Teresa Romero

Teresa Romero Ramos, nada en Becerreá en 1970, é unha enfermeira que se converteu na primeira paciente galega de ébola.

Infotaula de personaTeresa Romero
Biografía
Nacemento(es) Teresa Romero Ramos Editar o valor em Wikidata
1970 Editar o valor em Wikidata (53/54 anos)
Becerreá, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

A enfermeira estaba destinada no Hospital Carlos III de Madrid cando foron internados nel dous pacientes españois, Miguel Pajares e Manuel García Viejo, ambos os dous cooperantes relixiosos en Liberia e Serra Leoa. Estes dous pacientes foron tratados por un mesmo equipo médico durante os meses de agosto e setembro de 2014, e faleceron no hospital ao non sobrevivir a enfermidade.

Catro días despois do falecemento de Manuel García Viejo, o 29 de setembro de 2014, Teresa Romero empezou a experimentar os primeiros síntomas da enfermidade con febre elevada. Foi tratada inicialmente nun centro de saúde de Alcorcón, no Hospital de Alcorcón e posteriormente no mesmo Hospital Carlos III, onde ingresou en illamento o 6 de outubro.

As probas que se lle practicaron demostraron que desenvolvera a enfermidade do ébola, co que se converteu no primeiro contaxio producido fóra das rexións onde a enfermidade é endémica. As vías de contaxio non foron determinadas, pero a hipótese asumida como máis probable é que se producise a través dunha luva que estivera en contacto cun dos pacientes, mentres se mudaba de roupa.

O seu contaxio foi seguido dunha ampla repercusión social en España. O seu home foi illado en corentena e o seu can sacrificado. Despois de botar uns días ingresada e de practicárenselle distintos tratamento, logrou superar a enfermidade.

Foi nomeada Filla predilecta de Becerreá en decembro de 2015.

Notas

Tags:

1970BecerreáGaliciaÉbola

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Partido Comunista pola República GalegaEscáncerDinastía MingCastro CaldelasSloganMáximo común divisorFudbalski Klub Crvena ZvezdaO IrixoChimpínOurenseBud SpencerJorge C. AlonsoUNVIRibadaviaXúpiterPedro RieloMadagascarJosé Antonio Primo de RiveraMr. TRiba-roja de TúriaThe InterviewAndorraRepública ChecaPortomarínArboAníbal MalvarLista de deuses celtasPediastrumMario Vargas LlosaPúrpuraBarcelonaLista de concellos de PontevedraRubén Lois GonzálezJoe LiebermanRenda básica universalMaribel VerdúCopa do SarConcellos de GaliciaRobert PattinsonAmieiroLista de episodios de Dragon Ball Z KaiJean-Claude Van Damme2003Raquel AtanesQuimera (mitoloxía)María do Socorro Ortega RomeroLingua romancheLuís TosarChâmoa Gomes de PombeiroJacques-Louis DavidPío XIIA Trabe, San Román de Montoxo, CedeiraSylvester StalloneArzúaRosario Porto OrtegaCaso Asunta BasterraRosendo SalvadoAdánLiberalismoQEDFinados en 2024Filipe II de EspañaNetflixDeputación da CoruñaLista das aves de GaliciaEuropaEurocopa de Fútbol🡆 More