Río Ebola

O río Ebola (ás veces ortografado Ébola) é un río situado no norte da República Democrática do Congo que é o curso superior do río Mongala, á súa vez afluente do río Congo.

Os ríos Dua (225 km) e Likame (130 km) teñen ambos os dous unha confluencia conxunta co río Ebola para orixinar o río Mongala. Os primeiros 225 km do curso superior do río Mongala corresponden ao río Ebola, e o curso inferior do Mongala ten outros 285 km.

Río Ebola
Río Ebola
O sistema fluvial dos ríos Ebola, Mongala, Dua e Likame no norte da República Democrática do Congo. Indícase a aldea de Yambuku, onde comezou o gromo de ebola en 1976 en Zaire (nome que daquela tiña o país).
PaísRepública Democrática do Congo
DesembocaduraRío Mongala
Río Ebola
Cunca do río Congo. O cadro da parte superior indica a rexión do Ebola, que está ampliada no mapa anterior.

O nome Ebola é unha adaptación en lingua francesa do nome local Legbala, en lingua ngbandi, que significa "auga branca". Durante a administración colonial belga utilizáronse eses dous nomes para o río, xunto coas denominacións Eau Blanche e, máis raramente, L'Ébola.

Nunha rexión próxima a por onde discorre este río deuse en 1976 un gromo epidémico dunha enfermidade hemorráxica nova producida por un virus descoñecido. Utilizouse o nome do río para darlle nome á doenza (enfermidade do virus Ebola), así como ao virus (virus Ebola ou EBOV, da especie Ebolavirus Zaire), e ao xénero destes virus (Ebolavirus). En realidade, a doenza empezara na vila de Yambuku, a uns 98 km ao sur das beiras do Ebola, pero o profesor Peter Piot, que lle deu o nome, preferiu non asociar o estigma da doenza con ningunha localidade e decidiu darlle o nome dun río relativamente próximo, que discorre pola rexión por onde viaxaran algúns dos primeiros afectados.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

20°57′38″L / 3.32333, -20.96056

Tags:

República Democrática do CongoRío Congo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Posición do misioneiro invertidaRachel WeiszFelaciónMecánica clásicaLugoO PortughésBenidormÁreas lingüísticas do galegoJagoba ArrasatePartido Popular de GaliciaJosé María BesteiroÓscar García PatiñoGheadaPonferradaEconomía de GaliciaRosendo SalvadoTartánSulfato de cobre (II)AlicúnLuísa VillaltaXabier DíazPasaporte de FidxiGalipediaChile (pemento)CourseraOleirosJean-Claude Van DammeCorea do NorteCarrizo (paxaro)Declaración BalfourPorto da LúaMáximo común divisorPaula AlvarellosPolafíasAgoladaÑHermann Heinrich GossenBenito KamelasCurtisMicciónEurocopa de FútbolIbai LlanosImperio SelxúcidaApartheidFestival de Bandas de música Meaño'92 (Fonoteca 92)Ángel RodalLionel MessiPierre Simon LaplaceNacionalismoZamoraEva CárdenasTwitter22ª edición dos Premios Mestre MateoXosefina de BeauharnaisAliados da segunda guerra mundialPosición do canEstañoForzas armadasOviedoCandela PeñaEstrasburgoEdiciones AgoeiroPonte das PíasCornizóFranquismoAustraliaC. TanganaMarylandCroaciaGran Premio do Reino Unido de 2017Vincent van GoghUS Airways🡆 More