Historia Da Comunidade Xudía Da Coruña

Non se coñece con exactitude cando chegaron e se estableceron na cidade da Coruña persoas xudías, mais o primeiro documento da presenza hebrea data de 1375.

A xudaría coruñesa foi medrando rapidamente ao longo da Baixa Idade Media. Pénsase que logo das persecucións que o pobo xudeu sufriu en Castela, un gran número de persoas xudías se refuxiou en Galicia en xeral, e na cidade herculina en particular. Sábese que a comunidade xudía coruñesa comerciaba con Castela e Aragón, e que en 1451 contribuíron ao rescate da xudaría de Murcia cunha elevada suma de cartos, o que podería demostrar a prosperidade da comunidade.

Historia Da Comunidade Xudía Da Coruña
A rúa da Sinagoga, na cidade vella da Coruña, é un dos numerosos elementos da cidade que lembran a presenza xudía na mesma.

No século XV, a cidade herculina contaba cunha próspera comunidade xudía que, segundo Cecil Roth, era unha das comunidades hebreas máis ricas da Península Ibérica, posuíndo varias Biblias en hebreo, entre as cales cita a Biblia de Cervera. Amais da prosperidade económica, a comunidade xudía herculina tiña unha relevante actividade cultural, destacando a maior escola de iluminadores hebreos de Europa, entre os que salientou a mediados do século XV Abrahán Ibn Hayyim, que era considerado o mestre máis distinguido do continente na arte de mesturar cores para iluminar manuscritos e que realizou un dos libros máis empregados en Europa a finais da Idade Media e nos inicios do Renacemento, o Tratado del arte de mezclar colores. A fama dos artistas iluminadores coruñeses queda patente na obra de Roth The Jews in the Renaissance, na que cita os xudeus coñecidos máis importantes nesta arte en Europa, se ben explica:

Desgraciadamente o labor destes artistas (os xudeus iluminadores de manuscritos) ficou en xeral anónima en Italia. Coñecemos algúns iluminadores españois desta época, como Joseph Ibn Hayyim, que produciu a soada Biblia Kennicott, da Universidade de Oxford; e algúns alemáns moi competentes, como Joel ben Simon, autor de belos códices.

— Cecil Roth

En 1492, os Reis Católicos asinaron en Granada o chamado Decreto da Alhambra, que obrigou as persoas que profesasen a relixión xudía a abandonaren o reino ou a convertérense ao cristianismo. Este feito provocou o exilio ou a conversión de moitas familias hebreas, moitas das cales se lles perdeu a pista.

A xudaría

Se ben a documentación conservada sobre a comunidade xudía na Coruña é escasa, si é suficientemente significativa como para que se poida considerar que houbese unha zona da cidade na que residisen maioritariamente persoas xudías, e que estaría nas proximidades das portas da muralla, como noutros casos como Monforte de Lemos.

Non se coñece con exactitude a localización da xudaría da cidade da Coruña, e téñense presentado varias hipóteses sobre a mesma: a tradición defende que o barrio xudeu coruñés estaría localizado dentro das murallas da cidade, na actual rúa da Sinagoga; outra posible localización é a zona coñecida como A Rabiada, no antigo barrio de Santa Lucía; e unha terceira hipótese defendida por outros autores afirma que ambas as xudarías coexistiron. Con todo, en base á carta de foro de 1494, a xudaría herculina situaríase na Cidade Vella, nas proximidades da actual Porta dos Ares:

... para que por nos e en nonbre del cabildo de la dicha yglesia posays partyr y faser partilla con Vasco Moro, notario, vecino de la dicha çibdad que esta presente, de una casa que es syta acerca de la porta dos Sares acerca de donde solia ser judería que es en la colación de la dicha yglesia ...

Os documentos non permiten saber se a comunidade xudía vivía dispersa por toda a cidade e foi segregada logo de 1480 como aconteceu na cidade de Ourense, ou se dende o principio se estableceu en torno a unha rúa como fixo en Ribadavia.

O aspecto externo da xudaría coruñesa sería similar ao do resto de rúas da cidade: unha rúa ou conxunto de rúas sen pavimentar, xa que non foi ata o ano 1502 cando se iniciou o proceso de pavimentación das rúas.

Sinagoga e cemiterio

Historia Da Comunidade Xudía Da Coruña 
A estación da Coruña-San Diego, que dá servizo ao porto herculino, situada nas proximidades do peirao de San Diego, posible localización do antigo cemiterio xudeu.

O achado casual de varias lápidas sepulcrais hebreas na zona da Palloza confirma a existencia dun cemiterio na cidade da Coruña. Aínda que non permiten coñecer o seu lugar exacto, pode supoñerse que estaría localizado no exterior da muralla, unha práctica habitual das comunidades xudías galegas. A localización do antigo cemiterio xudeu da cidade probablemente fora un illote coñecido como Pena ou Illa dos Xudeus situado no que na actualidade é o peirao de San Diego do porto coruñés. Os únicos vestixios conservados serían tres lápidas hebreas que se conservan no Museo Arqueolóxico Nacional de España, en Madrid. A hipótese de que a illa acolleu o ceciterio susténtase, amais de no hachado das lápidas, na súa localización fóra do casco urbano e en que para poder acceder a el era preciso cruzar un río, algo que esixía a tradición xudía.

Notas

    Referencias

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Historia Da Comunidade Xudía Da Coruña A xudaríaHistoria Da Comunidade Xudía Da Coruña Sinagoga e cemiterioHistoria Da Comunidade Xudía Da Coruña NotasHistoria Da Comunidade Xudía Da Coruña Véxase taménHistoria Da Comunidade Xudía Da Coruña1451Baixa Idade MediaCoruñaGaliciaMurcia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Bull terrierGran Guerra IrmandiñaLugoGoogleHindemburg Melão Jr.Lingua inglesaCatherine Zeta-JonesAntía OteroFernando AlonsoDiego González RivasEduardo Valencia FernándezCarro galegoAWStatsO porco de péVigoElla Baila SolaCanle (comunicación)Christopher WalkenChipionaLoureiroOs ÁnxelesBulgariaReino de GaliciaLista de xentilicios de concellos galegosGuerras púnicasRede privada virtualCristina Pérez HerraizPripyatEva Iglesias MiguénsCatedral de Santiago de CompostelaRamón Piñeiro1890Francisco AsoreyFauna de GaliciaAlberto Núñez FeijóoAliança CatalanaFrancisco Vázquez VázquezAlfonso MolinaPenélope CruzOliveira de VigoTorre de HérculesLiga Feminina de BaloncestoXabier FortesPablo PicassoLista de nomes femininos en galegoAnxo AngueiraPío BarojaPalas de ReiFalange EspañolaMáquina comecartosBurroBoyanka Kostova (grupo musical)Universidade de Santiago de CompostelaAntónio de Oliveira SalazarTeresa García-SabellTereixa ConstenlaRibadeoIker CasillasSuízaXapónMar MediterráneoSara Vila AlonsoMalvares de MoscosoFrancisco AñónCantanteJosé Ernesto Díaz NoriegaCirco de los MuchachosCXestión de dereitos dixitaisManuel Vázquez OuteiriñoHaxixTuiDominio públicoAC-101Pombo torcaz🡆 More