Período Tinita

O Período tinita ou protodinástico da Historia do Exipto Antigo vai desde o a unificación dos dous reinos, arredor de -3150, até a creación do Imperio Antigo de Exipto no -2700 coa III Dinastía.

Serie de artigos sobre a
Historia de Exipto
Período Tinita
Historia do Exipto Antigo
O Exipto grecorromano
O Exipto árabe
O Exipto otomán
Muhammad Alí e os seus sucesores
Historia do Exipto contemporáneo
Período Tinita
Anverso da Paleta de Narmer-

Historia e características

Segundo a lista de reis transmitida por Manetón, o primeiro faraón que unificou Exipto foi Menes. Con anterioridade existira un rei Escorpión (supostamente), que foi seguido por Ka, por Narmer e por Aha. Un destes dous últimos, posibelmente Narmer, é o Menes de que fala Manetón. O feito mítico da unificación está reflectido na paleta de lousa do rei Narmer, atopada en Hieracómpolis, que é probabelmente, o documento histórico máis importante de toda a historia de Exipto. A pose do rei, a punto de partirlle o cranio cunha maza a un inimigo, serviu de modelo para retratar os faraóns dos tres milenios posteriores. A tumba máis antiga de Saqqara é a de Aha. Este período durou uns cinco séculos e durante el reinaron a I e II dinastías. Unha vez establecida a unión do norte e o sur, aínda que precaria, procedeuse a protexer as fronteiras contra os libios, que tentaron continuamente penetrar desde o oeste, subir polo Nilo até á Nubia (Dzer chegou á segunda catarata), e ocupar o Sinaí. A capital trasladouse de Tinis a Menfis e a necrópole de Abydos a Saqqara a partir da II dinastía.

Durante este período consolidouse o poder centralizador do faraón e desenvolveuse unha estrutura burocrática e administrativa. O faraón faise divinizar, proclamándose descendente do deus Horus e establece ritos e cerimonias, como a festa Sed, ou xubileu, na que renova os seus poderes. Os faraóns enterrábanse en luxosas construcións funerarias, como a de Abydos. Os nomos eran administrados por un gobernador, entre cuxas principais tarefas estaba organizar o sistema de irrigación.

Parece como se o uso da escrita se difundise precisamente a partir do comezo da I dinastía. Usábase principalmente para indicar o nome do ano.

As prácticas funerarias dos campesiños terían sido as mesmas dos tempos predinásticos, Cando a fins do Período Predinástico algunhas das sepulturas se converteron en tumbas máis amplas ese introduciron os ataúdes, a "momificación" natural das areas do deserto non se producía, polo que foi preciso deseñar procedementos específicos de momificación para asegurar a inmortalidade dos faraóns. As tumbas destes chámanse mastabas (palabra que provén da palabra exipcia moderna para "banco", porque á distancia asemellan un banco de lama). Nunha tumba en mastaba, escavábase unha cámara profunda que despois se revestía con pedra, ladrillos de lama ou madeira. Na superficie, a lama era empillada e ficaba marcando o local claramente.

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

-2700Historia do Exipto AntigoImperio Antigo de Exipto

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

MetabolismoSupremme de LuxeDaniel BasteiroRefreyIdeoloxíaXosé Manuel PiñeiroSplicingEstrella GaliciaCallitriche hamulataEstadio Municipal de RiazorEstañoSergio DalmaRevolución Rusa de 1917Rapa (serie de televisión)FonemaRelación sexual humanaMaría PitaPoloniaÁngel RodalAmancio OrtegaDMC DeLoreanLingua galegaTarazonaSexoLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingOcéano AtlánticoFilipe II de España22ª edición dos Premios Mestre MateoSalgueiroMTopónimos célticos en GaliciaPortadaAristocraciaCarqueixaRocco SiffrediPedro RieloTwitterXosé Luís BernalBipartito galegoSylvester StalloneWikipediaKanye WestLista de episodios de DoraemonNoelia ReyLista de palabras galegas de orixe celtaAntas de UllaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoLuandaIlyushin Il-76OleirosDaniel de la TorreForrest GumpPireneosFidel CastroKarim BenzemaBeatriz SerénLista de deuses celtasOviedoIndonesiaA esmorgaAustraliaCatalán ribagorzanoLlanesRaquel AtanesDe catro a catroBenito KamelasBasilio Río BrenllaNoite de San Xoán (Fonoteca 92)Lista das aves de GaliciaLontreiraCarlismo🡆 More