Historia Da Pintura En Exipto

No antigo Exipto desenvolveuse unha pintura mural cuxos temas foron esencialmente narrativos, con representacións de cerimonias e feitos destacados.

Xunto a estes temas aparecen representacións da vida privada ou dos animais e vexetais.

Os exipcios pintaban os baixorrelevos, os cales, pola súa escasa profundidade, propician a identificación de ambos tipos de arte. A partir da III dinastía a pintura sobre as paredes das tumbas substitúe ó baixorrelevo, do cal adopta as principais convencións.

A pintura, como todo a arte do antigo Exipto estaba sometida a uns canons ou regras moi estritas, entre as cales destacan as seguintes:

Historia Da Pintura En Exipto
A frontalidade e a cor da pel. Pintura mural da cámara funeraria d'Amenemhêt. Imperio Novo. XVIII Dinastía, cara a 1500?1450 a.C.
    A frontalidade ou representación das figuras dispoñendo a cabeza e as pernas de perfil pero cos ombreiros e o torso de fronte, cousa que proporciona ás figuras unha pose característica. A frontalidade estaba reservada á figura humana ou dos Deuses e, frecuentemente só ós personaxes máis notables.
    A altura das figuras tiña unha relación directa coa súa importancia relativa, así temos que o Faraón é alto nas escenas familiares, onde as súas mulleres, os nenos e os escravos son pequenos; á súa vez, o Faraón é pequeno en presenza dos Deuses, os cales son grandes ou incluso xigantescos.

Outras convencións da pintura do Antigo Exipto son: A figura humana está orientada xeralmente cara á dereita. A cor da pel dos homes era ocre, mentres que nas mulleres era amarela. O ouro ou a súa cor eran o símbolo do Sol. Non se facían gradacións de cor nin medios tons.

A técnica pictórica dos exipcios era un antecedente da pintura ó fresco ou témpera, xa que aglutinaban pigmentos naturais, extraídos de diferentes terras de cor, con clara de ovo e disolvíano todo en auga para aplicalo sobre as paredes revestidas cun enfuscado seco de xeso.

Durante o Imperio Antigo de Exipto non é posible disociar o baixorrelevo da pintura xa que comparten os mesmos temas con idénticos propósitos: imitar a vida cotiá e a natureza para que ambas poidan ser recreadas na outra vida.

Nas tumbas, os temas representados son esencialmente materialistas: a preparación dos alimentos, do pan ou da cervexa, escenas agrícolas, escenas de caza e pesca etc.; posteriormente, engádense outros como a construción de barcos, a fabricación de xoias, estatuas, tecidos etc.

Nos temas cerimoniais e representativos, ou na figura do defunto impera o canon da frontalidade, pero nos temas de animais, como nos famosos gansos de Meidium, dáse unha gran soltura técnica. Os conxuntos de pintura máis destacados do Imperio Antigo son:

    Na Mastaba de Ti (V dinastía, cara ó 2450 a.C.) hai diversos baixorrelevos pintados con escenas de traballos agrícolas, entre eles o home cunha burra e o seu burriño que porta un feixe ou a escena do paso por un vao dun escravo que leva, sobre os seus ombreiros, un tenreiro; nunha evidencia do excelente realismo da pintura de animais, o tenreiro move a súa cabeza para chamar á súa nai que vai detrás.
    Historia Da Pintura En Exipto
    Pintura mural na tumba da princesa Itet, actualmente no Museo do Cairo

Ó lado: friso na cámara dedicada ó culto da tumba da princesa Itet. IV dinastía, cara ó 2700 a.C.

Na parte superior, escena de caza de aves coas seis "ocas de Meidium".

Na parte inferior, escena de traballos agrícolas.

Tags:

Antigo ExiptoCerimonia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Judy CollinsIllas CanariasDobre héliceBiston betulariaRanger 5Historia dos eslavos do surFernando Salgado GarcíaCOVID-19ChikungunyaFernando AlonsoCarpa comúnPárkinsonTorrada (doce)CommelinidaeHistoria da filosofía occidentalNoitevellaAprendizaxe en liñaReconquista de VigoFermentaciónLingua islandesaÁcido fosfatídicoCamarón de areaResolución de ecuaciónsCarolina do SurBalsa (árbore)Aporia crataegiFisioterapiaEstados Unidos de AméricaGerardo Pardo de VeraPortadaElena RybakinaAeroporto de Berlín-TegelLogaritmoPadrendaRafael NadalParque nacionalGripeDictionary of Greek and Roman Biography and MythologyEvoluciónThe Chronicles of NarniaRamiro CarregalMila KunisAncaraPreposicionalCharles LeclercLingua latinaMosteiro de Santa María de OseiraArianna d'OttoneEmpalme do ARNGuitarraElemento nuclear intercalado longoGran Premio de España de 2013FukuokaÁngel Pardo PuzoLinguas románicasGlándula uropixialPintura barroca de EspañaIphigénie en Tauride (Gluck)ISBNArroazForróKevin LoveLophiiformesJuan Carlos Rodríguez CebriánBenito KamelasNova OrleánsProvincias de EspañaASegunda guerra mundialGran Premio de Bahrain de 2018InlativoEspañaAna de Gran BretañaBisexualidadeSanta Lucía, CaribeInositol🡆 More