Cecil Hepworth

Cecil Milton Hepworth, nado en Lambeth (Londres) o 19 de marzo de 1874 e finado en Greenford (Middlesex) o 9 de febreiro de 1953 foi un director de cinema e produtor británico.

Foi un dos fundadores do cinema británico e continuou realizando filmes ata a década de 1920 nos Walton Studios.

Infotaula de personaCecil Hepworth
Cecil Hepworth
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de marzo de 1874 Editar o valor em Wikidata
Lambeth, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte9 de febreiro de 1953 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Greenford, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , guionista , produtor de cinema , director de fotografía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMargaret Hepworth

IMDB: nm0378408 Allocine: 21513 Allmovie: p185241
Musicbrainz: 01918d76-cd3e-42bb-9c4b-27d16a387f32 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Nado en Lambeth, o seu pai Thomas Cradock Hepworth foi un famoso showman da lanterna máxica e escritor. Cecil Hepworth viuse involucrado nas primeiras épocas da industria cinematográfica británica, traballando para Birt Acres e Charles Urban, e escribiu o primeiro libro británico sobre a materia en 1897. Co seu primo Monty Wicks creou a compañía produtora Hepworth and Co. (tamén coñecida como "Hepwix" polo seu logotipo), logo renomeada Hepworth Manufacturing Company (oficialmente: Hepworth Film Manufacturing Company), e despois Hepworth Picture Plays. En 1899 construíron un pequeno estudio en Walton-on-Thames, Hepworth Studios. A compañía producía uns tres filmes cada semana, en ocasións con Hepworth como director.

Rescued by Rover (1905), codirixido con Lewin Fitzhamon e protagonizado por un collie foi un éxito financeiro. Hoxe en día recoñécese como un desenvolvemento importante na gramática fílmica, con tomas combinadas con eficacia para salientar a acción. Hepworth foi un dos primeiros en recoñecer o potencial das estrelas cinematográficas, tanto animais como humanas, con varias personaxes recorrentes nalgúns dos seus filmes.

Arredor de 1910, Hepworth foi o inventor de Vivaphone, sistema pioneiro para engadir son aos filmes. O aparato empregaba discos de fonógrafo para gravar e reproducir o son. Vivaphone foi distribuído no Reino Unidos e tamén nos Estados Unidos e o Canadá.

A compañía continuou realizando filmes populares durante a década de 1920, a pesar do estilo cada vez máis anticuado dos filmes de Hepworth. Estimulado polo éxito internacional de Alf's Button (1919), a compañía buscou fondos para investir no desenvolvemento dun grande estudio. Fracasou no intento de lograr o capital necesario e tamén sufriu un revés comercial con Comin' Thro the Rye (1923), e o ano seguinte a compañía caeu na bancarrota. Todos os negativos orixinais en poder de Hepworth foron fundidos para vender a prata e as súas longametraxes consideráronse perdidas durante varias décadas. Porén, atopouse un orixinal en 35mm do seu filme de 1920 Helen of Four Gates nun arquivo de Montreal en 2008.

Filmografía

  • 1897: The Egg-Laying Man
  • 1900: The Beggar's Deceit
  • 1900: How It Feels to Be Run Over
  • 1900: Explosion of a Motor Car
  • 1903: Alice in Wonderland
  • 1905: Rescued by Rover
  • 1905: Baby's Toilet
  • 1913: David Copperfield
  • 1915: The Baby on the Barge
  • 1916: Annie Laurie
  • 1919: City of Beautiful Nonsense
  • 1919: Broken in the Wars
  • 1919: The Forest on the Hill
  • 1920: Helen of Four Gates
  • 1921: The Narrow Valley
  • 1921: Tansy
  • 1921: Wild Heather
  • 1923: Comin' Thro the Rye
  • 1923: Mist in the Valley

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Came the Dawn, Cecil Hepworth. Londres: Phoenix House, 1951.
  • Raising the Flag: Constructing a National Cinema in Britain, Andrew Higson. Oxford: Clarendon Press, 1995, ISBN 0-19-812369-8. Chapter on Comin' Thro' The Rye: pp. 26–97.

Ligazóns externas

Tags:

Cecil Hepworth TraxectoriaCecil Hepworth FilmografíaCecil Hepworth NotasCecil Hepworth Véxase taménCecil Hepworth187419 de marzo19539 de febreiroDirección de cineLondresReino Unido

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Fernando AlonsoArmeniaXosé Antonio TouriñánIndianapolis, IndianaMúsicaTurboventiladorColocación do pronome átono en galegoWorld Trade Center (1973–2001)Corrente do GolfoLingua galegaTyrese MaxeyTartaruga xigante das GalápagosTerceira dinastía de ExiptoLingua coreanaÁcido behénicoDavid M. WalkerGaravanzoÁlvaro SolerTroitaNoelia ReyPiñorBostonLugoTrondheimLeón, EspañaMercedes-Benz C112Porto da LúaShirley ChisholmLingua osetaJosé Manuel LageCancro colorrectalCobaiaStephen Blair HedgesBantengBicogrosoADN ZGran Premio de Australia de 2017Dryophytes versicolorRolls-Royce TrentBoborásAntilope cervicapraLista de episodios de DoraemonXeoloxíaGran Premio de Abu Zabi de 2013Levantamento Kerenskii-KrasnovAs Pontes de García RodríguezÁcido graxoMuxe'Mela CasalAcuario (recipiente)Deportivo da CoruñaBalthasar GérardLingua islandesaMarjorie Emory SimpsonAWStatsCanle (comunicación)XXIII dinastía exipciaBerberechoToni AcostaCangrexo comúnFalco peregrinusEmma StonePortadaLucía VeigaMasturbación coas mamasA Dictionary of Greek and Roman AntiquitiesHibernia (personificación)Foro (contrato)Charles LeclercAprendizaxe en liñaAtún listadoJoe BidenLepraApodiformes🡆 More