Riesen Ludwigsburg

O Riesen Ludwigsburg (do alemán: Xigantes de Ludwigsburg), coñecido por motivos de patrocinio como MHP Riesen Ludwigsburg, é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Ludwigsburg, Saxonia.

Fundado en 1960, actualmente compite na Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto xermano. O equipo xoga os seus partidos como local no MHPArena, pavillón con capacidade para 5 325 espectadores.

Riesen Ludwigsburg
Riesen Ludwigsburg
Información xeral
Liga BBL
Fundación 1960
Historia DJK Ludiwgsburg (1960–1970)
SpVgg 07 Ludwigsburg (1970–1987)
BSG Basket Ludwigsburg (1987–2012)
Cores           Amarelo, negro
Presidente Alemaña Alexander Reil
Adestrador Riesen Ludwigsburg John Patrick
Patrocinador MHP
Localización
Cidade Alemaña Ludwigsburg, Alemaña
Pavillón MHPArena
Capacidade 5 325
Inauguración 1 de outubro de 2009
mhp-riesen-ludwigsburg.de

Historia

O Riesen Ludwigsburg foi fundado en 1960 como a sección de baloncesto do club polideportivo DJK Ludwigsburg. Na temporada 1979–80, o equipo ascendeu por vez primeira á máxima categoría, a Basketball Bundesliga. Entre 1970 e 1987, o club foi coñecido como SpVgg 07, xa que formaba parte do club polideportivo SpVgg Ludwigsburg. En 1987, o equipo separouse de SpVgg e pasou a chamarse BSG Basket Ludwigsburg. En 2008, o Ludwigsburg chegou á final da Copa de Alemaña por primeira vez, mais perdeu contra os Artland Dragons por 60-74.

Na temporada 2016–17, o Ludwigsburg participou na temporada inaugural da Basketball Champions League (BCL), onde foi eliminado por tan só no conxunto da eliminatoria dos cuartos de final polo Banvit turco. Esta campaña marcou a mellor actuación europea do equipo na súa historia, xa que era a primeira vez que chegaban aos play-offs dunha competición europea. Na temporada 2017-18, o Ludwigsburg mellorou esa actuación ao chegaren á Final Four da BCL. O equipo conseguira eliminar ao Oldenburg en oitavos de final (162−149) e ao medi Bayreuth en cuartos (170−163). Con todo, o Ludwigsburg perdeu en semifinais contra o AS Monaco por 65−87. No xogo polo terceiro posto o equipo perdeu por 74−85 ante o UCAM Murcia. O 19 de xullo de 2019, David McCray, que estaba no club desde 2015, anunciou a súa retirada, sendo o seu número 4 o primeiro dorsal retirado na historia do club. A temporada 2019-20 alterouse debido á pandemia de COVID-19 e, nun torneo final a porta pechada en Múnic, o Luwdigsburg alcanzou a súa primeira final da liga alemá, aínda que perderon ante o Alba Berlin en dous partidos.

Patrocinadores

Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:

  • DJK Ludwigsburg (1960–1970)
  • SpVgg 07 Ludwigsburg (1970–1987)
  • BG Ludwigsburg (1987)
  • BSG Basket Ludwigsburg (1987–2012)
  • EnBW Ludwigsburg (2012)
  • Neckar Riesen Ludwigsburg (2012–2014)
  • MHP Riesen Ludwigsburg (2014–presente)

Temporadas

Ano Nivel Liga Pos. Copa Europa
1985–86 2 2. BBL
1986–87 1 Bundesliga 10º
1987–88 1 Bundesliga
1988–89 1 Bundesliga
1989–90 1 Bundesliga 3 Copa Korać R1
1990–91 1 Bundesliga 3 Copa Korać R2
1991–92 1 Bundesliga 3 Copa Korać R3
1992–93 1 Bundesliga 3 Copa Korać R32
1993–94 1 Bundesliga 3 Copa Korać R1
1994–95 1 Bundesliga
1995–96 1 Bundesliga 12th
1996–97 1 Bundesliga 14º
1997–98 2 2. BBL
1998–99 2 2. BBL
1999–00 3 Regionalliga
2000–01 2 2. BBL 5th
2001–02 2 2. BBL
2002–03 1 Bundesliga 12º
2003–04 1 Bundesliga 13º
2004–05 1 Bundesliga Terceiros
2005–06 1 Bundesliga
2006–07 1 Bundesliga Terceiros
2007–08 1 Bundesliga 13º Subcampións 2 ULEB Cup RS
2008–09 1 Bundesliga 11º
2009–10 1 Bundesliga 11º
2010–11 1 Bundesliga
2011–12 1 Bundesliga 16º
2012–13 1 Bundesliga 17º
2013–14 1 Bundesliga
2014–15 1 Bundesliga
2015–16 1 Bundesliga 2 Eurocup R32
2016–17 1 Bundesliga Semifinalista 3 Champions League CF
2017–18 1 Bundesliga Rolda de clasificación 3 Champions League
2018–19 1 Bundesliga 10º Oitavos de final 3 Champions League TS
2019–20 1 Bundesliga Oitavos de final
2020–21 1 Bundesliga Fase de grupos

Xogadores

Destacados

  • Riesen Ludwigsburg  Karim Jallow
  • Riesen Ludwigsburg  Markus Jochum
  • Riesen Ludwigsburg  Bertram Koch
  • Riesen Ludwigsburg  Konstantin Konga
  • Riesen Ludwigsburg  Jens Kujawa
  • Riesen Ludwigsburg  Zeddie Locke
  • Riesen Ludwigsburg  Goran Kalamiza
  • Riesen Ludwigsburg  Mark Montgomery
  • Riesen Ludwigsburg  Mike King
  • Riesen Ludwigsburg  Walter Palmer
  • Riesen Ludwigsburg  Peter Schomers
  • Riesen Ludwigsburg  Jerry Green
  • Riesen Ludwigsburg  Jon Brockman
  • Riesen Ludwigsburg  Coby Karl
  • Riesen Ludwigsburg  D. J. Kennedy
  • Riesen Ludwigsburg  Marcos Knight
  • Riesen Ludwigsburg  Royce O'Neale
  • Riesen Ludwigsburg  Mustafa Shakur
  • Riesen Ludwigsburg  Jaleen Smith
  • Riesen Ludwigsburg  Michael Stockton
  • Riesen Ludwigsburg  Andrius Giedraitis
  • Riesen Ludwigsburg  Donatas Zavackas
  • Riesen Ludwigsburg  Povilas Čukinas
  • Riesen Ludwigsburg  Matthew Bryan-Amaning
  • Riesen Ludwigsburg  Takumi Ishizaki

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Riesen Ludwigsburg HistoriaRiesen Ludwigsburg XogadoresRiesen Ludwigsburg NotasRiesen Ludwigsburg Véxase taménRiesen LudwigsburgAlemañaBaloncestoBasketball BundesligaLingua alemáSaxonia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Volta ao País Vasco 2018Elvira Fernández BalboaYan GeFelaciónCitroën 2CVImperialismoAnthony GiddensSantuario do Bom Jesus do MonteRafael LouzánEspañaImperio SelxúcidaSegunda guerra mundialFútbol americanoMecánica clásicaMasturbación coas mamasBilbaoA VeigaRastroLibertarioPosicións sexuaisRichard SerraAustraliaÁngel RodalFrancisco Miguel Llanos TrápagaJosé María BesteiroHard GZTerceira InternacionalGustave MoreauAppleTalkAlfonso MolinaSalamancaEuropaLista de episodios de Sakura, cazadora de cartasSantuario de Nosa Señora da PenedaPortomarínTomás IribarrenJagoba ArrasateVichyDitaduraGooglePatacaRoko (actriz)O hobbitClase (bioloxía)Música das películas de Chano PiñeiroRaxáGmailAmancio López SeijasGlenn Research CenterPaspallásAliados da segunda guerra mundialPolíticaCelanovaRefreyLista de castelos de PortugalHoratio NelsonToni AcostaWilliam Marks SimpsonBorja Fernández Fernández (1981)PortugalGalileo GalileiPontevedraGran DepresiónJackie ChanRe-TROSZoroastrismoLontreiraJorge C. AlonsoLista das aves de GaliciaFranquismoRocco Siffredi🡆 More