Río Xuba

O río Xuba (en amhárico, Ghenale; en somalí, Wabiga Jubba; en italiano, Giuba) é un importante río da África oriental, localizado no sur de Somalia, que comeza na fronteira con Etiopía, nas montañas Mendebo, na confluencia dos ríos Dawa e Ganale Doria ou Gebele, e flúe directamente cara ao sur até o océano Índico, onde desemboca xusto ao norte da cidade de Kismaayo, un dos portos máis importantes de Somalia, na rexión sureña de Xubalandia.

Xuba
Ghenale (en amhárico)
Wabiga Jubba (en somalí)
Giuba (en italiano)
Río Xuba
O río Xuba augas abaixo de Jamaame (Somalia)
PaísEtiopía Etiopía
Somalia Somalia
NacementoConfluencia dos ríos Dawa e Ganale Doria (Etiopía), preto da fronteira con Somalia
4°10′37.56″N 42°4′51.24″L / 4.1771000, -42.0809000
Altituden/d
LonxitudeJuba-Ganale Doria, 1.808 km
Solo, 1.004 km
Conca497.655 km².
Caudal medio187,3 /s
DesembocaduraOcéano Índico, preto de Kismaayo
0°15′01″S 42°37′50″L / -0.25028, -42.63056
Altitude desembocadura0 m
Cadea fluvialLagh Dera
Río Xuba
Conca do río Xuba
(Inclúese a conca do río Shebelle, habitualmente endorreico)

Xeografía

Río Xuba 
Ponte sobre o río Xuba en Bardhere (Somalia).

O río Xuba ten unha lonxitude de 1 808 km, e drena unha conca de 497 655 km².

En certos anos especialmente chuviosos, o Xuba pode recibir no seu treito final augas do case sempre endorreico río Shebelle, o que podería engadir á súa conca 336 604 km² máis.

A conca estrita do Xuba, sen considerar a parte que corresponde ao seu maior afluente, o río Lagh Dera, é de 221 000 km².

Os principais afluentes, ademis das súas fontes da parte alta, están no curso baixo e son o río Lagh Dera (ou Ewaso Ng'iro), de 700 km e, ocasionalmente, como xa se dixo, o Shebelle.

Flora e fauna

A rexión da conca hidrográfica do Xuba é fundamentalmente sabana, e é a parte máis rica do país debido ás súas fértiles terras de labranza.

A fauna autóctona inclúe xirafas, guepardos, leóns, leopardos, hienas, búfalos cafres, hipopótamos, crocodilos, órices, gacelas, camelos, avestruces, chacais e asnos salvaxes.

Historia

A fonte máis antiga dun europeo que visitara a rexión do Xuba (Xubalandia) é o informe do xesuíta portugués Jerónimo Lobo (Lisboa, 1593 – Coímbra 1678), quen, en 1624, tratou de seguir o curso do Xuba en Etiopía relatando que tivo que pasar a través das terras de nove pobos diferentes que «estaban continuamente en guerra uns cos outros e, aínda que estaba case seguro nas súas terras, no podía garantir a seguridade de ningunha persoa que dera un paso fóra delas», e regresou á India portuguesa para encontrar outro camiño.

Máis de dous séculos pasaron ​até que en 1863 o explorador alemán barón Karl Klaus von der Decken remontou o curso inferior do río nun pequeno barco de vapor. O barco naufragou nos rápidos situados augas arriba de Bardhere, onde a expedición foi atacada poos somalís locais, incidente que terminou coa morte do barón e a doutros tres membros do grupo.

O primeiro europeo que explorou amplamente e por completo o curso do río foi o explorador italiano Vittorio Bottego, asistido polo comandante da Armada británica F. G. Dundas. Bottego e o seu equipo navegaron 400 millas do río en 1891.

Durante a súa exploración, Vittorio Bottego cambiou o nome do principal afluente do Xuba —o río Ganale— polo de río Ganale Doria en honor ao famoso naturalista italiano Giacomo Doria.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Vittorio Bottego (1985): Viaggi di scoperta nel cuore dell'Africa: il Giuba esplorato, sotta gli auspici della Società geografica italiana. E. Loescher & co.
  • F. G. Dundas (1983): "Expedition up the Jub River through Somali-Land, East Africa", Geographical Journal, 1: 209-222.
  • Guida dell'Africa Orientale Italiana, Consociazione Turistica Italiana, Milán 1938, pp. 585–596.

Ligazóns externas

Tags:

Río Xuba XeografíaRío Xuba HistoriaRío Xuba NotasRío Xuba Véxase taménRío XubaEtiopíaKismaayoLingua amháricaLingua italianaLingua somalíOcéano ÍndicoPorto (comunicacións)RíoSomaliaXubalandiaÁfrica oriental

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

LareiraPontevedraSistema urinarioNuno García PicoEscola Universitaria de Deseño Industrial de FerrolElisa LoncónLuísa VillaltaCristianismoVerónica Martínez DelgadoAndoriña446Ronnie ThompkinsMaría MariñoAxoloteMiñocaTeoría cuántica de camposJosé Miñones BernárdezGolfo de CádizReino UnidoQuintaRexurdimentoManuel CabezasAnticorpoJuan Miguel Diz GuedesPaulino VázquezOsloCopia por contactoA CoruñaCecilia BaenaChimpínArticulación frontoparietalCarcinoma lobular in situHarvard University PressLista de xentilicios de concellos galegosSambesuga99Le MondeProteínaInstituto de Montes do PennMarcel ProustLista de castelos de Portugal1Lista de concellos da CoruñaCampus de EsteiroPilar de LaraXeaBandeira de GaliciaLista de WikipediasSeoGrupo NósXentilicio6CangasAlemañaAntía OteroIndiaHells AngelsCogomeloBillardaRosalía (cantante)9Jaime AlguersuariContigo PódeseDaniel de la TorreXavier Suárez-VenceFroila Vermúdez2021Cantigas de Santa María1994Rafael Hernanz AnguloXunta de GaliciaJosé Manuel LagePartido dos Socialistas de GaliciaCarolina DariasAustria🡆 More