Placa Suramericana

A Placa suramericana é unha placa tectónica formada por litosfera continental e por litosfera oceánica, é dicir, mixta, que contén a Suramérica e ao suroeste do océano Atlántico.

Está rodeada pola placa africana polo leste, pola placa caribeña e norteamericana polo norte, pola placa de Nazca polo Oeste e pola placa antártica polo sur.

Placa Suramericana
A placa suramericana atópase no centro do mapa, pintada con morado.

Evolución

Placa Suramericana 
Panxea

Hai 225 millóns de anos formaba parte de Panxea, o único continente existente na Terra por entón. Suramérica estaba unida a África polo leste e a Norteamérica polo norte.

Hai 180 millóns de anos a Panxea sepárase. A placa suramericana forma parte da metade meridional, Gondwana. Aínda segue unida a África.

Hai 135 millóns de anos comézase a formar o Atlántico Sur, pola formación da Dorsal Suratlántica.

Hai 65 millóns de anos, segue crecendo o océano Atlántico, mentres a placa de Nazca subduce por debaixo da placa suramericana, o que provoca a formación da Cordilleira dos Andes.

Na actualidade segue crecendo o océano Atlántico a unha velocidade aproximada de 3 cm por ano. Ademais a placa de Nazca segue subducindo, o que provoca unha alta actividade sísmica no oeste de Suramérica.

En teoría, e sempre que non haxa un cambio, a placa suramericana tende a acercarse a Asia e a Australia, reducíndose o océano Pacífico. No futuro poderían chegarse a unir Suramérica con Australia e Asia.

Placa Suramericana 
Laurasia e Gondwana hai 200 millóns de anos.

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Litosfera oceánicaOcéano AtlánticoPlaca tectónicaSuramérica

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

BubelaGabriel García MárquezPortugalRoberto BautistaYouTubeLuís Pérez BarralGalego-portuguésDaniel de la TorrePortolamoso, Curtis, CurtisLista de presidentes da República PortuguesaAWStatsAlberte PagánLeopoldo RubidoBolboretaO Pedrouzo, Arca, O PinoFiúnchoPedro RieloCamilo Nogueira RománAgustín Fernández PazO incerto señor Don HamletLista de palabras galegas de orixe celtaNoelia ReyElena CandiaIrmandiñosVila de CrucesAbril na cultura popular galegaRexina VegaSelección de fútbol de GaliciaExaculaciónChorimaCangasMichael JacksonMergullón cristadoBidueiroJordi PujolRataRefraneiro galego sobre o panMomia de ManchesterSalgueiroOs vellos non deben de namorarseIker MuniainAmaia Martínez GrisaleñaHeraldo de ViveroRibeiraGonzalo LouzaoRacing Club de FerrolGaliciaHenrique VIII de InglaterraMar MediterráneoXosé Manuel Piñeiro2020BeteluÁcido dipicolínicoEleccións municipais en SadaGalería de imaxes de arañas de GaliciaOTANBreogánJuana AcostaRaquel Castro MartínezRías Baixas (serie de televisión)Avenida da Liberdade (Lisboa)Lingua galegaCaso Asunta BasterraSupermanLongueirón (molusco)MañónCPorno suaveAna Luísa BouzaJavier CasqueiroAeroporto de VigoBloque Nacionalista GalegoDiglosiaCristiano Ronaldo🡆 More