Tore André Flo, nado en Flo o 15 de xuño de 1973, é un exfutbolista e adestrador infantil noruegués.
Tore André Flo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Tore André Flo | ||
Nacemento | 15 de xuño de 1973 | ||
Lugar de nacemento | Stryn | ||
Altura | 1.93 | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1993–1994 | Sogndal | 44 | (21) |
1995 | Tromsø | 26 | (18) |
1996–1997 | Brann | 40 | (28) |
1997–2000 | Chelsea | 112 | (34) |
2000–2002 | Rangers | 53 | (29) |
2002–2003 | Sunderland | 29 | (4) |
2003–2005 | Siena | 63 | (13) |
2005–2006 | Vålerenga | 24 | (4) |
2006–2008 | Leeds United | 23 | (4) |
2008–2009 | Milton Keynes Dons | 13 | (0) |
2011–2012 | Sogndal | 22 | (2) |
Total | 483 | (180) | |
Selección nacional | |||
1995–2004 | Noruega | 76 | (23) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
É irmán dos tamén futbolistas Jostein Flo e Jarle Flo, e curmán de Håvard Flo. A súa carreira deportiva transcorreu entre Noruega e o Reino Unido. Os seus momentos de maior recoñecemento pasounos en clubs como o Chelsea ou o Rangers. Tamén xogou no Siena da serie A italiana.
Foi internacional con Noruega, coa que marcou 23 goles en 76 partidos e coa que disputou o Mundial de 1998.
Tras retirarse da competición profesional en xuño de 2010 estableceu en Inglaterra con Sean Faulkner a súa propia academia de fútbol, que adestra a nenos e mozos en diferentes escolas, clubs, campos de vacacións e centros de excelencia. En 2011 volveu a competir en Noruega mais en 2012 retirouse definitivamente, e logo volveu ao Chelsea, adestrando no Cobham Training Centre a menores de catorce anos.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Tore André Flo, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.