Perífrases Verbais Galegas

 Ir ao índice do Curso de lingua galega.

Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego

Que é unha perífrase verbal?

Unha perífrase verbal é unha forma verbal composta de dous verbos que expresa unha soa idea verbal. As perífrases serven para expresar ideas como a obriga, inminencia, posibilidade etc.

Perífrase: ir + infinitivo

A perífrase ir + infinitivo pode expresar:

  • Futuridade: Mañá imos xogar ao fútbol, é dicir, mañá xogaremos ao fútbol
  • Intencionalidade: Se me segues amolando coa música, vou coller a radio e vouna tirar polo balcón
  • Idea de movemento: Ergueuse e foi pechar a porta

Entre o verbo ir e mais o infinitivo non vai nunca a preposición a, aínda que haxa algún elemento intercalado no medio: Vai vir cedo no tren / Foi onte comer cos seus pais. Non debemos poñer a preposición a, pois constitúe un castelanismo.

Perífrase: haber (de) + infinitivo

A perífrase haber + (de) + infinitivo aparece con valor de futuridade, fundamentalmente co presente e pretérito imperfecto de indicativo: heiche de contar un conto = contareiche un conto. Con este valor, na lingua actual é máis frecuente o uso das perífrases cás formas simples de conxugación: Non te apures que non o hei dicir = Non te apures que non o direi. A perífrase haber + (de) + infinitivo ten tamén valor obrigatorio: Haslle dar unha boa malleira. Tamén ten un valor de futuridade non inmediata: Has de mirar cando vaias alí de novo.

Co pretérito perfecto de indicativo, a perífrase indica unha acción que estivo a piques de realizarse pero non se realizou: Houbo de esganarse por comer todo apurado.

A perífrase haber + (de) + infinitivo ten tamén valor hipotético: Esa muller ha de andar polos corenta.

Perífrase: ter + que/de + infinitivo

A perífrase ter + que + infinitivo expresa obrigatoriedade:

  • Teño que marchar, porque debo abrir ás sete e xa son

A obrigatoriedade que expresa é maior cá doutras perífrases, por exemplo haber + que + infinitivo

  • Hai que calar

Ter + que + infinitivo é unha perífrase que ten un significado de acción pendente de cumprimento obrigatorio. Na fala é moi común esta perífrase, pero na lingua literaria é máis usual ter + de + infinitivo: A primeira ter + que, expresa un deber xeral e a segunda, ter + de, contén un matiz de acción por cumprir obrigatorio

  • Teño que facer a comida antes das dúas
  • Teño de ir a Vigo para ver o mar antes de morrer

Perífrase: dar + participio

dar + participio é unha das perífrases máis características do galego. Equivale á perífrase ser capaz de. O seu valor é o de atribuírlle ao suxeito a capacidade para realizar a acción expresada polo verbo auxiliado. É, sobre todo, frecuente en oracións negativas ou interrogativas:

  • Estás a facer tanto e non dás feito
  • Se dan acabado o traballo axiña imos ao cine
  • Se non apuro non vou dar chegado a tempo
  • ¡Non vou dar rematado o traballo se me segues dando a lata!

Perífrase: haber (en pasado) + (de) + infinitivo

A perífrase haber (en pasado) + (de) + infinitivo coas formas do pretérito (houben, houbera, houbese) indica unha acción que estivo a piques de realizarse pero non se realizou:

  • Houben caer por causa do raio
  • Houbo de aprobar o exame
  • Houbesen de chegar máis cedo se viñeran no coche
  • Houben mercar a casa se tivera os cartos

Perífrase: poder + infinitivo

A perífrase poder + infinitivo constitúe unha perífrase verbal cando presenta a acción cun sentido de probabilidade, de hipótese, é dicir, cando xa non ten o significado primario do verbo poder. Alterna coas outras perífrases hipotéticas deber (de) + infinitivo e haber (de) + infinitivo

  • O traballo pode facerse en 2 días
  • Esta noite podería vir velo
  • Ese coche pode costar uns cinco millóns
  • Quen puidera namorala, meu amigo

Perífrase: estar + xerundio

As perífrases estar + xerundio = estar + a + infinitivo son as máis características das perífrases imperfectivas. Ámbalas dúas teñen o mesmo valor, pois o infinitivo pode ter, precedido da preposición a, valor xerundial.

  • Ela sempre está a enredar = Ela sempre está enredando
  • Cando viñeron os meus amigos eu estaba a maquillarme (=estaba maquillándome)
  • Non sei o que estades a facer no faiado (=estades facendo)

Perífrase: andar + xerundio

Na perífrase andar + xerundio = andar + a + infinitivo o verbo andar indica un movemento continuado, por iso as construcións con andar presentan un valor de acción imperfecta case reiterativa, moi prolongada no tempo. Andar + xerundio é equivalente a andar + a + infinitivo.

  • Andaba fedellando no coche e non daba reparado a avaría (= andaba a fedellar)
  • Anda a amañar a televisión e non dá feito (= anda amañando)

Perífrase: botar(se) + a + infinitivo

A perífrase botar(se) + a + infinitivo indica o comezo dunha acción:

  • Iria botouse a chorar no medio da película.
  • Para volver á costa botaron a funcionar o motor da barca.
  • Carlos botou a correr cando escoitou o estoupido.

Perífrase: estar a/para infinitivo

A perífrase estar + a/para + infinitivo indica unha acción a piques de suceder:

  • Está para saír a nova novela de Manolo Rivas
  • Estivera a morrer por culpa dunhas ostras
  • Estivo para casar con aquel langrán
  • Carlos estivo para emigrar pero atopou choio aquí

Véxase tamén

Tags:

Perífrases Verbais Galegas Que é unha perífrase verbal?Perífrases Verbais Galegas Perífrase: ir + infinitivoPerífrases Verbais Galegas Perífrase: haber (de) + infinitivoPerífrases Verbais Galegas Perífrase: ter + quede + infinitivoPerífrases Verbais Galegas Perífrase: dar + participioPerífrases Verbais Galegas Perífrase: haber (en pasado) + (de) + infinitivoPerífrases Verbais Galegas Perífrase: poder + infinitivoPerífrases Verbais Galegas Perífrase: estar + xerundioPerífrases Verbais Galegas Perífrase: andar + xerundioPerífrases Verbais Galegas Perífrase: botar(se) + a + infinitivoPerífrases Verbais Galegas Perífrase: estar apara infinitivoPerífrases Verbais Galegas Véxase taménPerífrases Verbais GalegasNormativa oficial do galegoWikipedia:Curso de lingua galega

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Susana FortesInglaterraHorteláPedro SánchezTigreCascudaNetiquetaPosición do misioneiroAntonio Crespo IglesiasXesús Alonso MonteroVacaLingua galegaSelena GomezHórreoFrancisco Porto MellaIker CasillasReal Club Celta de VigoHLA-DRXosé Manuel PereiroRaquel AtanesDiego Rivas RegoSílvia OrriolsCirrioAna ObregónAguaneiroGalván en SaorSexo oralFoliadaEstadio Municipal de RiazorLeire MartínezDeus, porque es tan fato!2005BetanzosO sol do veránDodecágonoMargarita Ledo AndiónGarbiñe MuguruzaOrlando BloomIuri GagarinConcellos de GaliciaContactorA memoria da choivaElvira RiveiroPoloniaEduardo López BudénEstadio Jan BreydelCaroline WozniackiJosé Manuel Rodríguez PuenteRonaldinhoLeopoldo Calvo-Sotelo BusteloNuno García PicoJulio CambaIndonesiaVilagarcía de ArousaJoseba ApaolazaVila de CrucesPablo Iglesias TurriónKColocación do pronome átono en galegoÁreas lingüísticas do galegoLingua betawiTenda en liñaXogo de apostaAdejeDiego González RivasCórdoba, EspañaVerínO lobo da xenteO CarballiñoAna Belén FortesO incerto señor Don HamletChinche das camasBloque Nacionalista GalegoOllos de augaNoelia ReyGheadaPúrpuraFran Alonso🡆 More