O río Ebola (ás veces ortografado Ébola) é un río situado no norte da República Democrática do Congo que é o curso superior do río Mongala, á súa vez afluente do río Congo.
Os ríos Dua (225 km) e Likame (130 km) teñen ambos os dous unha confluencia conxunta co río Ebola para orixinar o río Mongala. Os primeiros 225 km do curso superior do río Mongala corresponden ao río Ebola, e o curso inferior do Mongala ten outros 285 km.
Río Ebola | |
---|---|
O sistema fluvial dos ríos Ebola, Mongala, Dua e Likame no norte da República Democrática do Congo. Indícase a aldea de Yambuku, onde comezou o gromo de ebola en 1976 en Zaire (nome que daquela tiña o país). | |
País | República Democrática do Congo |
Desembocadura | Río Mongala |
Cunca do río Congo. O cadro da parte superior indica a rexión do Ebola, que está ampliada no mapa anterior. | |
O nome Ebola é unha adaptación en lingua francesa do nome local Legbala, en lingua ngbandi, que significa "auga branca". Durante a administración colonial belga utilizáronse eses dous nomes para o río, xunto coas denominacións Eau Blanche e, máis raramente, L'Ébola.
Nunha rexión próxima a por onde discorre este río deuse en 1976 un gromo epidémico dunha enfermidade hemorráxica nova producida por un virus descoñecido. Utilizouse o nome do río para darlle nome á doenza (enfermidade do virus Ebola), así como ao virus (virus Ebola ou EBOV, da especie Ebolavirus Zaire), e ao xénero destes virus (Ebolavirus). En realidade, a doenza empezara na vila de Yambuku, a uns 98 km ao sur das beiras do Ebola, pero o profesor Peter Piot, que lle deu o nome, preferiu non asociar o estigma da doenza con ningunha localidade e decidiu darlle o nome dun río relativamente próximo, que discorre pola rexión por onde viaxaran algúns dos primeiros afectados.
20°57′38″L / 3.32333, -20.96056
This article uses material from the Wikipedia Galego article Río Ebola, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.