Ruta Dos Miradoiros

A ruta dos miradoiros é unha ruta turística de Ribadeo establecido en 2005 que percorre miradoiros xa existentes.

Ruta Dos Miradoiros
Illa Pancha.

Ruta

Parte dende a Praza de España, pasando por detrás da Torre dos Moreno e desprazándose polas rúas da Trindade e Bispo Veres (a man dereita) cara ao miradoiro da Atalaia.

  • O miradoiro da Atalaia está o carón da capela máis antiga de Ribadeo; a capela da Nosa Señora da Trindade. Datada do século XII cunha porta gótica do século XIV. O lugar serviu noutrora para protexe-la vila coas súas murallas e ten coma reflexos dos obxectivos defensivos do lugar dous canóns na parte baixa do miradoiro. Tamén hai unha vista da ría de Ribadeo, dos restos da muralla, o porto e da outra beira da ría, os pobos asturianos das Figueiras e Castropol. Pola noite, dispón dun xogo de luces que intensifican a súa beleza.

Dando a volta pola mesma rúa de entrada, ou dende a parte inferior polas antigas escaleiras, chegamos á rúa Antón Otero que vai en dirección á ría. No fondo remata no paseo marítimo (e outras rúas). Neste paseo achamos na esquerda o porto deportivo de Porcillán, e á dereita un dos recheos da ría. Se ascendemos pola rúa Calvo Sotelo podemos continuar cara ó paseo do Faro, sempre á vista da ría. Se collemos pola vella rúa de ascenso ó pobo, chegamos a rúa Viejo Pancho e pola man dereita nos metemos por unha pequena rúa que vai dar a rúa San Miguel. Desta pásase, polo ameado cuartel vello, a rúa Calvo Sotelo, saíndo de novo ó paseo do Faro que se percorre seguindo o carón da Ría de Ribadeo. Aquí hai tres miradoiros: Capela de San Miguel, que fai oposición á asturiana de san Román, dando entre ambas o nome á 'ponte dos Santos' que une as dúas ribeiras da ría, o do Cargadoiro, antigo cargadoiro de mineral, metálico antes e de madeira agora, rodeado dun parque e que ten ó seu pé unha praia, chamada asemade do cargadoiro, e o da illa Pancha, estrutura moderna de madeira que mira sobre o mar Cantábrico e os entrantes e saíntes costeiros máis próximos.

  • O miradoiro de San Miguel está a carón da capela do mesmo nome. O miradoiro, o mesmo que a ponte dos Santos, ten unha excelente vista sobre o porto deportivo. As actividades marítimas danlle un punto de vista diferente a este miradoiro, que é punto privilexiado para olla-las regatas de bote de vela latina, exclusivos da ría de Ribadeo, que se celebran durante o verán.
  • O miradoiro do Cargadoiro é outro punto de parada obrigada. A ambas beiras deste miradoiro discorre o paseo da beira da Ría de Ribadeo. Resalta del unha estrutura de madeira en beiril sobre a ría, sostida polos piares do antigo cargadoiro de mineral de ferro que forman parte da historia industrial de Ribadeo (na primeira medade do século XX). Dende alí pódese ver a particular riqueza paisaxística da ría e da zona, augas limpas, rochas e calas pedregosas. Á esquerda está o Forte de San Damián, construción militar do século XVIII de carácter defensivo rehabilitada no ano 1995, usada como sala municipal da arte e para outras actividades (hai pouco realizouse alí un campamento musical). Agocha un que parece un bonito reloxo de sol, que reta o visitante a coñecer a que hora se atopa nese momento, e que en realidade é un esquema da arcada.
  • O miradoiro da illa Pancha é o punto final da Ría de Ribadeo, a Carón do faro. O mar cobra protagonismo nun miradoiro apacible ou onde se pode recoller o furor do mar. Á súa vez esta arrodada de zonas con pequenas calas rochosas. Tamén cerca dela queda a praia das Rochas Brancas. Tras a ponte de acceso a illa (normalmente de acceso prohibido) atópase o faro antigo, e xusto o seu carón levántase o faro moderno que sinala a entrada da ría. Un panel na entrada da illa da información e describe a historia do primeiro deles.

Unha volta alí, podemos emprende-lo retorno polo mesmo lugar ata chegar a rúa Calvo Sotelo. Ó fondo dela tornamos cara a dereita e xa estamos na rúa de San Roque (nela podemos ver fermosos edificios burgueses, as chamadas 'casas de indianos' de primeiros do século XX). Pasada a capela da Virxe do Camiño (escasamente a 100 m.) temos a sinalización do miradoiro de Santa Cruz. Hai que afastarse 2,5 km da vila nun ascenso cunha pendente media dun 5 %. Chegados o miradoiro de Santa Cruz, completamos unha ruta de lonxitude duns 11,5 km completamente asfaltados e pavimentados.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

2005Ribadeo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Antigo ExiptoQuiralidade (química)Sexo analÁcido nonacosílicoBadalonaNoitevellaEuropaJosé Luis GilCoreano (peixe)Albatros viaxeiroCosta da MorteProvincias de EspañaFukuokaMaría do Socorro Ortega RomeroPimpíns de DarwinAgora RepúblicasPorto, PortugalEtanolReiquiavikEdicto de MilánIsambard Kingdom Brunel1789Deportivo da CoruñaVía da pentosa fosfatoEsteroide sexualCetoacidoseGianluigi BuffonPaís VascoSabuguido, Vilariño de ConsoStoffel VandoorneEguaLista de ríos de GaliciaCarmen Rodríguez DacostaCorallium rubrumInés ArrimadasFasiánidosTranscrición xenéticaTeatro de EpidauroLinguas altaicasMcLarenFlorencia PeñaRío LimiaMundial de Fútbol de 2006SalgueiroMaría JamardoOcéano AtlánticoMundial de Fútbol de 1982Segunda República EspañolaGrupo EroskiBisonte europeoIlla de NadalPediastrumMúsculo deltoideLingua samoanaLista de vehículos de Mercedes-BenzGalloanseraeTeleósteosPeleoFerraraPeixes serraBrendon HartleyALecitinaConcellos de GaliciaAsnoHistoriografíaGalileo GalileiHistoria AugustaCrise financeira de 2007-2008Glándula uropixialProvincia de OurenseManuel JaboisGallus gallus domesticusLista de castelos de Portugal🡆 More