverniño."
  • "Polo San Martiño, veranciño; pola Santa Isabel, inverno a encher."
  • "O veranciño de San Martiño dura o que o can a pasar o camiño."

Notas

Tags:

11 de novembroMartiño de Tours

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ramón Otero PedrayoPenélope CruzJosé Castiñeira PardoFidel CastroProxyExaculaciónJavier GutiérrezCachaloteRibadeoUPrimeira guerra mundialArboGrupo RompentePío BarojaRosalía de CastroBóvedaXosé FortesRedondelaHydrangeaNacho CastañoJason StathamDiego González RivasWinston ChurchillUxío NovoneyraEva CárdenasJosé Manuel García-MargalloReino de GaliciaPirámide de necesidades de MaslowXulloNoruegaA gaita gallega (libro)Estrella GaliciaLCaralloJorge LorenzoMichael JacksonRaoul VázquezAdolf HitlerMúsica tradicional galegaAliança CatalanaSalgueiroGarcía II de GaliciaBugalloLingua casteláCarlo AncelottiZakat al-FitrAlejandra MurguíaPegsatHaxixTeresa García-SabellA viaxe de ChihiroHLA-DMBernardino GrañaJorge PeteiroFelipe GonzálezCandela PeñaZeca AfonsoPazo BaiónGooglePatricia Argerey VilarCMSMondraIgnacio Rivera QuintanaCatedral de Santiago de CompostelaIsidoro de SevillaSalvador García-BodañoMaría PitaLista de presidentes da República PortuguesaAMartina Aneiros BarrosMarta DahlgrenHarry StylesEstadio Municipal de AnoetaRede privada virtualCantinflasPablo Picasso🡆 More