Comunidade Económica Dos Estados Da África Occidental

A Comunidade Económica dos Estados da África Occidental (en francés CEDEAO) é unha unión política e económica rexional da África Occidental.

Colectivamente, estes países abranguen unha área de 5 114 162 km2 e unha poboación en 2015 de máis de 349 millóns de persoas.

Comunidade Económica dos Estados da África Occidental
Comunidade Económica Dos Estados Da África Occidental
Comunidade Económica Dos Estados Da África Occidental
AcrónimoECOWAS, CEDEAO, CEDEAO, CEDEAO, ЭКОВАС, ЕКОВАС, 西共体, 西共體, EKOŜ e EKOWAS
TipoRegional Economic Communities e organización intergobernamental
Campo de traballointegración económica e política de defesa
Data de fundación28 de maio de 1975
Presidente/aBola Tinubu (2023-) Editar o valor em Wikidata
Secretario/aAboubakar Diaby Ouattara, Momodu Munu, Abass Bundu, Édouard Benjamin, Lansana Kouyaté, Mohammed Ibn Chambas, James Victor Gbeho, Kadré Désiré Ouedraogo, Marcel Alain de Souza, Jean-Claude Kassi Brou e Omar Touray
SedeAbuja
EnÁfrica Occidental
Na rede
http://www.ecowas.int/
Facebook: Ecowas.Cedeao Twitter: ecowas_cedeao Youtube: UCJBEr-975-PKlVtgoms9Qvw Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Comunidade Económica Dos Estados Da África Occidental
Membros no continente africano

Considerada un dos bloques rexionais da Comunidade Económica Africana, o seu obxectivo é acadar unha autosuficiencia colectiva para os seus membros creando un único bloque comercial amplo construíndo unha unión económica e de comercio plena. A unión estableceuse o 28 de maio de 1975 coa sinatura do Tratado de Lagos, en que se afirmou a misión de promover a integración económica da rexión. Unha versión revisada do tratado foi asinada o 24 de xullo de 1993 en Cotonou.

A Comunidade tamén serve como forza de mantemento da paz na rexión, e os membros envían ocasionalmente forzas militares conxuntas para intervir nos países do bloque en tempos de inestabilidade.

O 28 de xaneiro de 2024, Níxer, Malí e Burkina Faso anunciaron a través dunha declaración conxunta que se retiraban da CEDEAO "sen demora", un feito sen precedentes desde a creación da CEDEAO, alegando en particular a falta de axuda da organización ante o terrorismo e acusándoa de estar baixo o influencia de potencias estranxeiras.

Membros

En febreiro de 2017, a Comunidade tiña quince membros; oito deles son de lingua oficial francesa, cinco de lingua inglesa e dous de lingua portuguesa. Todos os membros actuais foron membros fundadores, agás Cabo Verde, que ingresou en 1977.

O único antigo membro da Comunidade é Mauritania, un dos membros fundadores en 1975, que decidiu abandonala en decembro de 2000. Mauritania asinou en agosto de 2017 un acordo para converterse en membro asociado.

Marrocos solicitou oficialmente o ingreso na Comunidade en febreiro de 2017. A solicitude foi en principio aceptada na reunión dos xefes de estado en xuño de 2017, mais finalmente o ingreso de Marrocos foi postergado.

Malí foi suspendido o 30 de maio de 2021, tralo segundo golpe militar en nove meses. Guinea tamén foi suspendida o 8 de setembro de 2021, pouco despois do golpe de estado que tivo lugar no país. Establecéronse sancións a ambos os países o 16 de setembro.

Historia

A Comunidade fomouse inicialmente por antigas colonias francesas, británicas e portuguesas e Liberia, tralo proceso de independencia da rexión que tivo lugar nas décadas de 1960 e 1970.

A unión estableceuse o 28 de maio de 1975 coa sinatura do Tratado de Lagos, que dispuxo a misión de promover a integración económica da rexión. O 24 de xullo de 1993 asinouse en Cotonou unha versión revisada do acordo.

A Comunidade cobre unha área que foi coñecida como "cinto dos golpes" e desde a década de 1990 intentou defender o avance da rexión cara á democracia en contra dos ataques autoritarios. Porén, o grupo foi citado polas débiles e pouco efectivas respostas a principios da década de 2020, cando tres membros sufriron golpes de estados militares, dous en Malí, un intento en Níxer e un en Guinea.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Comunidade Económica Dos Estados Da África Occidental MembrosComunidade Económica Dos Estados Da África Occidental HistoriaComunidade Económica Dos Estados Da África Occidental NotasComunidade Económica Dos Estados Da África Occidental Véxase taménComunidade Económica Dos Estados Da África OccidentalLingua francesaÁfrica Occidental

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Roberto VerinoCastañolaRebeliom do InframundoRaquel Castro MartínezSobreiraBipartito galegoManuel Jesús González CapónSistema operativoLicenciado MolinaTonhito de PoiIosif StalinLekunberriAna BotellaOs PinosLista de concellos da CoruñaCarlos CuerpoWikiJosé Galera MorenoGame Boy Advance SPEstadio Municipal de RiazorWill SmithIria MorgadeEl laberinto del faunoAlcaldes da CoruñaAldaoladoLugoDepartamento de ApurímacBetanzosCarlos III de EspañaManuel Curros EnríquezArredor de siARDLista de ríos de GaliciaDistritos de PortugalFelipe de Marichalar y BorbónRafael LouzánXurxo GonzálezFesta dos maiosC++Charles DarwinVillarmentero de CamposGame Boy AdvanceCastros da provincia da CoruñaAlberte PagánAC-101BugalloPablo PicassoBrieva, ÁvilaEudoxo de CnidoChipionaConcellos de GaliciaBandeira de GaliciaSelección de fútbol de GaliciaCristina Pérez HerraizCatedral de Santiago de CompostelaTeoAriadna GilEmilia Pardo BazánZarracós, A MercaTotó GarcíaLista de xentilicios de concellos galegosJosé Luis ValladaresGerardo Conde RoaReal Sociedad de FútbolGondar, SanxenxoTarragonaAngelina JolieAlfonso MolinaFran AlonsoPaula CarballeiraKarmaRío MiñoCristina LosadaBieito RubidoFederico García Lorca🡆 More