Lira, Carnota: Parroquia civil do concello de Carnota

Santa María de Lira é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Carnota.

Segundo o IGE en 2011 tiña 952 habitantes (478 homes e 474 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.115 habitantes.

Lira
Lira, Carnota: Xeografía, Patrimonio, Cultura
Hórreo de Lira.
ConcelloCarnota
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°47′58″N 9°07′33″O / 42.799564, -9.1258949°07′33″O / 42.799564, -9.125894
Poboación821 hab. (2017)
Entidades de poboación9
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

Está situada entre Lariño e Carnota. Lira posúe numerosas praias, como a praia de Mar de Lira (bandeira azul), ou as de Ximprón, A Gavota, Susiños e Ardileiro.

A actividade económica baséase no sector primario, sobre todo marisqueo e pesca, sendo moi famosos os ourizos da pedra mariña. Hai un porto pesqueiro no lugar de Portocubelo, podendo atopar no seu peirao muxos, maragotas e santiaguiños.

Nos últimos anos, dende o afundimento do petroleiro Prestige vense a desenvolver unha importante actividade arredor da protección e explotación dos recursos mariños da parroquia. Creouse a Reserva Mariña dos Miñarzos, co fin de evitar a deterioración da costa e a sobreexplotación pesqueira a que estaba sometida. As medidas tomadas foron a delimitación da zona de protección integral para mellorar a desova dos crustáceos, e a protección dos fondos rochosos e areentos, ademais dos mantos de laminarias, outras algas e esponxas para que os peixes, equinodermos, crustáceos e moluscos se desenvolvan e reproduzan na reserva.

Patrimonio

  • O castro de Mallou é unha acrópole fortificada da idade de ferro. O castro de Miñarzos está na actual vila de Lira, polo que está moi alterado.
  • A Torre dos Mouros foi un recinto fortificado medieval. En xullo de 2012 levouse a cabo unha escavación arqueolóxica..
  • O hórreo de Lira, construído entre 1779 e 1814, é xunto co hórreo de Carnota o máis longo de Galicia.
  • A igrexa parroquial, construída en 1760 e remodelada en 1825, destaca pola súa grande torre campanario que destaca sobre o resto da estrutura.
  • A capela da Nosa Señora dos Remedios foi construída en 1706.

Cultura

Creouse a iniciativa Mardelira por parte da Confraría de Pescadores de Lira para dinamizar o contorno social da comunidade pescadora coa creación de talleres de pesca, o turismo mariñeiro, a pesca deportiva sostible.

Festas

  • Remedios Novos: Martes de Pascua.
  • Remedios Vellos: O sétimo martes posterior ao Martes de Pascua.
  • Festa do Mar: 15 de agosto.

Galería de imaxes

Notas

Lugares e parroquias

Lugares de Lira

Lugares da parroquia de Lira no concello de Carnota (A Coruña)

Agrovello | O Carballal | Lira | Miñarzo | Paos | O Pazo | Portocubelo | Rates | Sestelos | Sofán | Teixoeira

Parroquias de Carnota

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carnota

Lariño (San Martiño) | Lira (Santa María) | O Pindo (San Clemente) | San Mamede de Carnota (San Mamede) | Santa Comba de Carnota (Santa Comba)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Lira, Carnota XeografíaLira, Carnota PatrimonioLira, Carnota CulturaLira, Carnota FestasLira, Carnota Galería de imaxesLira, Carnota NotasLira, Carnota Lugares e parroquiasLira, Carnota Véxase taménLira, Carnota19992011CarnotaIGE

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Aeroporto de Berlín-TegelTipoloxía de vasos da Grecia antigaLareiraMachu PicchuFariseoDavid M. WalkerViroideCetoacidoseHibernia (personificación)Lingua erzyaDictionary of Greek and Roman Biography and MythologyMaría I de InglaterraPragaLuca (filme de 2021)Bisonte europeoCronoloxía da segunda guerra mundialÁcido nonacosílicoPorto RicoForo (contrato)Olympique de MarseilleMartin ScorseseGarcía Pardiñas Vilar de FrancosFundación WikimediaConcepción ArenalTom HanksEspeciePedro RieloMuxe'TAG HeuerEstados Unidos de AméricaArco da vellaCameloCelastrina argiolusXXX edición dos Premios GoyaChrysolina graminisOviedoÁcido succínicoCristina TapiasXoves SantoAWilliams Grand Prix EngineeringHalmstadPontevedraAporofobiaBenz Patent-MotorwagenJackie ChanGuitarraBronquioliteCinque TerreÁcido caprílicoOrixe das avesBrendon HartleyTangoProcellariidaePonte das PíasLei de vagos e maleantesKingston, OntarioNana MouschouriAmhrán na bhFiannTranslocase da membrana internaChadTinamidaeTroitaToledoBalsa (árbore)MétopaWikipedia en waray-warayHistoria dos eslavos do surLingua malékuISBNAnimalAnna Maleras ColoméThe New York Times🡆 More