A oitava tempada da serie de animación The Simpsons emitiuse orixinalmente dende o 27 de outubro de 1996 até o 18 de maio de 1997, comezando con « Treehouse of Horror VII».
Os produtores executivos da oitava tempada foron Bill Oakley e Josh Weinstein. A tempada contivo dous episodios que orixinalmente foron producidos para a sétima, a cal tamén foi producida por Oakley e Weinstein. Tamén incluíu dous episodios nos cales os show runners foron Al Jean e Mike Reiss.
A oitava tempada gañou varios premios, incluíndo dous premios Emmy: «Homer's Phobia» gañou o premio Mellor Programa Animado (de duración menor a unha hora) en 1997, e Alf Clausen e Ken Keeler gañaron na categoría «Mellor Logro Individual en Música e Letras» coa canción «We Put The Spring In Springfield» do episodio «Bart After Dark». Clausen tamén recibiu un nomeamento para os Emmy por «Mellor Dirección Musical» por «Simpsoncalifragilisticexpiala(Annoyed Grunt)cious». «Brother from Another Series» foi nomeado para os Emmy por «Son dunha Serie de Comedia ou un Especial». Por «Homer's Phobia», Mike Anderson gañou o Premio Annie ao «Mellor Logro Individual: Dirección dunha Produción Televisiva», e o premio WAC por «Mellor Director dunha Serie de Horario Central» na Celebración de Animación Mundial de 1998. A Gay & Lesbian Alliance Against Defamation premiou ao episodio co premio GLAAD Media por «Mellor Episodio de Televisión».
A versión en DVD foi lanzada á venda na Rexión 1 o 15 de agosto de 2006, na Rexión 2 o 2 de outubro de 2006, e na Rexión 4 o 27 de setembro de 2006. Os DVD foron lanzados en dúas formas distintas: unha cabeza da forma da de Maggie para unir as formas das cabezas de Marge e Homer das tempadas anteriores, e tamén unha caixa rectangular estándar. Como o compilado da sétima tempada, ambas as versións están á venda por separado.
# | Data da emisión orixinal | Código de produción | Título |
---|---|---|---|
154 - 8.01 | 27 de outubro de 1996 | 4F02 | "Treehouse of Horror VII" |
155 - 8.02 | 3 de novembro de 1996 | 3F23 | "You Only Move Twice" |
156 - 8.03 | 10 de novembro de 1996 | 4F03 | "The Homer They Fall" |
157 - 8.04 | 17 de novembro de 1996 | 4F05 | "Burns, Baby Burns" |
158 - 8.05 | 24 de novembro de 1996 | 4F06 | "Bart After Dark" |
159 - 8.06 | 1 de decembro de 1996 | 4F04 | "A Milhouse Divided" |
160 - 8.07 | 15 de decembro de 1996 | 4F01 | "Lisa's Date with Density" |
161 - 8.08 | 29 de decembro de 1996 | 4F07 | "Hurricane Neddy" |
162 - 8.09 | 5 de xaneiro de 1997 | 3F24 | "El Viaje Misterioso de Nuestro Jomer (The Mysterious Voyage of Homer)" |
163 - 8.10 | 12 de xaneiro de 1997 | 3G01 | "The Springfield Files" |
164 - 8.11 | 19 de xaneiro de 1997 | 4F08 | "The Twisted World of Marge Simpson" |
165 - 8.12 | 2 de febreiro de 1997 | 4F10 | "Mountain of Madness" |
166 - 8.13 | 7 de febreiro de 1997 | 3G03 | "Simpsoncalifragilisticexpiala(Annoyed Grunt)cious" |
167 - 8.14 | 9 de febreiro de 1997 | 4F12 | "The Itchy & Scratchy & Poochie Show" |
168 - 8.15 | 16 de febreiro de 1997 | 4F11 | "Homer's Phobia" |
169 - 8.16 | 23 de febreiro de 1997 | 4F14 | "Brother from Another Series" |
170 - 8.17 | 2 de marzo de 1997 | 4F13 | "My Sister, My Sitter" |
171 - 8.18 | 16 de marzo de 1997 | 4F15 | "Homer vs. The Eighteenth Amendment" |
172 - 8.19 | 6 de abril de 1997 | 4F09 | "Grade School Confidential" |
173 - 8.20 | 13 de abril de 1997 | 4F16 | "The Canine Mutiny" |
174 - 8.21 | 20 de abril de 1997 | 4F17 | "The Old Man and the Lisa" |
175 - 8.22 | 27 de abril de 1997 | 4F18 | "In Marge We Trust" |
176 - 8.23 | 4 de maio de 1997 | 4F19 | "Homer's Enemy" |
177 - 8.24 | 11 de maio de 1997 | 4F20 | "The Simpsons Spin-Off Showcase" |
178 - 8.25 | 18 de maio de 1997 | 4F21 | "The Secret War of Lisa Simpson" |
This article uses material from the Wikipedia Galego article The Simpsons (tempada 8), which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.