Asociación Profesional De Xadrez

A Asociación Profesional de Xadrez (PCA) en inglés Professional Chess Association foi unha organización rival da FIDE creada por Garri Kasparov e Nigel Short para organizaren e promoveren o seu propio Campionato do Mundo de xadrez, a entidade existiu dende 1993 ata 1996.

Creación

Nigel Short gañou no 1993 as eliminatorias do torneo de candidatos e clasificouse para xogar polo Campionato do Mundo de xadrez contra Garri Kasparov.

Cuartos de final Semifinal Final
                   
       
 Asociación Profesional De Xadrez  Jan Timman  
 Asociación Profesional De Xadrez  Viktor Korchnoi  2½  
 Asociación Profesional De Xadrez  Jan Timman  6
   Asociación Profesional De Xadrez  Artur Yusupov  4  
 Asociación Profesional De Xadrez  Artur Yusupov  
 Asociación Profesional De Xadrez  Vassily Ivanchuk  4½  
 Asociación Profesional De Xadrez  Jan Timman  5½
   Asociación Profesional De Xadrez  Nigel Short  
 Asociación Profesional De Xadrez  Nigel Short  5
 Asociación Profesional De Xadrez  Boris Gelfand  3  
 Asociación Profesional De Xadrez  Nigel Short  6
   Asociación Profesional De Xadrez  Anatoli Karpov  4  
 Asociación Profesional De Xadrez  Viswanathan Anand  3½
 Asociación Profesional De Xadrez  Anatoli Karpov    

As ofertas para o mundial de xadrez deberan seren concordadas por tres partes, polo campión, polo aspirante e pola federación, iso conforme as regras da FIDE. Segundo Nigel Short e Garri Kasparov, o naqueles tempos presidente da FIDE Florencio Campomanes incumpriu as regras da FIDE simplemente ó anunciar que Manchester gañara as poxas das ofertas para ser a sede do mundial. Cómpre notar que a FIDE recada unha parte considerábel dos seus ingresos coas contribucións dos mundiais.

A consecuencia diso, Kasparov e Short crearon a PCA nomeando a Bob Rice comisario, logo xogaron baixo a PCA o seu propio Campionato do Mundo en outubro do 1993. O duelo patrocinado polo xornal inglés The Times protagonizouse no edificio do Savoy Theatre en Londres. Kasparov venceu contundentemente por 12½ a 7½.

Duelo polo Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993
Partidas por orde 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Total
Garri Kasparov Asociación Profesional De Xadrez  Rusia 1 ½ 1 1 ½ ½ 1 ½ 1 ½ ½ ½ ½ ½ 1 0 ½ ½ ½ ½ 12½
Nigel Short Asociación Profesional De Xadrez  Inglaterra 0 ½ 0 0 ½ ½ 0 ½ 0 ½ ½ ½ ½ ½ 0 1 ½ ½ ½ ½

A FIDE anuloulle o título de Campión do Mundo a Kasparov e de paso organizou en contra outro Campionato do Mundo paralelo entre Anatoli Kárpov e Jan Timman, ambos foran eliminados por Short nas eliminatorias do torneo de candidatos. Kárpov gañou e proclamouse Campión do Mundo da FIDE. Por primeira vez na historia existiron dous campións do mundo ó mesmo tempo, o campión do mundo versión FIDE Anatoli Kárpov e o campión do mundo versión PCA Garri Kasparov.

Duelo polo Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Ámsterdam e Iacarta no 1993
Partidas por orde 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 Total
Jan Timman Asociación Profesional De Xadrez  Países Baixos 0 1 ½ ½ ½ 0 ½ ½ ½ 0 ½ ½ ½ 0 0 0 ½ ½ ½ 1 ½
Anatoli Kárpov Asociación Profesional De Xadrez  Rusia 1 0 ½ ½ ½ 1 ½ ½ ½ 1 ½ ½ ½ 1 1 1 ½ ½ ½ 0 ½ 12½

Ciclo 1995

A PCA levou a cabo un torneo Interzonal e duelos de candidatos co mesmo estilo das clasificatorias da FIDE entre 1993 e 1995. A FIDE tamén tivo o seu propio ciclo e algúns dos xadrecistas xogaron o ciclo da FIDE e ó mesmo tempo tamén o da PCA. O torneo dos candidatos da PCA gañouno o indio Viswanathan Anand.

Cuartos de final Semifinal Final
                   
       
 Asociación Profesional De Xadrez  Gata Kamsky  
 Asociación Profesional De Xadrez  Vladimir Kramnik  1½  
 Asociación Profesional De Xadrez  Gata Kamsky  
   Asociación Profesional De Xadrez  Nigel Short  1½  
 Asociación Profesional De Xadrez  Nigel Short  
 Asociación Profesional De Xadrez  Boris Gulko  5½  
 Asociación Profesional De Xadrez  Gata Kamsky  4½
   Asociación Profesional De Xadrez  Viswanathan Anand  
 Asociación Profesional De Xadrez  Michael Adams  
 Asociación Profesional De Xadrez  Sergei Tiviakov  6½  
 Asociación Profesional De Xadrez  Michael Adams  1½
   Asociación Profesional De Xadrez  Viswanathan Anand    
 Asociación Profesional De Xadrez  Viswanathan Anand  5
 Asociación Profesional De Xadrez  Oleg Romanishin  2  


Kasparov denfendeu o seu título de Campión do Mundo versión PCA contra Anand nas Torres xemelgas (World Trade Center) de Nova York, o duelo empezara o 11 de setembro no 1995 e Kasparov gañou o duelo de 18 partidas 10½ a 7½.

Duelo polo Campionato do Mundo da PCA na planta 107 da torre xemelga sur en Nova York no 1995
Partidas por orde 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Total
Viswanathan Anand Asociación Profesional De Xadrez  India ½ ½ ½ ½ ½ ½ ½ ½ 1 0 0 ½ 0 0 ½ ½ ½ ½
Garri Kasparov Asociación Profesional De Xadrez  Rusia ½ ½ ½ ½ ½ ½ ½ ½ 0 1 1 ½ 1 1 ½ ½ ½ ½ 10½

Desaparición e secuelas

A PCA perdeu o seu patrocinador principal Intel no 1996 e parou de existir pouco despois. Iso deixou a Kasparov sen capacidade de organizar un ciclo de clasificacións para pór o seu propio título en xogo. Kasparov escolleu no ano 2000 arbitrariamente ó seu ex pupilo Vladímir Krámnik como contrincante para o Campionato do Mundo. Ese comportamento deixou moi mal sabor no mundo do xadrez xa que o posto de aspirante correspondía a Aleksei Xírov por gañarlle no 1998 a Krámnik nun duelo sen perder ningunha partida.

Dese xeito creou Kasparov nepotismo, el mesmo culpou toda a súa vida á FIDE e á Unión Soviética polo mesmo. Así predicou auga e bebeu viño. Sexa como for, no 2000 encontraron como patrocinador a Braingames. Kasparov e Krámnik xogaron polo título ó cal chamaron Campionato do Mundo Clásico de xadrez. A idea de poñelo clásico xurdiu porque segundo eles se entendía que só un aspirante que gañase ó Campión do Mundo podería ser campión. Unha maneira algo esquizofrénica porque eles mesmos se desautorizaban do título, xa que pola mesma regra de tres, Bobby Fischer sería o Campión Clásico ata morrer no 2008.

Krámnik derrotou a Kasparov sen perder ningunha partida, de modo que Kasparov sería naqueles momentos o único Campión do Mundo na historia que foi destronado sen nin poder gañar unha partida, o que foi un rexistro histórico remarcábel. Máis aínda tendo en conta que Krámnik perdera dous anos antes tamén sen gañar unha partida nun enfrontamento contra Xírov.

As secuelas da separación da FIDE en 1993 foron supostamente pechadas co título de reunificación no 2006 cando o Campión da versión FIDE Veselin Topalov perdeu contra Krámnik, mais no mundo real as secuelas seguen intactas.

Notas

Tags:

Asociación Profesional De Xadrez CreaciónAsociación Profesional De Xadrez Ciclo 1995Asociación Profesional De Xadrez Desaparición e secuelasAsociación Profesional De Xadrez NotasAsociación Profesional De XadrezFIDEGarri KasparovNigel Short

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

BadalonaMitocondriaRetorno a Tagen AtaAngkor WatSistema nervioso somáticoGuamApodiformesÁcido vaccénicoBelgradoBen-Hur (filme de 1959)Historia AugustaBostonVoo 140 de China AirlinesLingua estonianaPadrendaAmhrán na bhFiannComunicación celularForróMela CasalAnfipáticoBaton Rouge, LuisianaPintura barroca de EspañaRenacemento carolinxioCorrente do GolfoGran Premio de Abu Zabi de 2013Mosteiro de Santa María de Sobrado dos MonxesAbdul KalamPiñorARN transferenteGrupo EroskiTlatoaniFosfatidilglicerolPontevedraVesícula biliarWillie ColónLazaPhilip GlassFlorencia PeñaReggio de CalabriaHindemburg Melão Jr.Vilar de BarrioSegunda República EspañolaIndianapolis, IndianaLecitinaEudoxo de CnidoEster ExpósitoEscualenoIllas GalápagosProcellariidaeMaría I de InglaterraShinovaEnantiornithesVilla MediciWilliam Smith (lexicógrafo)Luís Pérez BarralCarolina do SurAlexander MostovoiLunfardoAvea comúnAngela MerkelÁlvaro SolerCelastrina argiolusYouTubeAntigo ExiptoPirelliCirrio de chemineaAeroporto de Reiquiavik-KeflavíkKagoshimaCabaloADN ZDous espíritosFroita silvestre🡆 More