Nguyễn Thị Kim Ngân

Nguyễn Thị Kim Ngân, nada en Châu Hòa o 12 de abril de 1954, é unha política vietnamita.

Presidenta da Asemblea Nacional de Vietnam dende o 31 de marzo de 2016 e membro do Politburó do Partido Comunista de Vietnam como segunda en rango despois do secretario xeral Nguyễn Phú Trọng.

Infotaula de personaNguyễn Thị Kim Ngân
Nguyễn Thị Kim Ngân
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de abril de 1954 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Ben Tre Editar o valor em Wikidata
Chairman of the National Assembly of Vietnam (en) Traducir
31 de marzo de 2016 – 30 de marzo de 2021
Membro da Asemblea Nacional de Vietnam
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaHanoi Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeVietnam Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica
Período de tempoSéculo XXI Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de Vietnam Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua vietnamita Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Nguyễn Thị Kim Ngân 
En 2015 durante unha xuntanza co secretario de traballo dos Estados Unidos
Nguyễn Thị Kim Ngân 
En maio de 2016 co presidente dos Estados Unidos, Barack Obama

Ngân naceu nunha pequena vila do distrito de Giồng Trôm na provincia de Bến Tre. Seus pais eran membros da Fronte Nacional de Liberación de Vietnam en territorio controlado poa República de Vietnam, e debido á ausencia do seu pai, que participaba en operacións da organización, educouse coa nai. En 1973 foi a Saigón para estudar na súa universidade pero a caída de Vietnam do Sur en 1975 interrompeu os seus estudos. Tamén realizou estudos de xestión financeira e de xestión de crédito na Universidade de Finanzas. Coa asunción do poder en Vietnam do Sur polo Goberno Revolucionario Provisorio de Vietnam do Sur entrou a traballar na administración con destino no departamento financeiro e económico da 8ª Rexión entre agosto de 1975 e febreiro de 1976. Dende marzo de 1976, e xa co Vietnam unificado en xullo, traballou no departamento de finanzas da provincia de Bến Tre. O 9 de decembro de 1981 entrou no Partido Comunista de Vietnam, efectivo un ano despois. Ao longo dos anos foi ascendendo no seu traballo ata chegar a dirixir o departamento en outubro de 1991. En abril de 1995 recibiu o nomeamento de viceministra de finanzas e permaneceu no posto ata agosto de 2002, e en abril de 2001 entrou no comité central do PCV. En marzo de 2006 volveu asumir o posto pero en maio converteuse na nova viceministra de comercio. En maio de 2007 entrou como deputada na Asemblea Nacional e en agosto dese ano fíxose cargo do ministerio de traballo, inválidos e asuntos sociais, posto que mantivo ata xullo de 2011, durante os últimos meses do seu mandato tivo que facer fronte ao rescate dos traballadores vietnamitas en Libia. En xullo de 2011 elixírona vicepresidenta da Asemblea Nacional e en maio de 2013 entrou no Politburó do PCV. O 31 de marzo de 2016 xurou como presidenta da Asemblea Nacional.

Notas

Tags:

12 de abril1954Vietnam

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

CaralloAntônio Carlos JobimGlándula suprarrenalAlexander MostovoiPadrendaCastrelo do ValColinesteraseRetorno a Tagen AtaNoelia ReyMelbourne Grand Prix CircuitBicogrosoLinguas románicasMila KunisMúsculo lisoQuenllaBalea vascaSalgueiroDavid M. WalkerMaría JamardoCarneiro (molusco)Darío Caramés RuzaLingua alemáAC-960CaldeirónTinamidaeLingua zazakiAporofobiaPirelliEscama de peixeFátima PegoARN polimeraseReino de GaliciaColumbiformesXabier DeiveXinzo de LimiaBoeing 767Mosteiro de Santa María de Sobrado dos MonxesDactiliaLleidaMarçal MolinéÁreas lingüísticas do galegoNova OrleánsLista de concellos de OurenseDisolución da Unión SoviéticaO Canon da MedicinaBeta-oxidaciónCronoloxía da segunda guerra mundialLarry BirdHarry BelafonteA Dictionary of Greek and Roman AntiquitiesCharlton HestonAirbus A220AnimalMártires de CarralStoffel VandoorneÁcido vaccénicoAsnoAngela MerkelBaton Rouge, LuisianaLista de paísesTeruelFundación WikimediaBacillus thuringiensisCrónica troianaContactRanger 5Olympique de MarseilleEstados Unidos de AméricaAvea comúnMarjorie Emory SimpsonCarlos XV de SueciaFonoteca 92Dous espíritosRastro🡆 More