Charnego

Charnego (do catalán xarnego, e este do castelán 'lucharniego') é un adxectivo despectivo utilizado en Cataluña entre os anos 50 e 70 para referirse ás persoas inmigrantes que viven no territorio catalán e que proceden, polo xeral, doutros territorios españois de fala non catalá.

Dentro de Cataluña o termo xeralmente non está aceptado aínda que algúns castelán-falantes úsano para referirse a si mesmos, facendo que perda as súas connotacións insultantes. Neste sentido, co termo charnego sucedeu algo parecido a con outro termo orixinalmente pexorativo, polaco, usado en España para referirse a unha persoa de Cataluña, que pasou a estar aceptado.

Historia

Inmigración en Cataluña

Durante o século XVI produciuse en Cataluña unha forte inmigración francesa, sobre todo occitana e gascoa. A estes denominábaselles gavachos ou gavatxos. No País Valenciano tamén se usaba a denominación xarnego para referirse á mestura de valenciano con castelán, e así se denominaba aos murcianos, sendo un apelativo máis agarimoso que despectivo. Nos anos 1950 e 1960, cunha forte inmigración castelánfalante proveniente do resto de rexións españolas, estendeuse o seu uso para referirse de forma despectiva aos novos residentes. Francisco Candel describe a situación en Los otros catalanes (1964). Máis tarde el mesmo se autodefine como Un charnego en el senado (1979).

Reivindicación do termo

A palabra "charnego" sempre tivo un carácter despectivo, máis relacionado coa lingua que coa orixe xeográfica, e hoxe varias personalidades decláranse charnegas (de orixe non catalá ou ascendentes non cataláns) reivindicando unha situación de normalidade social. Actualmente, o insulto perde a súa carga pexorativa cando se emprega en castelán; con todo, algunhas persoas consideran o termo despectivo, racista e xenófobo. Úsase despectivamente para referirse ás persoas que viven en Cataluña e proceden doutras rexións (o cal normalmente é o seu uso común). Hai algúns anos chamábase catalán charnego ao nado en Cataluña fillo de pai ou nai non nado en Cataluña.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Charnego HistoriaCharnego NotasCharnego Véxase taménCharnegoAnos 1950Anos 1970Cataluña

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Yorgos LanthimosPobo uigurCalvos de RandínTimothée ChalametChadDavid M. WalkerSevillaCrónica troianaEurocopa de FútbolÁcido graxo esencialGalería de imaxes das Pontes de García RodríguezSupernovaVirus de ARNPietro BadoglioTeatro de EpidauroRolls-Royce TrentFerraraBeta-oxidaciónDedativoGran Premio de Abu Zabi de 2013OcéanoCerebrósidoDobre hélice de ácidos nucleicosIlla de NadalVocalización das avesSionismoKevin MagnussenISBNOrixe das avesRenacemento carolinxioVía da pentosa fosfatoShinovaCalzada do XiganteTroitaMaruca do MediterráneoColectivizaciónPragaCisma de OccidenteO Canon da MedicinaTinamidaeGran Premio de Bahrain de 2018Atlanta FalconsÁcido pentacosílicoAceite de palmaMaría Cristina de Habsburgo-LorenaGripeCuzcoMarçal MolinéFernando AlonsoLista das aves de GaliciaManuel JaboisGlícido2019García Pardiñas Vilar de FrancosEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Arvicola amphibiusCentrocampistaCarboxiloKaliningradoMarta DarribaPierre GaslyArco de TitoIllas Virxes EstadounidensesMaroon 5DiteaLista de ríos de GaliciaJuan Carlos Rodríguez CebriánFernando Salgado GarcíaArroazAntonio BanderasDacota do NorteOviedoBiston betulariaLuca (filme de 2021)YouTubeAnte Gotovina🡆 More