Lucrezia Borgia

Lucrezia Borgia, nada en Subiaco o 18 de abril de 1480 e finada en Ferrara o 24 de xuño de 1519, filla ilexítima do cardeal Roderic Llançol de Borja (máis tarde papa Alexandre VI), foi unha das figuras femininas máis controvertidas do Renacemento italiano.

Lucrezia Borgia
Lucrezia Borgia
Presunto retrato de Lucrezia Borgia,
Bartolomeo Veneto (~1510)
Duquesa consorte de:
Ferrara, Modena e Reggio
Lucrezia Borgia
25 de xaneiro de 150524 de xuño de 1519
PredecesorLeonor de Nápoles
SucesorRenata de Francia
Señora consorte de:
Pesaro e Gradara
12 de xuño de 149220 de decembro de 1497
PredecesorMaddalena Gonzaga
SucesorGinevra Tiepolo

Outros títulosDuquesa de Bisceglie e Princesa de Salerno
Gobernadora do ducado de Spoleto
Rexente do estado de Chiesa
Rexente do ducado de Ferrara
Nacemento18 de abril de 1480
Subiaco
FalecementoFerrara
24 de xuño de 1519 (39 anos)
SepulturaMosteiro do Corpus Domini (Ferrara)
ConsorteXoán Sforza (1493-1497)
Afonso de Aragón (1498-1500)
Afonso I d'Este (1502-1519)
DescendenciaRodrigo de Aragón
Alexandre d'Este
Hércules II d'Este
Hipólito II d'Este
Leonor d'Este
Francisco d'Este
Sabela María d'Este
Liñaxe / DinastíaBorgia
ProxenitoresRodrigo Borgia (posteriormente papa Alexandre VI)
Vannozza Cattanei

Escudo de Lucrezia Borgia
Lucrezia Borgia
Na rede
WikiTree: Borgia-5 Find a Grave: 7855976 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Dende que tiña once anos estivo suxeita a unha política de matrimonio vinculada ás ambicións políticas do seu pai primeiro e logo do seu irmán César Borgia. Cando o seu pai accedeu ao trono papal, foi inicialmente dada como esposa a Xoán Sforza, señor de Pesaro, mais uns anos despois, trala anulación do seu matrimonio, Lucrecia casou con Afonso de Aragón, fillo ilexítimo de Afonso II de Nápoles. Un cambio nas alianzas, que achegou os Borgia ao partido pro-francés, conduciu ao asasinato de Afonso por orde de César.

Despois dun breve período de loito pasado en Nepi co seu primeiro fillo, Rodrigo de Aragón, Lucrecia participou activamente nas negociacións da súa terceira voda con Afonso I d'Este, primoxénito de Ercole, duque de Ferrara, quen tivo que aceptala como esposa. Na corte de Este, Lucrecia conseguiu facer esquecer a súa orixe como filla ilexítima do Papa, os seus dous matrimonios infrutuosos e todo o seu pasado tormentoso; de feito, grazas á súa beleza e á súa intelixencia, fíxose benquerida tanto pola súa nova familia como pola poboación de Ferrara.

Adquiriu fama de hábil política e diplomática, até o punto de que o seu marido chegou a confiarlle o manexo político e administrativo do ducado cando tiña que ausentarse de Ferrara. Tamén foi unha mecenas activa, acollendo na corte a poetas e humanistas como Ludovico Ariosto, Pietro Bembo, Gian Giorgio Trissino e Ercole Strozzi.

Dende 1512, por mor das desgrazas que a afectaron a ela e á casa ferraresa, Lucrecia comezou a usar un cilicio, inscribiuse na Orde Franciscana Secular, uniuse aos seguidores de San Bernardino e Catarina de Siena e fundou o Monte de Piedade de Ferrara para socorrer os pobres. Morreu en 1519, aos trinta e nove anos, debido a complicacións nun parto.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Bellonci, Maria (2011). Lucrezia Borgia. Milán: Mondadori. ISBN 978-88-04-45101-3. 
  • Bradford, Sarah (2005). Lucrezia Borgia. La storia vera. Milán: Mondadori. ISBN 88-04-55627-7. 
  • Cloulas, Ivan (1989). I Borgia. Roma: Salerno Editrice. ISBN 88-8402-009-3. 
  • Montanelli, Indro (2003). Storia d'Italia: il Rinascimento (vol. 2, 1250-1600). Milán. 

Tags:

Lucrezia Borgia TraxectoriaLucrezia Borgia NotasLucrezia Borgia Véxase taménLucrezia Borgia1480151918 de abril24 de xuñoAlexandre VI, papaFerraraRenacemento

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ángel Alvariño SaavedraCSS7 de febreiroAgora RepúblicasRenda básica universalEncoro de PortodemourosCarcasonaPartido Comunista ItalianoGoogle ChromeChorimaMúsica tradicional galegaUbertino da Casalei0tj9Luís Espada RecareyCopa do SarRefreyMarco Vipsanio AgripaXoán Antón Pérez-LemaLeonardo DiCaprioCervantesRusiaBadalonaPireneosFísicaPosición do canPartido políticoPerúBilbao.geLista de deuses celtasPanteón de RomaPolafíasEivisaOs camiños da vidaPortadaJean Shinoda BolenReino de GaliciaGran Premio de Mónaco de 2014Estado de emerxenciaHermann Heinrich GossenMario Vargas LlosaLista de concellos de PontevedraLista de episodios de Dragon Ball Z KaiLista das aves de GaliciaVincent van GoghOurenseO BierzoSnoop DoggCallitriche stagnalisRosalía (cantante)Rosario Porto OrtegaPablo PicassoEliseo Seoane BardancaSalamancaFentoFrancisco FrancoPierre Simon LaplaceVómito (grupo musical)Ramón Otero PedrayoEva Iglesias MiguénsElizabeth TaylorComunistaChimpínParacaídasLareiraCopa LibertadoresManuscrito VoynichAppleTalkAnthony GiddensAdrián CastiñeirasPontecesoNacionalsocialismoVicente RiscoDitadura do proletariadoTereixa NavazaVilanova dos Infantes, Celanova🡆 More