Pablo Hernández Coronado: Futbolista e adestrador español

Pablo Hernández Coronado, nado en Madrid o 11 de setembro de 1897 e finado na mesma cidade o 11 de novembro de 1997, foi un boxeador, xornalista, futbolista e adestrador español.

Dirixiu a selección española en tres etapas diferentes entre as décadas de 1940 e 1960.

Pablo Hernández Coronado
Información persoal
Nome Pablo Hernández Coronado
Nacemento 11 de setembro de 1897
Lugar de nacemento Madrid
Falecemento 11 de novembro de 1997
Lugar de falecemento Madrid
Posición Porteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1916–1917 Stadium
1918–1919 Gimnástica de Madrid
1919–1920 Real Madrid
Adestrador
1942 Real Madrid
1946–1947 España
1955 España
1962 España
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Naceu en Madrid o 11 de setembro de 1897 e comezou a xogar ao fútbol no colexio Cardenal Cisneros, especializándose na posición de gardameta. na súa xuventude foi campión de Castela de boxeo. Estudante de Medicina, xogou ao fútbol nun equipo universitario, antes de ingresar no Stadium FC da capital española, co que disputou o Campionato Rexional Centro. Ocupaba a posición de porteiro e en 1918 xogou na Gimnástica de Madrid. En 1919 pasou ao Real Madrid, onde substituíu na portería a Eduardo Teus. Na tempada 1919/20 proclamouse campión do campionato rexional e xogou dous encontros da Copa do Rei, ante o Athletic de Bilbao.

Máis tarde foi xornalista e árbitro, e actuou como secretario do Colexio Nacional de Árbitros, antes de regresar en 1925 ao Real Madrid como secretario técnico. Ocupou este cargo ata 1943 e foi o responsable de importantes fichaxes como as de Zamora, Samitier, Gaspar Rubio, Ciriaco, Quincoces, Hilario Marrero ou Pahiño. En decembro de 1942 púxose á fronte do equipo como adestrador durante unha xornada, entre a marcha de Joan Armet e a chegada do galego Moncho Encinas. Foi tamén presidente da Federación Centro de Fútbol, tesoureiro da Real Federación Española de Fútbol, inspector de Facenda, secretario da Federación Española de Xadrez e director do Padroado de Apostas Mutuas Deportivo Benéficas.

En outubro de 1946 foi nomeado seleccionador nacional pola Federación Española. Nesa primeira etapa á fronte da selección española, dirixiuna en dous encontros amigables, ante Portugal e Irlanda, sufrindo senllas derrotas. Volveu ocupar brevemente o cargo de seleccionador en 1955, conseguindo a súa primeira vitoria contra Suíza. En 1962 iniciou a súa terceira etapa como seleccionador, xunto ao adestrador Helenio Herrera, e ambos dirixiron o combinado español no Mundial de Chile dese mesmo ano. A dupla de adestradores, coñecida pola prensa como H3C, non puido conseguir que España pasase da fase de grupos, quedando eliminada despois de perder contra Checoslovaquia, gañar a México e perder no terceiro partido contra o Brasil.

En 1955 publicou un libro sobre fútbol, titulado Cosas del fútbol.

Vida persoal

Casou con Aurora Perrin Thomé, coa que tivo cinco fillos (catro varóns e unha muller). Tras deixar o mundo do fútbol viviu en Madrid ata o seu falecemento en 1997, dous meses despois de cumprir os 100 anos de idade.

Notas

Tags:

11 de novembro11 de setembro18971997Adestrador, adestradoraBoxeoDécada de 1940Década de 1960EspañaFútbolMadridSelección de fútbol de EspañaXornalista

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

CaralloÁcido desoxirribonucleicoBaltimoreAngelina JolieLista de filmes con versión en galego/CConnellitaManuela ReyVicente RiscoFrei Basilio Río BrenllaFelaciónPosición do misioneiroBenito VicettoOcéanoPontevedraAlfonso SotoLuís Espada RecareyEnsino superiorFranquismoBatalla de Medina de RiosecoGaliciaBidueiroGreta ThunbergLudwig van BeethovenCebadaLionel MessiWiki CommonsQuim BarreirosGramática da lingua franca novaJosé Luis Iglesias LagoEva Iglesias MiguénsFonte de Oliva, ValboaDecímetroImperio RomanoMaruca do MediterráneoPediastrumProciónidosIsabel PerónPobo triquiAna BucetaLuis ZaheraDallas MavericksFátima PegoPasadena, CaliforniaLuísa VillaltaRedondelaPartido políticoGhaleb Jaber IbrahimTapa (peixe)Antigo ExiptoIdade MediaZamoraDarío Caramés RuzaA Trabe, San Román de Montoxo, CedeiraSupremme de LuxeEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024PolafíasFlorentino PérezEurocopa de FútbolToni AcostaLingua latinaIgrexa católicaRocco SiffrediZoroastrismoJustin BieberCaso Asunta BasterraAzorBadalonaIgrexa ortodoxa coptaOurenseAliados da segunda guerra mundialEl LuísBandeira de IrlandaSalviaGoogle Chrome🡆 More