Great Thatch

Gran Thatch (inglés Great Thatch) é unha illa deshabitada do arquipélago das Illas Virxes Británicas no mar Caribe pertencentes ao Reino Unido.

É unha das illas máis occidentais do Territorio. Crese que toma o nome do famoso pirata, Edward Teach (máis coñecido como "Barbanegra"), aínda que hai poucas evidencias que Barbanegra navegase nunca polas Illas Virxes.

Great Thatch
Great Thatch
Great Thatch
Localización da illa
Situación
PaísReino Unido Reino Unido
ArquipélagoIllas Virxes
MarMar Caribe
Coordenadas18°23′N 64°43′O / 18.383, -64.71764°43′O / 18.383, -64.717
Xeografía
Superficie2 km²
Demografía
PoboaciónNon permanente

Xeografía

Gran Thatch (teito de palla) sitúase no mar Caribe a 1 km ao oeste da illa principal de Tórtola e aproximadamente a 1 km ao norte de San Xoán nas Illas Virxes Británicas.

A illa é de orixe volcánica e ten unha superficie duns 2 km², cunha lonxitude duns 2,5 km e ao redor de 0,8 km de ancho. Máis aló da illa atópase Little Thatch.

A illa non ten poboación permanente e só se pode acceder por barco.

Historia

Gran Thatch descubriuna Cristovo Colón en 1493 durante a súa segunda viaxe ao Novo Mundo. a lenda di que o nome deriva probablemente do pirata Edward Thatch (Barbanegra) que se di utilizou a illa coma súa base de 1715 a 1718. En 1672 a illa incorporouse á colonia británica de Antiga, en 1773 converteuse con outras illas no territorio das Illas Virxes Británicas.

Aínda que actualmente está deshabitada, antigamente estivo ocupada, contaba cunha casa de aduanas e unha oficina de correos onde o correo era enviado desde Charlotte Amalie por skiff despois de que un paquebote o houbera deixado alí.

A illa foi o lugar dun importante acto de desobediencia civil en 1856, tres anos despois de que a comunidade británica das Illas Virxes Británicas fuxira en gran parte durante a insurrección de 1853. O 24 de novembro de 1856, o sub-tesoureiro de Tórtola buscou apoderarse dun barco que pertencía a un habitante da illa de Thatch, que era coñecido, por operar sen licenza. Foi agredido e a súa tripulación golpeada duramente. Dous días despois, envíouse unha forza de catro condestables para arrestar aos delincuentes, pero ao seu desembarco foron bloqueados por unha multitude de 40 a 50 persoas. Persistiron en facer o arresto e tamén foron duramente golpeados. Ao día seguinte, unha forza duns 30 homes, principalmente condestables rurais, 12 deles armados, desembarcou na illa para sufocar a insubordinación e aprehender aos seus violentos autores. No caso, foi só a intervención dos influentes misioneiros metodistas entre os habitantes o que permitiu as detencións sen máis violencia. Isaac Dookhan cita isto como un exemplo do espírito xeral de disturbios que prevalecía no territorio durante a década de 1850.

A illa estivo en mans privadas, pero foi volta a comprar polo Goberno do Territorio en setembro de 1997, e agora é un Parque Nacional.

Notas

Tags:

BarbanegraIllas Virxes BritánicasLingua inglesaMar CaribeReino Unido

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Número eProxyCasinoLingua árabeBox Office MojoIdade MediaGuadi GalegoFestas MinervaisBandeira de GaliciaGalipedia6MerlíContactorJosé Luis VergaraXenebra, SuízaVangardasOríxenesMoeda da Antiga RomaICalcioInternet Movie DatabaseJosé Cornide SaavedraÁnxel CasalMariña Pérez ReiAs bestasLista de voces dos animaisAthena 2Lola HerreraVBelén RegueiraBiblioteca Galega 120PsicoloxíaO incerto señor Don HamletAs Cruces, SobradoCachotaríaCarballo comúnNegreiraJosefina Ling LingSamuel JuárezFeliciano RolánLavandeira brancaAWStatsLista de concellos de PontevedraJesús Vázquez AlmuíñaLinguas indoeuropeasMasculino e feminino en galegoElvis PresleyVerbos galegos ser, estar e irGrecia antigaEleccións municipais de 2019 en GaliciaAlejandro Mon Landa LandaParísAlfonso Daniel Rodríguez Castelao2021Natalia Puente Prado92TPBSHéitor PicalloLareiraManuel CabezasEleccións municipais en AmesAlberte MománEstrutura primaria das proteínasCentro público integradoO derradeiro libro de Emma OlsenConcha VelascoBXosé Manuel BeirasSenegalJean-Claude Van DammeLiga do PeloponesoEvento MiyakeReino de GaliciaTelevisión de Galicia🡆 More