Inconformismo Galés

O inconformismo galés (en lingua galesa Ymneilltuaeth yng Nghymru) foi unha tendencia relixiosa de grande influencia na vida do país de Gales desde o século XVI.

Ten as súas raíces na Reforma Protestante, cando varios países do norte de Europa se desligaron da autoridade da Igrexa Católica.

Inconformismo Galés
Capela inconformista en Y Gyffin, preto de Conwy, no norte de Gales

O primeiro galés inconformista foi John Penry, martirizado en 1593. A primeira igrexa inconformista do país foi establecida en Llanfaches (Monmouthshire / Sir Fynwy) fundada en 1639.

En política, os primeiros inconformistas tendían a evitar a interferencia directa cos asuntos mundanos (excepto nos relacionados coa igrexa). Durante un tempo pódese dicir que a disidencia galesa foi conservadora, pero no século XIX os inconformistas comezaron a xogar un papel cada vez máis importante na política do país e na segunda metade dese século a causa inconformista tendeu a asociarse co radicalismo e o chamamento ao autogoberno (ou autonomía) para Gales. Unha das consecuencias disto foi a formación de organizacións radicais como Cymru Fydd e o apoio crecente ao liberalismo ou socialismo liberal.

O dominio do inconformismo tivo un impacto de grande alcance en Gales. A contribución dos escritores inconformistas á literatura galesa, por exemplo, foi moi considerábel, influíndo nalgúns dos escritores máis importantes en galés, como Morgan Llwyd, Ann Griffiths, William Williams Pantycelyn, Daniel Owen e Owen Morgan Edwards. Porén, algúns autores do século XX, como Saunders Lewis e John Rowlands, foron moi críticos co impacto do inconformismo na cultura galesa, argumentando que o conservadorismo artístico da denominación tivo un efecto opresivo sobre a cultura galesa (no ámbito da novela, por exemplo).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • T. Rees, History of Protestant Nonconformity in Wales (1861)
  • James Evans (gol.), Dylanwad Ymneilltuaeth ar Fywyd y Genedl (1913)
  • Saunders Lewis, Daniel Owen (1936)
  • R.I. Parry, Ymneilltuaeth (1962)
  • R.M. Jones, Llên Cymru a Chrefydd (1977)
  • John Rowlands, Ysgrifau ar y Nofel (1992)

Tags:

EuropaGalesIgrexa católicaLingua galesaReforma protestanteSéculo XVI

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

María PitaAmérica LatinaXosé Neira VilasSupermanRibadeoGonzalo Pérez JácomeSénecaTarragonaVietnamEstados Unidos de AméricaJesús Hidalgo BermejoSílvia OrriolsLista de emperadores romanosXogo da chaveBucetaMaría a BalteiraCessna T-37 TweetDelfínMar MediterráneoGerardo Pardo de VeraEcce HomoCangasTorre de HérculesABerrogüettoFiúnchoA chave das nocesEstanislao FiguerasConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesLabor Gallega (A Habana)Immanuel KantNacho VegasGaliciaSalgueiroNeptunoAntónio de Oliveira SalazarSonia MéndezMarcelo CaetanoJohannes VermeerRosalía de CastroMecanismo de AnticiteraAntón LamazaresGalaicosAntiga CartagoNordés (vento)National Portrait GallerySegunda República EspañolaÑPaís Vasco (rexión histórica)Vómito (grupo musical)AC-141Jude BellinghamAgustín Fernández PazThe HivesFesta da Palabra SilenciadaAna RomaníBella ciaoGuillermo Alonso BarciaLista de filmes coas maiores recadaciónsRafael NadalTito ValdésTonhito de PoiFigueresMañónXosé Carlos MorellRaposo comúnLista de castelos de PortugalTeresa García-SabellVigoFrancisco Varela Ouro🡆 More