Distrito De Setúbal: Distrito portugués

O distrito de Setúbal é un distrito portugués, dividido entre as provincias tradicionais da Estremadura e do Baixo Alentexo.

Limita ao norte co Distrito de Lisboa e co Distrito de Santarém, ao leste co Distrito de Évora e o Distrito de Beja, ao sur co Distrito de Beja e ao oeste co océano Atlántico. Abrangue unha área de 5064 km², que o converte no 8º maior distrito portugués. A súa poboación total son 815.858 habitantes (2006) e a súa capital é a cidade de Setúbal. Actualmente, é o distrito con maior crecemento e desenvolvemento nas áreas de saúde, traballo, economía, turismo, demografía e educación, grazas á súa proximidade ao mar, rede de escolas e facilidade de captación de investimentos.

Modelo:Xeografía políticaDistrito de Setúbal
Imaxe

Localización
Distrito De Setúbal: Subdivisións, Relevo e hidrografía, Creación Editar o valor em Wikidata
 38°31′28″N 8°53′33″O / 38.52431, -8.892618°53′33″O / 38.52431, -8.89261
EstadoPortugal Editar o valor em Wikidata
CapitalSetúbal Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación788.459 Editar o valor em Wikidata (155,7 hab./km²)
Xeografía
Superficie5.064 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2PT-15 Editar o valor em Wikidata

Subdivisións

O distrito de Setúbal integra trece concellos:

Relevo e hidrografía

O relevo do distrito de Setúbal é maioritariamente chan. As principais serras do distrito son a serra da Arrábida e a serra de Grândola, ambas de moi pouca elevación.

O distrito de Setúbal está atravesado polo río Sado e os seus afluentes. O estuario do río Sado ofrece paisaxes de grande beleza na súa beira sur.

Creación

O distrito de Setúbal é o máis recente de Portugal. Inicialmente non foi creado pola reforma de Mouzinho da Silveira (1835). Daquela o seu territorio incluíuse no distrito de Lisboa.

O goberno da Ditadura Militar outorgoulle a autonomía ao distrito de Setúbal o 22 de decembro de 1926, en virtude do seu gran crecemento económico.

Patrimonio

  • Castelo de Alcácer do Sal
  • Praias e rexión turística da Costa da Caparica
  • Castelo e zona vella de Palmela
  • Cidade romana de Miróbriga en Santiago do Cacém
  • Castelo e Forte de Santiago en Sesimbra
  • Castelo-forte de São Filipe e arquitectura antiga de Setúbal
  • Castelo de Sines

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Distrito De Setúbal SubdivisiónsDistrito De Setúbal Relevo e hidrografíaDistrito De Setúbal CreaciónDistrito De Setúbal PatrimonioDistrito De Setúbal Véxase taménDistrito De SetúbalDistrito de BejaDistrito de LisboaDistrito de SantarémDistrito de ÉvoraEstremadura, PortugalOcéano AtlánticoPortugalSetúbal

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

FranquismoJosé Manuel LageRequintaPremios Mestre MateoMasculino e feminino en galegoCelanovaHimno Nacional de ChileGuerra civil españolaGran Premio do Reino Unido de 20172003Hard GZÁlvaro MorataAntas de UllaFonte de Oliva, ValboaLatitudePotaPropagandaPadre CasaresLalínPaisaxe mineira de Cornualla e Devon oesteEstado de emerxenciaNúmero piLista de WikipediasTerence HillTorre EiffelAnxo ArcaTapa (peixe)Maruca do MediterráneoQuim BarreirosEsvásticaAeroporto de Newark LibertySnoop DoggContact1401.geCarlos X de FranciaPontecesoCopa do SarXardaShirley ChisholmWorld Wide WebStellantisPosición aconchegadaSoberaníaLuís Pérez BarralGran Premio de Mónaco de 2014GotemburgoHoratio NelsonNacho VidalCopia por contactoLingua casteláElizabeth TaylorPartido Popular de GaliciaAngkor WatPediastrumPortomarínHermann Heinrich GossenCronoloxía da segunda guerra mundialFátima PegoEdiciones AgoeiroSemellanza (xeometría)Vilaoudriz, A PontenovaIsabel PerónMatriz (matemáticas)Fragas do EumeMichelangelo AntonioniReino de GaliciaMarco Vipsanio Agripa🡆 More