Lourinhã

Lourinhã é un municipio do distrito de Lisboa, ao norte da cidade, na subrexión do Oeste de Portugal.

En 2011 tiña 25.735 habitantes nunha área de 147,17 km². Dez anos despois, en 2021, aumentou un 2% até 26.261 persoas. A sede do municipio é a cidade de Lourinhã, cunha poboación de 8.800 habitantes. O municipio limita ao norte con ‎‎Peniche‎‎ e ‎‎Óbidos‎‎, ao nordeste con ‎‎Bombarral‎‎, ao sueste con ‎‎Cadaval‎‎ e ao sur con ‎‎Torres Vedras‎‎.‎

Modelo:Xeografía políticaLourinhã
Lourinhã
Lourinhã
Imaxe

Localización
 39°15′N 9°19′O / 39.25, -9.329°19′O / 39.25, -9.32
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Lisboa Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación25.735 (2011) Editar o valor em Wikidata (174,87 hab./km²)
Xeografía
Superficie147,17 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Día festivo
Identificador descritivo
Código postal2530 Editar o valor em Wikidata

Páxina webcm-lourinha.pt Editar o valor em Wikidata

Historia

O nome Lourinhã posibelmente se orixinou no período de dominación romana. A orixe da vila medieval está ligada a Jordan, un cabaleiro francés que participou no exitoso asedio de Lisboa en 1147. O rei Afonso Henriques concedeulle ao cabaleiro a rexión de Lourinhã como feudo e permitiulle outorgar un foro (dereito feudal) aos seus colonos en 1160. Outra orixe do nome Lourinhã pode estar relacionado coa terra de procedencia do seu señor feudal, xa que Jordan era da rexión do Loira.

Lourinhã 
Igrexa do Convento de Santo António en Lourinhã.
Lourinhã 
Museu da Lourinhã

Os dereitos de Lourinhã foron confirmados por cartas do rei Sancho I en 1218 e de novo por Afonso III en 1258. A parroquia de Lourinhã converteuse nunha das máis ricas da diocese de Lisboa, como reflicte a súa igrexa principal, exemplo da arquitectura gótica portuguesa do século XIV. As obras góticas da igrexa principal foron patrocinadas por Lourenço Vicente, un arcebispo de Braga nacido en Lourinhã que recibiu a vila como doazón do rei Xoán I en 1384. Desa época son as pinturas no estilo primitivo flamengo dun mestre anónimo que pasou a ser coñecido como mestre da Lourinhã, con ampla produción referida ao culto xacobeo.

No século XVI fundáronse o mosteiro franciscano de Santo António (1598) e unha Igrexa e Caridade da Misericordia (1586). Esta, organización benéfica relixiosa, alberga hoxe un museo con destacadas pinturas renacentistas, incluíndo as do misterioso mestre da Lourinhã.

A finais do século XIX modernizáronse as infraestruturas con vías de comunicación, auga canalizada e luz eléctrica, alén de melloras no sistema educativo. A economía dependía principalmente da agricultura e da pesca.

O turismo é hoxe unha fonte de ingresos cada vez máis importante, debido ás extensas e pintorescas praias do municipio e, máis recentemente, aos restos paleontolóxicos atopados, que inclúen ósos fosilizados, pegadas, ovos e mesmo embrións de dinosauros xurásicos. Moitos dos cales se poden ver no museo local (Museu da Lourinhã).

É unha das poucas zonas de elaboración de augardentes, ademais de Coñac e Xerez, que recibiu a denominación.

Parroquias civís

Lourinhã 
Mapa das freguesías

Administrativamente, o concello está dividido en 8 parroquias ou freguesias:

  • Lourinhã e Atalaia
  • Miragaia e Marteleira
  • Moita dos Ferreiros
  • Reguengo Grande
  • Ribamar
  • Santa Bárbara
  • São Bartolomeu dos Galegos e Moledo
  • Vimeiro

Clima

Lourinhã ten un clima de transición, entre o clima mediterráneo e o oceánico, con veráns cálidos e secos e invernos suaves e húmidos. As temperaturas non adoitan ser moi quentes nin demasiado frías.

Paleontoloxía

Lourinhã 
Lourinhanosaurus antunes, no Museu de Lourinhã

A área de Lourinhã é coñecida polos achados de dinosauros e outros fósiles no Xurásico Tardío, e dálle o nome á Formación Lourinhã. O Museu da Lourinhã alberga a principal colección de dinosauros.

Lourinhã 
Conservatório de Lourinhã

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Lourinhã HistoriaLourinhã Parroquias civísLourinhã ClimaLourinhã PaleontoloxíaLourinhã NotasLourinhã Véxase taménLourinhãDistrito de LisboaTorres VedrasÓbidos, Portugal

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

CapitalismoDeportivo da CoruñaO SalvadorDemocraciaTexasHototogisuO PorriñoTapa (peixe)Liam NeesonPaula AlvarellosRefreyBenito SotoRepública Social ItalianaPasaporte de FidxiGalileo GalileiLuandaAmancio OrtegaCarballoMatriz (matemáticas)EstañoRubén Lois GonzálezConcellos de GaliciaBóraxImperio españolIndependenciaPalas de ReiLiberdadeSexoRobert OppenheimerImperio SelxúcidaLuís Espada RecareyCamariñasTopónimos célticos en Galicia2003AdánNew DealPobo triquiRaxáLingua galegaMesopotamiaDiscoverer EnterpriseBermudasChile (pemento)Michelle ObamaMiguel Ángel Zabalza BerazaPrimeira guerra mundialBrasilDiáspora galegaMaruca do MediterráneoManuel FragaAntonio GramsciCatalán ribagorzanoIllas CanariasJosé Manuel LagePolíticaPanteón de RomaSevillaPacto Molotov-RibbentropAlfonso SotoGadisaForo do bo burgo de Castro CaldelasDeputación da CoruñaÁngel LlanosMetabolismoOs camiños da vidaLeonardo DiCaprioFianna FáilAChimpínLeymaJosé Luis Iglesias LagoToledo🡆 More