Potencial De Membrana

O potencial de membrana é a voltaxe da diferenza de potencial eléctrico a un lado e ó outro da membrana plasmática dunha célula.

A membrana das células está polarizada, debido a que hai un repartimento desigual de cargas eléctricas entre o interior e o exterior da célula. Isto crea unha diferenza de potencial, sendo o exterior positivo respecto ó interior.

Fundamento

O nivel do potencial de difusión a través dunha membrana que se opón exactamente á difusión neta dun ión particular a través da membrana denomínase potencial de Nernst.

O potencial de membrana non é o mesmo en todas as células (depende da orixe das mesmas), existen células que teñen -50mV e outras como o músculo que oscilan entre -50 e60mV.

No exterior, no líquido intersticial, o anión máis abundante é o de cloro. No citoplasma, os anións máis abundantes son as proteínas, que no pH celular ionízanse negativamente. O catión máis abundante no líquido intersticial é o de sodio, e no citoplasma o de potasio.

O desequilibrio iónico que produce a polarización da membrana é debido á distinta permeabilidade que presenta fronte a cada un dos ións. O ión de potasio atravesa a membrana libremente. A permeabilidade para o sodio é menor, e ademais é expulsado por medio dun transporte activo chamado bomba de sodio-potasio. As proteínas, debido ao seu tamaño, non poden atravesar libremente a membrana. Toda esta dinámica establece unha diferenza de potencial en condicións de repouso, duns -90mV.

Implicacións

A existencia deste potencial de membrana é imprescindible para a orixe e transmisión do impulso nervioso.

Tags:

CélulaMembrana plasmáticaPotencial eléctricoVoltaxe

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Paul AusterQatarPratos combinadosVulvaGran Premio de Miami de 2024MarContactMacbeth de EscociaEnrique León CalviñoDisparidadesFran AlonsoFrancisco FumegaLista de nomes femininos en galegoIndonesiaDiáspora galegaOs ÁnxelesSangueIsraelMaría Xosé QueizánA memoria da choivaJTeoPaporroiboPearl Harbor (filme)EscáncerFranklin D. RooseveltRajadellTagamanentLiteratura galega do século XXArroazViggo MortensenAturuxo (folclore)País VascoOllo de sapoCaravaggioCandela PeñaColocación do pronome átono en galegoPortadaIpswich Town F.C.ÁfricaJordi HurtadoManuel RivasContactorJason StathamLaLigaScarlett JohanssonMelendiFlorentino PérezLista de ríos de GaliciaOs pronomes persoais galegosFaiaIrene LouridoSuraPontevedraFlydubaiPotaBenito KamelasPeretVoo 571 da Forza Aérea UruguaiaVogais da lingua galegaJacobo BucetaLeiloio, Malpica de BergantiñosWayback MachineCariñaTom HanksRosalía de CastroPau GasolEscoba!Juan Luis GuerraJackson PollockDiego AnidoXinzo de LimiaJavier Irureta🡆 More