Antero De Quental: Poeta portugués

Antero Tarquínio de Quental, nado en Ponta Delgada (Azores) o 18 de abril de 1842 e finado na mesma vila o 11 de setembro de 1891, foi un escritor, político e poeta portugués.

Conferencista no Casino Lisbonense, nas chamadas Conferencias do Casino, sobre o tema das Causas da decadencia dos pobos peninsulares. Pertenceu ao grupo da chamada xeración do 70.

Infotaula de personaAntero de Quental
Antero De Quental: Poeta portugués
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de abril de 1842 Editar o valor em Wikidata
Ponta Delgada, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte11 de setembro de 1891 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Ponta Delgada, Portugal Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Portugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Coímbra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , filósofo , escritor , tradutor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticopoesía
MovementoGeração de 70 (pt) Traducir e Questão Coimbrã (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Antero De Quental: Poeta portugués Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 7d97d405-303f-49f4-85f7-5e4735e4b602 Discogs: 1639893 WikiTree: Tarquínio_Quental-1 Find a Grave: 18560115 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Antero de Quental herdou en 1873 unha cuantía considerábel de diñeiro, o que lle permitiu vivir desafogadamente, dos rendementos desa fortuna. En xullo de 1855 foi estudar en Coímbra. Matriculouse na Facultade de Dereito en 1858. O primeiro ano decorreu de forma atribulada. Un exceso cometido durante as novatadas custoulle a Antero de Quental oito días de prisión. Era moi popular no medio académico. Concluíu a carreira en xullo de 1864.

En 1865, foi un dos principais envolvidos na polémica coñecida por Cuestión Coimbrá, na que humillou a António Feliciano de Castilho, o seu antigo profesor e renomado crítico literario que se tiña por canon para os escritores nacionais: ao libro Odes modernas de Antero, Castilho respondeu con críticas duras sobre o aventureirismo dun xove tolo que escribía de forma asaz estraña e de gusto moi dubidoso. Antero respondeu co opúsculo Bom senso e bom gosto, no que definía a súa literatura por oposición á instituída: ao Ultrarromanticismo decadente, torpe, beato, estupidificante e moralmente degradado, Antero opuña o Realismo, a exposición da vida tal como ela era, das chagas da sociedade, da pobreza, da explotación: estas preocupacións sociais levárano a cofundar o Partido Socialista Portugués: Antero defendía a poesía como Voz da Revolución, como forma de alertar as conciencias para as desigualdades sociais e para os problemas da humanidade. A polémica só terminou cun duelo entre Antero de Quental e Ramalho Ortigão, que se saldou con lixeiras feridas.

En 1866 foi vivir para Lisboa, onde experimentou a vida de obreiro, traballando como tipógrafo. Unha profesión que exerceu tamén en París, en xaneiro e febreiro de 1867. En 1868 regresou a Lisboa, onde formou o Cenáculo, de que fixeron parte, entre outros, Eça de Queirós e Ramalho Ortigão. No 1874 adoeceu de psicose maníaco-depresiva (doenza bipolar), que desde entón o aflixiu. Foi convidado polo Partido Republicano para presentarse como deputado, mais tivo de recusar.

En 1890, debido á reacción nacional contra o ultimato inglés, de 11 de xaneiro, acepta presidir a Liga Patriótica do Norte, mais a existencia da Liga é efémera. Cando regresou a Lisboa, en maio de 1891, instalouse na casa de súa irmá, Ana de Quental. Nese momento o seu estado de depresión era permanente. Acaba por suicidarse o día 11 de setembro de 1891, cun tiro na cabeza, disparado nun banco de xardín.

Para Antero de Quental, os ideais da fraternidade e solidariedade non poderían ser en van. Foi dos primeiros en traer o socialismo, o republicanismo e o marxismo para a discusión pública.

Obra

  • Sonetos de Antero, 1861
  • Beatrice e Fiat Lux, 1863
  • Odes Modernas, 1865 (na orixe da polémica Cuestión Coimbrá). Reeditadas en 1875.
  • Bom Senso e Bom Gosto, 1865 (opúsculos)
  • A Dignidade das Letras e as Literaturas Oficiais, 1865 (na orixe da polémica Cuestión Coimbrá).
  • Defesa da Carta Encíclica de Sua Santidade Pio IX, 1865
  • Portugal perante a Revolução de Espanha 1868 (eBook)
  • Causas da decadência dos povos peninsulares, 1871
  • Primaveras Românticas, 1872
  • Considerações sobre a Filosofia da História Literária Portuguesa, 1872 (eBook)
  • A Poesia na Actualidade, 1881
  • Sonetos Completos, 1886 (eBook)
  • A Filosofia da Natureza dos Naturistas, 1886 (eBook)
  • Tendências Gerais da filosofia na Segunda Metade do Século XIX, 1890
  • Raios de extinta luz, 1892 (eBook)
  • A Bíblia da Humanidade (eBook)
  • Leituras Populares (eBook)
  • Liga Patriótica do Norte (eBook)
  • Prosas

Análise da Obra A poesía de Antero de Quental presenta tres faces distintas:
-A das experiencias xuvenís, en que coexisten diversas tendencias;
-A da poesía militante, enpeñada en actuar como “voz da revolución”;
-E a da poesía de ton metafísico, voltada para a expresión da angustia de quen busca un sentido para a existencia.

A oscilación entre unha poesía de combate, dedicada ao eloxio da acción e da capacidade humana, e unha poesía intimista, direccionada para a análise dunha individualidade angustiada, parece ter sido constante na obra madura de Antero, abandonando a postura que adoitaba enxergar unha secuencia cronolóxica de tres fases. Antero atinxe un maior grao de elaboración nos seus sonetos, considerados dos mellores da lingua e comparados aos de Camões e aos de Manuel Maria Barbosa du Bocage. Hai, na verdade, algúns puntos de contacto estilísticos e temáticos entre os tres poetas: os sonetos de Antero teñen innegábel sabor clásico, quer na adxectivación e na musicalidade equilibrada, quer na análise de cuestións universais que aflixen o ser humano.

Notas

Tags:

11 de setembro18 de abril18421891AzoresLiteraturaLiteratura portuguesaPoesíaPolíticaPonta DelgadaPortugal

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

US AirwaysJLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingPonferradaCarqueixaMonforte de LemosEscáncerBenito VicettoSindicatoFestival de Bandas de música Meaño'92 (Fonoteca 92)Re-TROSLucas TorreiraCatedral de MilánDitadura do proletariadoOcéanoA derradeira leición do mestreBetaninaChantadaArvo PärtBud SpencerFroufe, O IrixoGotemburgoRosendo SalvadoRoscón de CaldasRexións de FranciaPolíticaUNVICarrizo (paxaro)Galería de imaxes de arañas de GaliciaDinastía MingRafael LouzánLista de episodios de SerramouraXoán Antón Pérez-LemaVolta ao País Vasco 2018Sevilla Fútbol ClubSaturnoLista de filmes con versión en galego/CMiguel de MiguelPasaporte de FidxiThe ArtistShirley ChisholmQuimera (mitoloxía)Sulfato de cobre (II)Carles PuigdemontEsvásticaTopónimos célticos en GaliciaZendayaGustave MoreauForrest GumpRamiro CarregalRonaldinhoNatalia JunqueraIn My Head (canción de Jason Derulo)Parlamento de GaliciaRosalía de CastroLuis Fraga EgusquiaguirreCarlos II de InglaterraBurocraciaVox populiThe WireAutoritarismoCastro CaldelasManchester City F.C.Vichy🡆 More