Arie den Arend, nado o 3 de febreiro de 1903 en Pernis e finado o 22 de febreiro de 1982 en Rotterdam, foi un compositor, bombardino, organista e director de música neerlandés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de febreiro de 1903 Pernis, Países Baixos (en) |
Morte | 22 de febreiro de 1982 (79 anos) Rotterdam, Países Baixos |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino dos Países Baixos |
Actividade | |
Ocupación | director de orquestra , compositor , organista |
Instrumento | Órgano |
Premios |
Aos dez anos comezou a estudar o órgano co organista da igrexa local e aos doce aprendeu a tocar o bombardino na banda de música de Pernis. Ao tempo que continuaba a estudar órgano, composición e harmonía con J.G. van Herwaarden tocaba o órgano en dúas igrexas de Rotterdam e a partir de 1930 converteuse no organista da igrexa reformada de Pernis. En 1950 organizou e dirixiu unha banda formada por mozos que se converteu nun éxito, e para a que compuxo as súas primeiras pezas, en 1953 convidaron á súa banda á radio e tocou algunhas das súas composicións, por mor desta actuación entrou en contacto cun editor de música que o animou a seguir compoñendo.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Arie den Arend, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.