Ronseltz

Ronseltz foi un grupo poético formado na Coruña entre 1984 e 1985 por Xoán C.

Rodríguez, Manuel Cortés, Miguel A. Montes (Miki Nervio), Serxio Iglesias e Xabier Cordal. O colectivo foi abandonando toda actividade nos inicios da década dos noventa. En 1994 Edicións Positivas publicaría Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados, única obra do grupo, reeditada en 2014.

Ronseltz
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Historia

Nos inicios participaron tamén o artista plástico XAMS, Roberto Salgueiro e Júrgio Valinhas. Ronseltz deuse a coñecer mediante recitais en varios puntos dentro e fóra de Galicia e publicou tres revistas co mesmo nome entre 1985 e 1987. A súa posta en escena oscilaba entre o humor posmoderno e a provocación punk. Coa palabra como referente case único, Ronseltz utilizaba ocasionalmente, non sen ironía, referencias á vangarda e medios propios da performance.

Algunhas revistas, como O Mono da Tinta, Luzes de Galiza ou A Trabe de Ouro, incluíron textos de Ronseltz. Porén, a publicación de Unicornio de cenorias... supuxo, co grupo xa desaparecido, a difusión nacional do seu papel na revitalización da poesía dos 80, ancorada maioritariamente en fórmulas rituais e contido neodecadentista. Así foi recoñecido por poetas de xeracións posteriores.

Todos os membros do grupo continuaron en solitario actividades literarias, artísticas e musicais.

Publicacións

  • Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (Positivas, 1994)

Notas

Tags:

198419851994A CoruñaEdicións PositivasManuel CortésMiki NervioSerxio IglesiasXabier CordalXoán Carlos Rodríguez

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xabier DíazWikiRomaO comparativo galegoArkanoAntonio del VillarEstadio Municipal de RiazorSydney SweeneyRoko (actriz)Montse DopicoJosé Benito Suárez CostaJude BellinghamAntón CorralCarqueixaFingeringBandeira de GaliciaPrimeira guerra mundialFesta dos maiosLuís Pérez BarralPablo OteroNicolás González AllerProvincias de EspañaErnesto Sánchez PomboIntocableColmenar ViejoMar SánchezAs dúas MaríasIgnacio Rivera QuintanaEnforcamentoCristina LosadaRoberto Carlos da SilvaFilipe II de EspañaThe Rolling StonesSonsoles EspinosaFederico Pérez LagoIturenBipartito galegoCaralloLedicia CostasZaelLotus CarsLista de programas de Televisión EspañolaLois XV de FranciaPosicións sexuaisNova YorkNordés (vento)Copia por contactoGas naturalAlbert EinsteinSlipknotLagarto arnalBieito RubidoBerta DávilaJean-Claude JunckerJason StathamCristina PichelPrestigeTito AsoreyJuan Manuel de PradaDía Internacional dos TraballadoresBenito MussoliniRenda básica universalRusiaMaio na cultura popular galegaJorge LorenzoTati MoyanoBruce WillisLalínSéculos EscurosCarlos SoberaWolfgang Amadeus Mozart28 de abrilTamara de LempickaMarínGalego-portuguésGheada🡆 More